Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “travel to Santiago de Compostela

Animais alados

Marta decantouse por estes dous para facer un agasallo. O reino animal e tan grande que seguro que atopas ao teu preferido. Si queres descubrir mais, visita a sección deco&agasallos da nosa  tenda online aquí.

omm design-marta pazos


Rebaixas con sentido

Aproveita as rebaixas e faite cun foulard. Este mes de agosto, se cadra necesitas un!

foulard-nice things-


Mulleres Ilustradas

De novo desde Pontevedra, as ilustracións de Cavalinho do Demo. Pratos e cuncas nunha serie numerada e repleta de mulleres cautivadoras.

prato-cavalinho do demo

prato-cavalinho do demo1

mugs-cavalinho do demo-mulleres

prato-cavalinho do demo2 prato-cavalinho do demo3

 


Minientrada

A xenerosidade dos Composteláns

O pasado mércores 28 de maio e grazas a unha colecta popular, as irmás Fandiño repousan xuntas, tal e como viviron toda a súa vida.
Se moitos Composteláns foron xenerosos con elas en vida, non podía ser menos e alegrámonos da homenaxe que lles fixeron. Grazas ao periodista Nacho Mirás e ao Ateneo de Santiago entre otros moit@s.
Podedes ler moito máis no seguinte artigo de La Voz de Galicia.
O agarimo a Maruxa e Coralia, traspasa xeracións, grazas ao traballo de Ana Miguéns.

broche-as marías-Carlota

broche-as marías-Nuria

broche-as marías-Ana

 

 


O rosa é para as loiras

Carine decidiuse por este precioso vestido de Mónica Lavandera

Imagen

Unha Edición Limitada e Numerada de escote abotonado e asimétrico.

Imagen


Estas dúas non precisan de Personal Shopper!

Cada unha no seu estilo, apostando polos novos deseñadores, una con mono e outra con vestido.

Imagen

Da colección Black Beicon, mono curto da diseñadora Rita Row. A dereita vestido da colección Kafountine de Nerea Lurgain.

 


Letras Galegas 2014

O  pasado sábado estreamos o  escaparate conmemorativo do Día das Letras Galegas 2014.
Milagros cedeunos un cartel das Letras Galegas do ano 1978. Así que o colocamos nun atril e para darlle un toque máis actual, decoramos a nosa mesa con letras de madeira feitas para a ocasión.
Por suposto todo isto rodeado de moita arte! A que teñen os deseñadores e artesáns de Ela Diz.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

 


O coiro non é só para os hippies

Desde a provincia de Cádiz, máis concretamente desde Ubrique chéganos o traballo de Benjamín.
E falando de Ubrique non podemos falar doutra cousa que non sexa o coiro.

ImagenImagen

Artesanía en pel cunha imaxe moderna e chea de cor. A colección partícula xa a podedes atopala en Compostela.

Imagen

Imagen


Facendo colegas en Compostela

Na imaxe podedes ver a Zaloa e Patricia. Dúas rapazas casi veciñas. Unha de Bilbo e outra de Santander pero con moito en común. Entre elea a Artesanía Galega.

cestos-idoia cuesta-Zaloa y Patricia

Namoradas en principio dos zocos de Eferro, non dubidaron ante os cestos de lá de Idoia Cuesta. Bicos rapazas!!


Mangas Morcego

A deseñadora Asturiana Mónica Lavandera, proponnos en Edición Limitada e Numerada esta camiseta con mangas morcego e print orixinal da firma.

Imagen

Imagen


Investindo en Galicia

Agora que estamos en plena campaña electoral eu propóñovos apostar polos produtos feitos en Galicia.
Na imaxe un colar das Redeiras de Corme.

Imagen


Sorpresa nas costas

Xa vola mostramos en negro e hoxe a quenda é para a camiseta azul. Deseño de María Roch da súa colección gotas ambiguas.

Imagen

Imagen


Exótico doctor bag

Despedimos a semana con unha proposta de Nice things. Un divertido doctor bag cheo de piñas.

