Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para diciembre, 2012

Vós sodes os importantes!

Quería acabar o ano agradecendo a todos os deseñadores, artesáns, emprendedores que coa súa sabedoría e bo facer fan posible que teñamos unha selección das súas mellores propostas en Ela Diz. Grazas de corazón por ser tan xeniais!
Á familia, amigos, veciños da Praza Fuenterrabia e clientes que aos poucos xa son case amigos, Feliz 2013!

Feliz 2013


Derradeiros cambios para este 2012

A piques de rematar o 2012, móstrovos os últimos cambios no noso escaparate.

escaparate-ela diz-dec13

Detalle do interior, onde poderedes atopar orixinais ideas…

escaparate-ela diz-dec16

Detalle do escaparate, con vestido de punto moi invernal dos deseñadores Malahierba, con abrigo da premiada AZabala e boina de Céline Robert.

escaparate-ela diz-dec14

Esta foto vai para Andrea Baragaño e as súas preciosas xoias acompañadas polas tazas de Zuppa entre outras cousas.

escaparate-ela diz-dec17

E para rematar vestido da deseñadora Elisa Cortes con chaqueta de Nice Things e colar-diadema de Andrea Baragaño, sin esquecer o bolso de Oobuka e os zocos inamovibles da nosa querida Elena Ferro.

escaparate-ela diz-dec15

E para rematar, aviso importante! Ante a avalancha de peticións destes días, acabamos de recibir novamente os colgantes de Lindo Ron, grazas Ana!


Rocío Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Rocío cos seus zocos novos, coma sempre asinados por Eferro. Rocío decantouse polos negros de pelo de pelo negro. moitas grazas e bicos!

zocos-eferro-Rocío


Laura Rapaza Ela Diz

Aquí estou de volta tras uns días de ausencia porque en Nadal xa se sabe, vólvese a casa,  como o vello  anuncio do Almendro.
Tras gozar duns días Caribeños en Donostia, con temperaturas de 25º en pleno Decembro e cunha chea de cousas boas, móstrovos os agasallos que máis me gustaron.
Son dous retratos nos que saio moi pero que moi feitiña  e  feitos por dous pequenos artístas de 5 anos.
Temos a versión masculina de Nico e a feminina de Alia.

Laura by Nico

Laura by Alia
Un bico para toda a familia e amigos. Deséxovos un Feliz 2013!


Imagen

Felices Festas

felicitación de nadal


Ana Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Ana cunha das nosas pezas preferidas. Trátase da colección de camisas de Mi Clo e que neste caso combina con pantalóns cor chocolate de Mado et lles Autres. Ana un bico e grazas

camisa-mi clo-ana


Andrea Baragaño xoias

Hoxe teño o pracer de ensinarvos o traballo de Andrea Baragaño, unha xoieira que tras realizar os seus estudos en Madrid decidiuse a crear a súa propia marca. Xoiaría artesanal na que utiliza diversos materiais obtendo  series de inspiración diversa como as que vos mostro a continuación.
Dentro da serie Helénica, cativáronme estas preciosas diademas de latón.

ab joyas-helénicas 2

ab joyas-helénicas
A continuación pendentes da serie Algas.

ab joyas-algas
Colgantes da serie Tempo

ab joyas-tiempo
Pulseiras e aneis da serie Violeta

ab joyas-violetas
E para rematar as diademas da serie Nazaré con múltiples posibilidades de levar, xa sexa como diadema, para levar como colgante, anudando o pelo

ab joyas-nazaré 1

e como exemplo nada máis grafico que a seguinte imaxe.
ab joyas-nazaré

para aqueles que non vos podades achegar  ata aquí, proximamente tamén dispoñibles na nosa tenda online  www.eladiz.com

ab joyas-nazaré 2

 

 


Eva Rapaza Ela Diz

Os deseños de Lindo Ron seguen causando sensación en Compostela.

colgante-Lindo Ron-Eva

Na imaxe podedes ver a Eva, á quen moitos de vós coñeceredes, xa que é a propietaria de Matrioska, tamén na zona vella,  cun dos colgantes.

colgante-Lindo Ron-Eva2
Eva grazas polas sesións de fotos. Este nadal vou ter que pedir unha camara nova. Bicos guapa!

 


Novas propostas desde o escaparate

A piques de rematar o mes de Decembro, amósovos as últimas propostas do noso escaparate, quizais atopedes inspiración para algún agasallo…

escaparate-ela diz-dec9

Vestido e chaqueta de Laga, bolso Nice Things.

escaparate-ela diz-dec10

Camisa de Scaline, pantalóns de Mónica Lavandera, chaqueta e foulard de Nice Things.

escaparate-ela diz-dec12

Pendentes Iomiss e colgante Lindo Ron.

escaparate-ela diz-dec8

E pos suposto zocos de Eferro.

escaparate-ela diz-dec11

 


Sheila Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Sheila, unha simpática Brasileira  cun deseño de Pé de Chumbo, un vestido de punto calado con pescozo alto e unhas mangas cun toque sideral.

vestido-pé de chumbo-Sheila

Sheila grazas pola divertida sesión de fotos,e spero que non pasásedes moito frío na vosa longa viaxe!

vestido-pé de chumbo-Sheila 2


Noite de concerto.

