Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para noviembre, 2014

Keep Calm & se chove que chova

Lisos ou transparentes para as máis tímidas. Floreados para as que prefiren un pouco de cor nos días de choiva.

paraguas-Isabel

paraguas transparente paraguas beenxena


Os dourados anos 20

Nos anos 20 a moda feminina cambiou por completo, grazas á liberalización da muller. A muller daquela época, buscaba a igualdade co home. Empezouse a levar o pelo ao garçon, vestidos soltos e os chapeus cloché.
E como na moda todo volve, aquí temos unha versión actual de la con incrustacións de pedras na parte dianteira.

goroo-mbt-María


Ollos de gata

Axustado á cadeira, con manga morcego, con cadrados en verde erosa para a moza cos ollos de gata. Bicos

vestido-nathalie vleeschouwer a

vestido-nathalie vleeschouwer det


Fumes ou non fumes

Ainda que deixaras o vicio dos pitillos. ¡Os mistos de Ingela P. Arrhenius molan moito!

cerillas Ingela P Arrhenius-Lucas


Gris antracita

Outra que non pasará frío este inverno. E se chove, carapucha e a pasear.

abrigo-urbahia-1 abrigpo-urbahia-


Luns slow

Os luns por prescrición médica deben de tomarse con calma. E precisamente con calma, escollendo cada tea, probando miles de combinacións, con paixón e moito amor é como traballa a nosa querida Ana.

bolsos-anuscas family-det

bolsos-anuscas family

Aquí tedes o  resultado final. Bolsos e mochilas recicladas da sevillana Anuscas Family. Un bico desde Compostela Ana, e non traballes os venres 🙂

mochilas-anuscas family2

mochilas-anuscas family

mochilas-anuscas family1


GaStRoLaB

Ainda que non nos adicamos á restauración, nin á venda de comida. Tampouco impartimos clases de cociña, nin tan sequera escribimos receitas… pero aproveitando que  o tema «gastronómico» está tan de moda, apropiámonos deste termo para avisarvos.

gastrolab- Ela Diz

Os proximos días temos traballo de campo. Porque buscamos o mellor de Galiza e do estranxeiro para tentar traer aquilo que máis vos poida gustar.
E por iso o luns, martes, mércores e xoves da semana que vén estaremos só en horario de tarde.
A partir do venres, todo volverá á normalidade 🙂


Quenda de mañá no Cineuropa

Ás mañás aproveitamos que non hai ninguén na cola do Cineuropa.

CineEuropa-taquilla-zocos-eferro CineEuropa-taquilla-zocos-eferro1


Podería ser herdado

Podería ser un abrigo herdado do teu irmán, do teu pai ou do teu mozo.  Pero este é un dos deseños para este outono inverno 2014. Ou si preferides, o  que agora se chama boyfrend coat.

abrigo-nice things-Nilanthi

Abrigo de la, corte masculino en branco e negro.

abrigo-nice things-Nilanth1


Misturando co preto

Alexandra soluciona o monocromatismo tan habitual nesta estación cunha mistura de negro, gris, azul klein e laranxa eléctrico. Lembrade, pezas realizadas a man no meu querido Portugal.

top-pé de chumbo


Un troquelado

Os afeccionados ao craft, non podería vivir sen unha troqueladora. De esas que fan corazóns, estrelas, lazos e unha longa lista de dibuxiños.
Os Ourensáns Ladrón de Arte, cun único troquel proponnos este vestido para o outono 2014.

vestido-ladrón de arte-det

vestido-ladrón de arte-troquelado


Terra de Albariños

Milena natural de Cambados, tras esturdiar xoiaría en Mestre Mateo e realizar varios stages en distintos talleres ceramistas, presenta unha colección de pezas únicas feitas a man.

collares-Milena

pendientes-milena

broches-Milena

Unha  mestura de tres dos seus intereses actuais: xoiaría pintura e cerámica que xa podedes atopar en Compostela.

 

collares-Milena3

collares_Milena2


Cine, Gastronomía e Moda

En Compostela tedes moitas opcións estes días:  CineEuropa, Santiago(e)Tapas. Abrigádevos e pasade un bo fin de semana.

abrigo-azabala-Mariane abrigo-azabala


¡Neno, eu son da Coru!

Hoxe os que sodes de A Coruña, ides a sorprendervos co novo de Ana Miguéns.

torre de hércules

menhires a coruña

Inspirada no Campo da Rata, nos menhires e na fermosa Torre de Hércules…

collar-Torre de Hércules y menhires

 


Eferro´s

Porque si, porque nos gustan, porque sentimos orgullo do seu traballo, porque non se pode ser mais moderna, porque respeta as tradicións, porque son da terra… cada día mais Eferro´s na Rúa Nova.

zocos-eferro-santiago de compostela1

zocos-eferro-santiago de compostela

zocos-eferro-santiago de compostela 2

 

 

 


A tentación chamase Compostela

Estas son algunhas das persoas que non puideron resistir á tentación. Algunhas, veciñas da Rúa das Hortas, outras namoradas de Compostela desde hai moitos anos.

foto-santiago de compostela

foto-santiago de compostela-1

Fotografía de Jacobo Remuñán. Tres series limitadas, numeradas e asinadas dispoñibles en  diferentes formatos.


#Inspiración outoñal

Hoxe misturamos  un dos bolsos de Montse Rego, a artista multidisciplinar viveirense, xunto a uns zapatos oxford co seu  correspondente paraugas.

bodegón


Vermello enerxético

Ademais de poder co frío, co vento e ca choiva, este Urbahia vermello, énchenos de enerxía este luns de novembro.

abrigo-urbahia-anxos abrigo-urbahia-anxos -tras


Chuviscada, chuvieira ou treboada

Empezar a mañá cunha chuvieira non é o plan perfecto, sobre todo se as previsións meteorolóxicas anuncian máis do mesmo para os próximos días.
Se non che importa carrexar co paraugas todo o día, propómosche varias opcións.

paraguas

paraguas3

Automáticos, de 8 ou 16 varillas, lisos, estampados e mesmo transparentes para ver quen vén de fronte.

Toda unha arte saber levar un paraugas e senón atravesade a Praza do Obradoiro e veredes 🙂

paraguas2

paraguas1


Outro éxito de AZabala

Este outono AZabala volveu a sorprendernos.  É habitual nas suás colecciónns atopar monos, pero este está a traspasar fronteiras.

mono-azabala-Eva


Desvergonzadas

Aproveitamos a mensaxe da camiseta de Marcela para dicirvos a todas que sodes unhas desvergonzadas. Desvergonzadas pero felices do mesmo xeito que Maruxa e Coralia.

collar As Marías-Marcela

broche-As Marías-Ana Miguens


Vértices

Así se chama a colección da Donostiarra Similia Similibus. E para encuadror os seus deseños non puido elixir mellor contorna que o fermoso Kursaal entre o Urumea eo Cantábrico.

vestido-similia similibus

kursaal donostia

vestido-similia similibus1


kilometros de fíos

Hoxe tampoco pasaremos frío ca blazer de Pé de Chumbo. Metros e tal vez kilometros de fíos negros, brancos e laranxas.

chaqueta-pé de chumbo1 - copia

chaqueta-pé de chumbo a


Tanto ten Mondoñedo ou Compostela

O inverno en Mondoñedo ten que ser frío. Eso fai que os seus veciños  sexan moi previsores.
Para días como os de hoxe, nada mellor que sair preparada.

abrigo-Rosa

abrigo-rosa1