Imagen

Imagen


Sira Ryf

Hoxe a protagonista do día é Sira Ryf. A Suíza afincada en Madrid preséntanos unha colección realizada integramente a man. Delicada, feminina e chea de detalles.

Imagen

Imagen

Imagen

Tras as fotos en branco e negro tomadas ao amencer en Santander, detalles en cor dalgunha das súas pezas. Atoparedes 100 % algodón, cremalelras, tachuelas, bordados a man e tintados batik.Imagen

Imagen

 


Ilustrísimas 2014

Xa recibimos as Ilustrísimas de Mi Clo.
Camisetas ilustradas a base de moita arte. A arte que ten Camino, para plasmar as súas viaxes nunha edición limitada de camisetas.

Imagen

Imagen

Imagen

Nas imaxes superiores puidestes ver o xeito de traballar de Camino. De seguido o resultado final dos seus deseños.
Este ano viaxaremos con Mi Clo a…

Las Vegas

Imagen

California

Imagen

West L A

Imagen

Yosemite

Imagen

Chicago

Imagen

 


Transparencias en branco e negro

O novo de AZabala xa está en Compostela. Hoxe pequena mostra da súa nova colección para esta primavera verán.

Imagen

Mesmo concepto de deseño plasmado en dúas propostas diferentes. A comodidade dos vestidos oversize e a elegancias dos monos slim.

Imagen


From Portugal, Pé de Chumbo

Xa temos na tenda a nova colección de Pé de Chumbo.
Realizado en teares, respectando a antiga tradición, Alexandra sorpréndenos con pezas rompedoras como o top que vos mostro a continuación.

Imagen

Porque Portugal exporta deseño e bo facer.

Imagen


Da cama á rúa

Hoxe móstrovos as fotos do blog essentialnice cunha das camisas que podedes atopar en Ela Diz.
Lembrando os pixamas de toda a vida, con un toque oriental parécenos un acerto como sobrecamisa.

Imagen

Imagen

camisa-nice things2

 


Todo un éxito

Empezamos o mes de abril cunha proposta de Natalie Wleeschouwer . Un vestido en crepé de seda con asimetría e cun print orixinal da casa en tons area, laranxa e negro.

Imagen

Aproveito a ocasión para agradecervos a tod@s por colaborar no noso blog. Coas vosas fotos conseguimos mostrar as nosas novidades dun xeioa máis próximo e real. Grazas 🙂

Imagen

 

 


Africa non está tan lonxe

Se aínda non volo había devandito, son unha namorada de Africa. E esta tempada estamos de sorte, porque poderemos ver cantidade de pezas inspiradas neste continente.

Técnicas de tintado, cores, e estampados de clara inspiración Africana.
E para exemplo, a camiseta de Nice Things Africa Panneau.

Imagen

En negro, beige e terra con print tribal.

Imagen


Collage de tecidos

Un único deseño para diferentes cores. Bolsos-mochilas de Anuscas Family. Reciclaxe e bo gusto.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen


María Roch

A menos de 24 horas para que rematen as rebaixas deste inverno, un adianto do que podedes ver en Ela Diz.
O novo de María Roch.

Imagen

Imagen

María tras estudar deseño de moda e téxtil na Escola Superior de Disseny  e na Universidade de Southampton de Inglaterra, decidiuse a crear a súa propia marca no 2010.

Deseños de calidade, atemporales e  contrapostos ao «fast-fashion».

Imagen

Imagen


Conexión Peliqueira

Desde Castro de Laza enviáronnos onte estas fotos. Lucía, Ana e SIlvia entre outros,  percorreron as rúas  cos seus pendentes de Peliqueiros. O primeiro Entroido cas xoias da súa festa mais querida.  Apertas e bicos para todos vós.

Imagen

Imagen


No corazón dos Picheleir@s

Dá gusto ver o aprecio que a xente ten por Coralia e Maruxa 😆

Imagen

Un excelente traballo de Ana Miguéns.

Imagen