Onte tivemos a sorte de acudir ao concerto de Los Enemigos, tras moitos anos sen poder gozar deles.
Moitos watios de rock, boas líricas e a voz do inconfundible Josele
Para os que non puidestes achegarvos onte, tedes a posibiladad de velos de novo hoxe na Sala Capitol.

Los Enemigos3

Los Enemigos1

Los Enemigos2

Momento do concerto no que Los Enemigos compartiron escenario con Pablo Novoa de Golpes Bajos.

Los Enemigos


Mª Carmen Rapaza Ela Diz

Os zocos e as súas lembranzas…
Ter os zocos de Eferro fixeron posible que coñeza de preto as historias de familias, de recordos da infancia, de ilusións como no caso de Mª Carmen á que vedes na imaxe cos seus zocos de motas coa que puiden compartir unha infinidade de historias da vida de Galicia de fai xa uns cuantos anos. Apertas e grazas parella!

zocos-eferro-Mª Carmen


Pilar Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Pilar cun vestido de Aguamarina París. Un éxito absoluto esta tempada. Se vos gusta o estampado tedes a posibilidade de levalo en versión pantalóns campá.  Podedes velos na nosa tenda online. Apertas Pilar!

vestido-aguamarina-Pilar


Milagros Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Milagros cunha chaqueta da que non che podes separar estes días de frío. Con petos,  azul  e verde da firma  Nice Things e moita moita la. Grazas Gloria unha aperta!

chaquet-nice things- Gloria

 


Escaparate Ela Diz

Novas propostas desde a nosa xanela para este Nadal.

escaparate-ela diz-dec4

Vestido con botóns nas costas con abrigo de lá  todo de Nice Things.

escaparate-ela diz-dec5

Zocos bicolor de Eferro acompañados de pendentes Vodevil e colgante Lindoron.escaparate-ela diz-dec6

Vestido e chaqueta de Mado et les autres e foular e maletín de Nice Things.

escaparate-ela diz-dec7

 


Eider Rapaza Ela Diz

Sábado festivo e moitas cousas que contarvos e mostrarvos!
Hoxe permaneceremos abertos no noso horario habitual ademais de lembrarvos queestades convidados a un café unha cana ou un refresco en moitos dos bares da cidade polas vosas compras!

 
Ademais quérovos ensinar as fotos que me enviou Eider e na que estamos presentes cun pequeno detalle, porque nun día tan especial, os detalles valen moito.

broche-Eider
Eider na imaxe na cerimonia, donde se ve o  broche que ela levou como gargantilla.

broche-Eider 2
Moita sorte na vosa próxima andaina e lembra que polo menos teremos que tomar un café. Muxu haundi bat bihotzez!


Cristina Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Cristina cun bolso cor veu de Nice  Things que combina a cor viño e terra. Grazas Cristina e apertas

bolso-nice things-Cristina


Milagros Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Milagros co chaquetón de Pé de Chumbo, da deseñadora Portuguesa Sandra Oliveira.

chaqueton-pé de chumbo-Milagros 1

Chaquetón longo de  pelo en cor negra e de manga curta.  Un bico Milagros.

chaquetón-pé de chumbo-Milagros

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


O Apalpador está a chegar!!

O Apalpador xa está aquí, rodeado de zocos esperando a noite do 24 para ver quen de vós comeu dabondo.
escaparate-ela diz-dic

Grazas a Leandro Lamas polo seu traballo que nos ten abraiados e por suposto a Elena Ferro polos seus zocos.

escaparate-ela diz-dec 2

Vestido Pé de Chumbo, chaqueta Aguamarina pendentess Iomiss zocos Elena Ferro.

escaparate-ela diz-dec 3

Abrigo AZabala bolso Nice Things e de novo pendentes Iomiss e outra versión bicolor dos zocos de Elena Ferro.

escaparate-ela diz-dec 1


Elíxenos! no telexornal da TVG

O sábado o primeiro día da campaña Elíxenos! O Comercio Local Agasállate no Nadal  o telexornal da TVG fíxose eco da noticia. No vídeo O Gato Cósmico, Café Paris e Ela Diz.

Si queres ver a noticia preme aquí.

Elíxenos no telexornal


Elíxenos! O Comercio Local agasállate no Nadal

Desde o pequeno comercio de Compostelán  ideamos unha campaña para este Nadal que só achega cousas boas.
Os venres, sábados e domindos desde o 1 de decembro até o 5 de xaneiro, convidámosvos a CAFÉ, CANA ou REFRESCO, nunha chea de bares da cidade.
Temos unha cidade Patrimonio da Humanidade,  comercios diversos con produtos de calidade e unha hostalaría de primeira!
Non te esquezas de nós este Nadal e apoia o comercio local!

o comercio local agasallate no nadal