Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para mayo, 2012

Elina, Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos a Elina cun bolso de Nice Things, ideal para irche de fin de semana. Elina grazas e apertas.


Anja, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Anja by Elisa Cortés.

Anja visitounos hai uns días despois de facer o Camiño e prometeunos enviarnos as fotos desde Alemaña na voda dunha amiga. Anja, moitas grazas por lembrarte de  de nós. Apertas

Vestido en punto de seda con detalle no escote en forma de pétalos


Rosa, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Rosa, cun vestido das deseñadoras Catalás, Luna Moreno.

 

Unha combinación de area e champagne, con escote morcego.

Un xogo de contrastes, como é habitual nelas, volume contraposto a zonas cinguidas. Rosa moitas grazas e un saúdo.


Os Zocos para o verán

Empezamos o luns con moi boas noticias. Volvemos ter os zocos de Elena Ferro, pero esta vez aptos para os días de verán.

Coa base dos zocos tradicionais máis divertidas peles de pelo e unhas tachuelas, Elena logrou uns zocos aptos para os días máis calorosos.

Orixinalidade e onfort para un Produto Galego revisionado por unha moza con talento. Grazas Elena, eu xa teño os meus preferidos e vós que opinades?

 


O novo de Chula

Hoxe temos o pracer de anunciarvos a chegada a Ela  Diz, do último de Chula.

 

Para quen non coñece esta firma, dicirvos que detrás dela están Laura e Diego, dous Galegos afincados no Vietnam.

 

 

O traballo que realizan está cheo de cor e imaxinación.

 

 

Pezas pensadas para mulleres que gustan de vestir dunha maneira diferente.

 

 

Un traballo artesanal realizado integramente en  seda.

 

 


Ana, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Ana cun dos vestidos do novo deseñador Hoertonn.

 

Ana decidiuse desde un principio polo vestido con carapucha en ton gris e detalles de cor no peto e nos ombreiros. Grazas Ana, un pracer charlar convosco.

 


Jemma & Katherine, Rapazas Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Jemma e Katherine vestidas ambas con deseños de Ambrosia Pitigüil.

Katherine decantouse polo vestido vermello vintage drapeado que complementou cun cinto de coiro en ouro vello e sandalias. Jemma optou polo vestido amarelo de bolboretas con cinto rosa e os zocos abertos de Elena Ferro.
Grazas mozas, espero que gozásedes da Noite Compostelá.


Paula, Rapaza Ela Diz

O post de hoxe faime, en singular, unha ilusión moi especial.

Na imaxe podedes ver a Paula, que ademais de Rapaza Ela Diz, é amiga, familia e a nosa colaboradora máis fiel e incansable.


Cun mini vestido negro e fuxia do Brasileiro Hoertonn.
Un bico enorme Paula 😉


Angelika, Rapaza Ela Diz

Ás veces coñeces a xente, que a pesar de que a priori non teñas nada en común, tras charlar con ela un intre descobres que vos unen máis cousas das que pensabades.
Isto é o que me ocorreu con Angelika, esta guapa alemá que pasou por Ela Diz.
Na imaxe cun vestido de estampado de flores da firma Elisa Cortés e sandalias de Nice Things.


A continuación Angelika repite deseño de Elisa Cortés, nesta ocasión cunha combinación de vermello con beige de algodón e loneta.


Bicos Angelika e moitas grazas por todo.


Xa está aberta a nosa tenda online

Xa vos anunciamos hai unhas semanas a apertura da nosa tenda online. E hoxe por fin, faise realidade o noso soño. Todo isto sería imposible sen a axuda de Paula e Jaime, así que dende aquí, grazas aos dous.

A idea orixinal xurdiu tras a demanda de moitas das nosas clientas, que nos coñeceron tras a súa viaxe a Santiago, de poder comprar os nosos deseños desde os seus lugares de orixe. Outra idea foi a de crear unha sección Outlet onde atopar oportunidades únicas a prezos irresistibles.


Queda inaugurada a nosa nova Ela Diz online!


Noelia e Sandra, Rapazas Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Sandra cun vestido da firma Whiz en ton rosa pau e detalle en negro.

 

A continuación Sandra con vestido longo da firma Whiite en ton azul pastel e Noelia co vestido de Whiz, esta vez con cinto.

 

Como vedes, unha chea de oportunidades da nosa sección outlet, que estas dúas irmás aproveitaron na súa visita a Compostela. Grazas e apertas ás dúas.

