Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “besuchen Santiago de Compostela

Feito a man

Entrando á esquerda temos o andel cheo de produtos feitos a man.
Con tecidos reciclados as novas mochilas de Anuscas Family e directo de Ecuador chapeu Panamá.

Imagen

Por certo, mañá Día das Letras Galegas estaremos abertos no noso horario habitual.
Ademais os domingos andamos de probas. Abrimos de 11:00 a 14.00 e de 17:00 a 20:00.


Chocolate e raias

A priori a mestura de negro e o chocolate non é unha combinación doada para o verán, con todo o vestido de Nice Things rompe cas probabilidades. Raias oblicuas no peito,horizontais na saia abullonada e ademais 100% liño para outorgarlle un plus nos días calurorosos.

Imagen

Disponible na tenda online aquí

Imagen


Unha Picheleira con aire Nórdico

Empezamos a semana cunha Compostelá con aspecto Nórdico. Ninguén mellor para ensinarnos un dos monos de AZabala. Unha mestura entre patróns estruturados e fluidez de tecidos con aspecto Nórdico.

Imagen

Imagen

Imagen


Pequenas Zoqueiras

As pequenas tamén lle dan aos Eferros. Nun número 31 e nun 34 as dúas irmás encantadas coas replicas dos orixinais no número 40.

Imagen


Pequeniños

Se o teu son os bolsos pequenos, esta primavera Nice Things pensou en ti.

Con infinidade de deseños e diferentes materiais e ca particularidade de que todos teñen a posibilidade de lavalos colgados grazas a correa de quita e pon.

Imagen

Na imaxe superior cluch ríxido inspirado en Capri e a continuación en plan máis informal, bolos  liso e de cor prata.

Imagen

 


Aberturas e transparencias

Os deseños de Rita Row sempre teñen sorpresas.

Imagen

Na imaxe xersei con abertura nos cóbados e as costas, de raias semitransparente.
Moda ética realizada integramente  en Barcelona.

Imagen


Eles tamén se animan!

Eles adoitan vir sós, elas con amigas, pero coas Marías sempre ocorre o mesmo. Todo o mundo namórase ao momento

Imagen

Imagen


Un Griego feito en Galicia

Para as amantes dos vestidos longos, Mónica Cordera regálanos esta xoia esta primavera verán.
Vestido plisado, con escote grego de Edción Limitada, Numerada e o que máis nos gusta, feito en Galicia.

Imagen


Escotes

Hoxe os protagonistas son os escotes de  Mónica Lavandera. Xa sabedes Edicións Limitadas e Numeradas que xa temos en Compostela chegados desde Asturias.

Imagen

Imagen


A felicidade das pequeñas cousas.

Ás veces un pequeno detalle énchenos de felicidade. Iso é o que pasa coas xoias de Latonta y Larubia. E para mostra, un anel!

Imagen

Imagen

Imagen

Grazas Marta.


Pensando no verán.

Chegados desde o Sur, dúas propostas para os días de sol.

Imagen

Imagen

Imagen


Collage de tecidos

Un único deseño para diferentes cores. Bolsos-mochilas de Anuscas Family. Reciclaxe e bo gusto.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen


Un apelido dificil de pronunciar

Hoxe a quenda é para  Nathalie Wleeschouwer. A proposta de hoxe pantalón e xersei de manga curta.

Imagen


Jumpsuit

Os monos cada día teñen máis seguidras.
Na imaxe proposta de Nice Things para esta primavera verán.

Imagen


Unha chegada anunciada

Non poderedes dicir que non vos avisamos. Xa están aquí!!!!!

Recicladas e cheas de cor. Mochilas e bolsos de Anuscas Family ❤

Imagen

anusacas family


Unha Escocesa Reciclada

Tecidos vintage, técnica de patchwork, orixinalidade e reciclaxe. Eses son os cualificativos que definen o traballo de Anuscas Family.
Mañá recibimos a súa nova colección para a primavera verán 2014.

Imagen