Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para mayo, 2011

Reflexos do Sol en Ela Diz

Os raios de sol entran ata a porta de Ela Diz e reflicten o logotipo na entrada da tenda. Aproveitando esta claridade ensínovos outro bolso de Lorena B

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Ela Diz na revista Mucho Viaje

O pasado sábado Carmen veu dende Sevilla a pasar o fin de semana coa súa familia e díxome que coñeceu a tenda pola  Revista Mucho  Viaje. E é que dentro da reportaxe sobre Santiago de Compostela mencionan unhas cantas tendas que visitar. Felicidades a todos e grazas por contar con Ela Diz.


Rapaza Ela Diz

Hoxe tócame a min o de saír na foto. O sábado fómonos de voda a Vigo.


Dende Irlanda Rapaza Ela Diz

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Baid chegou desde Irlanda para comprar esta chaqueta de tesoiras de Laga. Grazas e saúdos


María Rapaza Ela Diz

María veu á tenda por primeira vez fai cousa dun mes, o día que recibín unha sorpresa moi agradable, e onte cando pasou por aquí lembrámolo entre risas. Ensínovos o vestido que elixiu. Saúdos e grazas


Novo escaparate

A pesar de que pasaron uns días dende o cambio de escaparate, déixovos unhas fotos para os que estades fóra. Espero que vos guste

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Novos bolsos de Lorena B

Que vos parecen estes bolsos de Lorena B? Están feitos en patchwork e hainos de diferentes formas e cores

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Marina, Rapaza Ela Diz

Ensínovos a Marina cun vestido azul eléctrico de Chula. Grazas Marina polas fotos e saúdos

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


As irmás Varela, Rapazas Ela Diz

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A semana pasada puidemos ver a Xema cunha saia e hoxe tócalle a quenda a Noemi. Quería un vestido para unha voda e ao final decidiuse polo branco e negro de Mónica Cordera.


Raquel outra Rapaza Ela Diz

Raquel pasou por Ela Diz e a pesar de que non lle gusta moito isto de ir de compras, estivo entretida e divertida probando diferentes modelos da tenda, como o vestido dos tucans de Chula. Moitas grazas e bicos Raquel.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Rapazas Ela Diz

Ana chegou dende Pontevedra por cuestions de traballo, e por casualidade atopou a tenda. Marchou encantada con este vestido gris. Moitas grazas Ana.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


A nosa Rapaza Ela Diz preferida

Luz pasou pola tenda de visita con levita e colar Ela Diz. Coma sempre deixoume facer-lle unha foto, esta vez no escaparate. Bicos guapa


Rapazas Ela Diz

Que vos parece Xema con saia de Laga? tamén tedes o bolso a xogo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


As Rapazas Ela Diz non teñen idade

Como vedes, en Ela Diz visten rapazas de todas as idades.  Isabel con camisa de algodón e seda de firma danesa Whiite


Para bailar un pouco

Que vos parece un pouco de música


Foulares para días nos que o sol tarda en asomar

O mellor complemento para días coma hoxe: foulares de seda, algodón, lisos, caleidoscópicos, longos, curtos….. na variedada está o gusto

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Rocío nova Rapaza Ela Diz

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Rocío está a buscar un traxe para o bautizo do seu fillo. Elixiu esta  saia e a blusa de Mónica Cordera. Simplemente perfecto!



Dende Cambridge ata Ela Diz

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Charo chegou dende Cambridge a  visita-la tenda acompañada da sua irma. Probaron vestidos de Laga e Girly e decidiron inmortaliza- lo intre tan simpaticas coma sempre. Grazas e bicos.


Lois Pereiro no escaparate Ela Diz

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O novo escaparate conmemorando o Dia das Letras Galegas xa chegou. Dende Ela Diz queremoas facer unha homenaxe a Cultura Galega espero que vos guste.


Rapazas Chula e Ela Diz

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Chus acercouse ata a tenda para levar un vestido de Chula. Dubidaba entre  » Tucanes» e «Búfalos»…. e o final, decantouse polo de os Búfalos polos seus tonos azuis. Que vos parece a vos ?


Para facer oído

Estamos a preparar o novo escaparate para celebrar o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ó monfortino Lois Pereiro. E para dar comenzo deixovos unha canción de Nación Reixa inspirada nun dos seus poemas.

Furia


Outra Rapaza Ela Diz

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Rosi chegou o sábado dende Asturias seguindo a pista deste espectacular mono asimétrico de Mónica Cordera. Gracias e bicos os dous.