 


Patricia, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Patricia cun vestido da firma francesa Mado et lles autres.


Unha combinación de seda e algodón, en azul turquesa e con escote nas costas. Grazas Patricia un pracer coñecerche


Celebra connosco o Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas Ela Diz permanecerá aberto en horario especial, para aqueles que queiran achegarse ata Santiago de Compostela

De 11:30 a 14:00

De 17:30 a 20:00

E para celebralo móstrovos o cadro de Leandro Lamas que nos pareceu o máis adecuado para o día de hoxe. Feliz Día das Letras Galegas !


Mary, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes observar a Mary cun fourlard da firma Oriol I Cabanas. Un pano de seda cun colorido propio para o verán e coa calidade dos panos feitos en Italia. Mary grazas e saúdos para ti e para Anne


Noite Aberta Primavera

Dende Ela Diz súmamonos a iniciativa dos Comercios Compostelás, para celebrar as Festas coa Noite Aberta de  Primavera o derradeiro venres 18 de maio. Ela Diz permanecerá aberta ata as 23:00 da noite cunha chea de oportunidades.

Descontos do 20 % nas túas compras

Entrega de vales para unha viaxe as Illas Canarias para dúas personas

Entrega de vales para o sorteo de cheques regalo nos comercios da cidade

E por último, co ticket de compra de ATOMIC, conseguirás un 30 % de desconto en ELA DIZ  e viceversa. Una oportunidade única para vestir dos pes a cabeza!

 

 


Anxos, Rapaza Ela Diz

Hoxe teño o gusto de ensinarvos a Anxos, propietaria xunto con Luis de Coco Canel e integrantes da Plataforma Santiaguide.
Na imaxe podedes vela cun vestido que adquiriu no «Mercadillo Santiaguide» que celebramos hai uns meses, en cor rosa pau e detalles en negro.


Anxos despois liberouse e na imaxe podédela ver cun vestido de Hoertonn, cunha imaxe máis urbana, moderna e a punto do ataque de nervios.

 


Bicos Anxos e grazas

 


Carmen, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Carmen cunha camiseta do deseñador máis colorista de Ela Diz. Cinguida á cadeira en verde e con detalle de cor nunha das mangas. Un bico Carmen e grazas


Sarah, Rapaza Ela Diz

Neste sábado asollado móstrovos un deseño da firma Nice Things.

Na imaxe podedes ver a Sarah cunha saia de seda  estampada azul e gris e cun ribete na parte inferior en coral, verde. Sarah moitas grazas, viva o Albariño e feliz regreso a Irlanda!


Elvira, Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos un look de novos deseñadores. Vestido da  Londiniense Scaline en cor champagne combinado cun cinto marrón das Bilbainas  Ambrosía Pitigüil. Grazas Elvira, bicos.


Novas dun Brasileiro

Parece que o día vén cheo de sorpresas. Por fin brilla o Sol en Compostela e ademais temos a sorte de estrear novidades e Ela Diz.

Esta vez de mans dun Brasileiro afincado en Madrid. Os deseños de Hoertonn destacan polas súas pezas coloridas, cun estilo novo e un prezo moi atractivo.


Silvia, Rapaza Ela Diz

 

Na imaxe móstrovos a Silvia cunha chaqueta da firma Nice Things.  Unha combinación de gris e verde, de manga curta e cun peto nun dos seus laterais. Silvia grazas e un saúdo para toda a family!

 


Christine, Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos a Silvia cunn bolso da firma Niche Things. Una proposta etno-chic, ideal para viaxar o para mulleres que gustan de levar todo consigo. Grazas Christine, por compartir as túas andanzas.


Escaparate das Letras Galegas

 

Faltando 10 días para celebrar o Día das Letras Galegas, ensínovos o escaparate que realizamos este ano para celebralo.

Esta vez,  decidímonos por unha opción moi en voga, polo menos no mundo da cociña, a «deconstrucción»  do Himno Galego. Espero que vos guste.


Festa da Primavera Barrio San Pedro

Parece que o tempo  vainos adar un pequeno respiro para poder gozar da Festa da Primavera hoxe no Barrio de San Pedro, dedicado este ano aos Maios. Música, mercado, sesión vermú, contacontos e sobre todo festa e  bo ambiente. Achégate ata Compostela