Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para marzo, 2013

Nerea Lurgain

Nerea Lurgain Donostia 1977, tras licenciarse en Belas Artes, trasládase a Barcelona para estudar Deseño de Moda.

Imagen

En 2008 crea a súa propia firma sinónimo de personalidade, orixinalidade, comodidade e estilo. A marca ofrece unha moda única, natural, atemporal e fóra de estereotipos.

Imagen

Presente habitualmente no Showromm do Ego da  Mercedes Benz Fahion Week Madrid, desfilará o próximo 6 de abril no Museo Balenciaga.

Imagen
Ao ser as dúas Donostiarras, tivemos a sorte de que nos visitase o pasado verán aquí.


Inundación de cores!

A choiva é algo moi do Norte, en Compostela incluso é arte!

E desde logo arte hai que ter para vestir con cores que alegren estes días tan chuviosos.
Xa sexa con pantalón ou con vestido, dalle cor a túa imaxe con propostas como as de Nice Things.

Imagen


Proposta para estes días de festa: visita a nosa tenda!

Este é o aspecto do noso escaparate esta Semana Santa. Se queres velo de preto, aproveita estes días, abrimos en horario habitual xoves, venres e sábado na Rúa Nova 24.

Imagen


Outra de zocos viaxeiros

María de Vilalba enviounos fotos despois de estrear os seus zocos, como sempre asinados por Elena Ferro. María moitas grazas por todo, espero poder coñecerche persoalmente cando te achegues por Compostela! Bicos

Imagen


Carmen Rapaza Ela Diz

Os deseños reciclados de Anusca´s Family seguen gustando a todas. Na imaxe Carmen con shopping bag con moita cor e base azul mariño.

Imagen

Carmen é unha das nosas novas veciñas da Rúa Nova, da mítica Ámboa, unha tenda desas nas que entras e tardas moito moito en saír. Apertas!

Imagen


Xoias que falan de Galicia

Hoxe preséntovos o traballo de Ana Miguens, unha Galega de 31 anos nacida en Vilagarcía de Arousa.

Imagen

Desde o principio encantaronnos as súas pezas inspiradas na cultura máis ancestral de Galicia, o noso Entroido.
Imagen

Como ela mesma di «En case todas as pezas que realizo hai algo de Galicia, é parte de min, o que mellor coñezo, hainos que viaxan lonxe en busca de inspiración, eu abro a xanela…»

Imagen

«Nunca pinto soños ou pesadelos. Pinto a miña propia realidade»
«Píntome a min mesma, porque son a quen mellor coñezo»
Magdalena Carmen Frida Kahlo (1907-1954)

Imagen

Os amantes do Entroido poderan levar dun xeito ou doutro una peza asinada por Ana Miguens. Broches, pendentes, colares, alfileres….

Imagen

broche-ana miguens


Jovita Rapaza Ela Diz

En cuestión de zocos, canto máis atrevidos mellor. Iso mesmo pensa Jovita a quen podedes ver cun deseño de Elena Ferro en coiro berenxena, pelo verde e cordóns rosa. A última foto da nosa antiga tenda na Praza de Fuenterrabia. Grazas Jovita e apertas.

Imagen


Fotos da inauguración

Situando aínda moitas cousiñas tras a reapertura na Rúa Nova, por fin podemos mostrarvos algunha foto da inauguración.

Imagen
Desde aquí quero agradecer a tod@s os que viñestedes á inauguración, aos que escribistedes, chamastedes e pasastedes por eiquí o longo destes días…
Grazas polas vosas verbas!

Imagen
Unha mención especial para todos os que vos tocou traballar Beatriz, Cristina, Ana, Maite, Paula, Andrea, Eli, Luchi, Luz, Elena,  Beatriz, Hector, Txema, Félix, Alvaro, Paolo, Félix, Serxio, Gorka,Ramón. Un millón de bicos!

Imagen

inauguración18

Imagen

Imagen

inauguración13

Imagen

Imagen

Imagen

inauguración1

Imagen

 

 

 

Imagen

Imagen

inauguración

 

 

 

 

 

 

 

Imagen

 


Rosa Rapaza Ela Diz

Ainda que hai uns días que cambiamos de localización, non podo deixar de ensinarvos a Rosa na nosa antiga tenda cun modelo de Nice Things.

mono-nice things-Rosa

Un mono  azulón con print  verde e que a Rosa lle senta xenial. Grazas guapa;-)

mono-nice things-Rosa 2


Novo local e Nova Colección !

Hoxe amósovos parte do traballo de Mónica Lavandera. A xoven deseñadora  de orixe Asturiana, que tras  estudar  en Galicia trasladouse ao Pais Vasco, onde reside actualmente.

