Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “ruta de tiendas en santiago de compostela

RoSa

Propostas en rosa.


Literatura e Moda

Así de fermoso quedou o cartaz da Selic, da ilustradora Nuria Díaz. Aínda tedes hoxe e mañá para achegarvos ata a Praza da Quintana e gozar da Semana do Libro de Compostela.
E se cadra, ata vides pola Rúa Nova  🙂


Raias e líneas

Luns de raias e líneas.


Flores, flores e máis flores

Como cada primavera o estampado floral está presente en multitude de posibilidades.

Si non te atreves con un vestido, colle os  vaqueiros e dalle un toque cas flores.


Breixo

O breixo perfecto, a maceta divina e os zocos un tesouro.


Coches motos e vestidos

Utilizando o léxico habitual dos vehículos, o dos petos  xa é un extra!


Scotch Whisky & Eferro´s

Uns zocos, un trago de whisky e para diante.


Máis frores

Este venres as novidades ensínovolas por detrás.
Se tedes curiosidade, poderédelo ver desde outra perspectiva no noso instagram, eladiz.

 

 


Claudine

Así se chama este colo. #novidades #outono17


Casualidades*

Rescato unha foto esquecida do mes de abril.
En primeiro plano vestido con estampado xeométrico e de fondo no escaparate, Flora.

Ainda que as diferenzas son evidentes, mirade a  seguinte imaxe
A miña Flora ben acompañada e fotografada por Lara Zankoul.

Guardar


Versión Curta

Hai unhas semanas veriades a versión longa.
Esta semana, como vos dixen entón: versión  curta.

vestido-maría pavan-corto vestido-maría pavan corto 2


Saia-pantalón

Superposición de tecidos,e volumes sen esquecer a esencia da marca que son as liñas puras e siluetas rectas.

ssic&paul


Os brillos non son só para as noites

De algodón e viscosa, tanto a saia como o serxei adoptan unha apariencia diferente grazas a prata.

azabala-pullover azabala-skirt&pullover


Raqueta ou cana de pescar

Nice Things proponnos un bolso 2×1. En vermello para as amantes do mar e azul para as afeccionadas ao tenis. En ambos os casos, con bolso interior extraible.

bolso doble-nice things1

bolso doble-nice things

bolso interior-tenis-nice things bolso troquel azul-nice things

bolso interior-pez-nice things bolso troquel rojo-nice things


Fotos na praia

Con un día tan marabilloso coma este, o difícil será atopar un anaco de praia baleira.

vestido-elisa cortés


Tanja

Bañada polo mar, refuxio de artístas e escritores chegados de todo o mundo, Tánger converteuse no destino máis exótico, encantador e libertino dos anos 50. Inspirado nesa cidade e nese tempo, propostas para a primavera.

inspiración


Moda reversible

Este vestido ten sorpresa, como todo o que deseña Loulitas.

Na imaxe, vestido en verde, azul e gris… e a sorpresa se cadra desvélanola Virginie.E é a combinación de cores que ten ao darlle a volta.

vestido-loulitasVirginie


Minientrada

A xenerosidade dos Composteláns

O pasado mércores 28 de maio e grazas a unha colecta popular, as irmás Fandiño repousan xuntas, tal e como viviron toda a súa vida.
Se moitos Composteláns foron xenerosos con elas en vida, non podía ser menos e alegrámonos da homenaxe que lles fixeron. Grazas ao periodista Nacho Mirás e ao Ateneo de Santiago entre otros moit@s.
Podedes ler moito máis no seguinte artigo de La Voz de Galicia.
O agarimo a Maruxa e Coralia, traspasa xeracións, grazas ao traballo de Ana Miguéns.

broche-as marías-Carlota

broche-as marías-Nuria

broche-as marías-Ana

 

 


Mosaico e mangas curtas

Azulón para o liño e mosaico colorido para unha mestura de seda e algodón. Vestido de Proyecto G

Imagen

Imagen


Chocolate e raias

A priori a mestura de negro e o chocolate non é unha combinación doada para o verán, con todo o vestido de Nice Things rompe cas probabilidades. Raias oblicuas no peito,horizontais na saia abullonada e ademais 100% liño para outorgarlle un plus nos días calurorosos.

Imagen

Disponible na tenda online aquí

Imagen


Photocall

O pasado sábado día 12 celebrouse en A Coruña a Gala dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego.
Na imaxe podedes ver á presentadora Irene Lourido, que acudiu á cita con Moda feita en Galicia, un vestido da deseñadora Mónica Cordera.

Imagen

Grazas Irene!


Exótico pero feito na terra!

A Asturiana Mónica Cordera preséntanos de mans da espectacular Carmen Xu, algún dos seus deseños.

Imagen

Se tes algún evento e gústache ir de longo hoxe temos dúas opcións. En ambos os casos combinados con complementos de aire moi exótico pero realizados en Galcia.

Imagen

 


Entrelazadas

De seguido podedes ver  detalle das costas da camiseta ovesize de María Roch. Dispoñible en negro e  azul celeste para os esperados días de sol!

Imagen

Moda feita en Barcelona.

Imagen


Un apelido dificil de pronunciar

Hoxe a quenda é para  Nathalie Wleeschouwer. A proposta de hoxe pantalón e xersei de manga curta.

Imagen