Pezas integramente realizadas en España, de edición limitada e númerada.
As súas coleccións afincadas plenamente no prêt-à-porter perseguen un achegamento entre a xente da rúa e a moda máis conceptual. Escapando dos volumenes esaxerados  e con patróns limpos e depurados.

monica lavandera-pantalons

Imagen

ImagenImagen

Imagen


Onte na Voz de Galicia.

Despois da reapertura na Rúa Nova, chegou a noite e a celebración!
Pero tanta celebración, ten un inconveniente. A resaca, que non te deixa tempo para moito máis que descansar.
Grazas a nosas novas veciñas do Salón Teatro, decatámonos que onte falaban de nós na Voz de Galicia. Grazas Elisa pola reseña.

Imagen


Vídeo

Hoxe é un día especial

Empezamos a nosa nova andaina, vos presentamos a nova Ela Diz na Rúa Nova 24, frente o Teatro Principal. E ademais o facemos con música de mans de Tony Lomba e Elio do Santos, grandes!!


Cóñece a nova Ela Diz

Imagen

¿ Buscas plan para este sábado?

Visita o noso novo local na Rúa Nova 24, fronte ao Teatro Principal. Como agasallo de apertura poderedes gozar dun desconto do 20% na nova colección!!!


Carmen Rapaza Ela Diz

Empezamos a semna cunha peza da colección do pasado outono inverno. Un abrigo de la de Nice Things en cor gris e detalle en azul na parte superior. Grazas Carmen, despois de dous anos por fin fágoche unha foto! Apertas.

abrigo-nice things-Carmen


Polo teu aroma sei de onde vés

Quedando xa poucos días para o traslado á Rúa Nova, non quero deixar pasar a oportunidade de falar sobre os meus compañeiros da Praza Fuenterrabia.

Teño o corazón partido entre Elena da perruquería Elena Cabo, e Mehmet e os moz@s do Arume e o Döner Kebap Newroz.
Hoxe quédome co Arume, e ao meu xuízo, o café máis rico de Compostela! Botareivos en falta!

Imagen

 

 


Reapertura na Rúa Nova 24

Con moitos nervios e ilusión e tras celebrar o noso 2º aniversario na Praza Fuenterrabia, anunciámosvos que a partir do día 16 de marzo poderédesnos atopar na Rúa Nova 24, fronte ao Teatro Principal!
Na imaxe amósovos o noso último escaparate coa nova colección para a primavera verán.
Manterémosvos informados de todas as noticias, que serán moitas!!

Imagen


Yolanda Rapaza Ela Diz

Fai xa uns anos, non vou especificar cantos pero era eu moi noviña cando a miña tía «a viaxeira» regaloume uns pantalóns da súa viaxe a Exipto. Desde o primeiro momento lembráronme a este vestido de Nice Things.

Imagen
Na imaxe podedes ver a Yolanda co vestido en tons  verdes con print de paxaros en azul e cintas rosas na cintura. Apertas aos dous e grazas por todo!


Elena Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Elena cun vestido de Elisa Cortés.

Un deseño con escote drapeado en tons verdes e dourados da colección de inverno ao que se lle pode sacar moito partido tanto na primavera como no verán. Se vos gusta, aínda queda un e podédelo ver aquí.

Imagen


Dúas cores para un mesmo escote

Aproveitando que temos unha mañá sen choiva e máis quente que a destas últimas semanas, viaxamos ainda que sexa virtualmente. Trasladámonos á praia para mostrarvos un xersei con escote nas costas. Un mesmo modelo a elixir en dous tons diferentes.

Imagen

Imagen


Xela Rapaza Ela Diz

Hai unhas semanas tiven o gusto de coñecer a Xela, unha estudante de Fotografía da Escola de Arte Mestre Mateo. Xela está inmersa nun traballo de fotografía de moda e tivemos o pracer de colaborar con ela.
Así que de fotógrafa a retratada, na imaxe co bolso 2 x1 de Nice Things para esta primavera verán.
Moita sorte co proxecto, un pracer coñecervos a todos!

Imagen


Yolanda Rapaza Ela Diz

A piques de rematar as rebaixas de inverno e cun adianto da nova colección de verán pódense lograr combinacións perfectas como a que vos mostro hoxe.

Imagen

Un vestido  do inverno combinado cun xersei da nova tempada, todo de Nice Things. Moitas grazas por todo Yolanda, un pracer coñecerche e saber das nosas amizades comúns! 


Laura Rapaza Ela Diz

Dentro do apartado do vestir, creo que se lle debería facer un oco de honra ás camisetas. Peza indispensable para moitos e que fixo discorrer a moitos artístas, deseñadores e porque non a moitos de nós.
Na imaxe podedes ver a Laura cunha camiseta de inspiración india da nova colección de Nice Things. Apertas e grazas Laura
Imagen