Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para septiembre, 2011

Ambrosia Pitigüil en Ela Diz

Desde Bilbao chegounos  Ambrosia Pitigüiil, o traballo de dúas irmás que se caracterizan polos seus deseños alegres e  femininos como podedes ver nas seguintes fotos: blusa con volantes en cor verde tamén dispoñible en azul e vestido con manga francesa en cor laranxa.


Loli, Rapaza Ela Diz

Abrigo de Laga cun estampado en tons verdes capaz de alegrar o look dun día calquera. Con carapucha ideal para este outono recentemente estreado. Moitas grazas Loli


Zocos en Ela Diz

Esperamos moito tempo para poder presentarvos o traballo de Elena Ferro. Esta moza de Merza, segue a tradición familiar iniciada polo seu avó como zoqueiro, pero con aires renovados.

Empezando pola utilización de goma reciblada para a sola e terminando coa pel de vaca tinguida en cores rechamantes. Espero que vos guste tanto como a nos.


Cristina, Rapaza Ela Diz

En días pasados anunciábavos a chegada a Ela Diz da colección de Sara Coleman, na foto Cristina cunha camisa-vestido en cor antracita superponible. Cristina un pracer charlar contigo.


Hoxe na prensa por partida dobre

Hoxe estamos de noraboa xa que saímos nos xornais a conta do premio do concurso de escaparates.

 

 


Broches e colgantes «Manitas de Plata»

Recentemente chegados dende Valencia móstrovos os broches e colgantes de Manitas de Prata, que como  vedes nas fotos son ilustracións da vida real e non tan real dun mundo cheo de fantasía, espero que vos guste.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Luz, Rapaza Ela Diz

Na foto Luz cun chaleco da firma danesa Signal. A mim encántame esta prenda xa que ten infinidade de posibilidades á hora de levalo e que dicir de Luz que sempre está disposta a colaborar connosco. Un bico moi forte


Daisy Market recoñeceu o noso traballo

Acabamos de saber que fomos os gañadores do concurso de escaparates da III Edición do  Daisy Market da Coruña, así que estamos moi contentos e desexando saír cara a Ámsterdam. Desde aquí queremos agradecer a Daisy Market por facer propostas deste tipo, que fan que as pequenas tendas como Ela Diz ideen e traballen na elaboración dun novo escaparate.


Lourdes, Rapaza Ela Diz

Hoxe ensínovos unha camisa de Luna Moreno en cor negra con pespuntes, botóns e detalle nas costas cor area. Grazas Lourdes.


Iria, Rapaza Ela Diz

Na foto Iria cun dos bolsos de Laga. En cor azul navy e con dúas opcións de levar.
Coa asa de cadea para levar na man ou con asa longa para ir mais cómoda e en 
bandoleira. Grazas Iria, un saúdo.

Sara Coleman de estreno en Ela Diz

Alégranos empezar a mañá cos deseños de Sara Coleman por diversos motivos.


Principalmente porque gustanos as súas propostas, uns deseños urbanos 
pensados para unha muller  que os poida vestir todo o día.



En segundo lugar porque é Galega e  toda a produción está realizada en España.



Xa sabedes se queredes ver a súa colección tras pasar por Cibeles Fashion Week,
non tedes máis que achegarvos ata Ela Diz.

Cleu, Rapaza Ela Diz

Cleu chegada desde Parana  quería unha peza made in Spain e con manga curta debido ao clima de Brasil. Na foto con vestido bicolor de Luna Moreno e vestido gris de Amaia Zabala.


Superheavy

Preto dos 70 e de cor rosa fluor. Bravo Mick, mestizaxe cultural, ska, reggae,rock… a nos gústanos coma sempre!


AZabala de estreno en Ela Diz

 

 

De orixe Donostiarra aínda que afincada en Londres na actualidade, chegaron por fin a Ela Diz as súas propostas para esta tempada de Outono- Inverno 2011. Cun estilo urbano á vez que fresco  caracterizase  polos seus cortes.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 


Azul teal… e ti que pensas?

Na foto móstrovos  a María cun vestido e bolero en cor azul teal,   color que vaise   ver moito esta tempada e que non é nin verde nin azul, senón as dúas cousas á vez . Grazas e un saúdo para o tres.


Estrela, Rapaza Ela

Aínda que neste mes de setembro, segue a facer calorciño non está nada mal este abrigo de cor verde da firma Laga que vos amosa Estrela, saúdos.


Xa están aquí os novos bolsos

Os bolsos son os complementos que máis nos gustan!

Nas fotos algúns dos novos deseños que podedes atopar en Ela Diz.


Marisa, Rapaza Ela Diz

Nesta ocasión móstrovos vestido de encaixe de Elisa Cortes. Marisa moitas grazas por todo, un saúdo.


Chelo, Rapaza Ela Diz

Chelo buscaba unha peza en cor  gris e encantoulle esta camisa asimétrica de Luna Moreno. Grazas a Chelo e  Leticia, agora que sei onde estades  seguro que nos atopamos pronto.


Concurso de Maquillaxe con Sabelamakeup en Ela Diz

As clientas da tenda xa saben que ao efectuar unha compra en Ela Diz, enchían unha 
folla de fidelizacióne aquí está a recompensa. O sábado 15 de outubro 4 persoas 
terán o pracer de recibir en Ela Diz  unha sesión  de maquillaxe da man de 
"Sabelamakeup".


O único requisito para participar no concurso, é o realizar unha compra en Ela Diz, 
así que todas aquelas que non o fixéstedes aínda tedes tempo.

O resultado das gañadoras do sorteo publicarase o luns día 10 de outubro.

Para aquelas que non coñezades a "Sabelamakeup" pódovos contar que Sabela é unha 
rapaza que actualmentetraballa como perruqueira e maquilladora na TVG e que este
verán por poñeros algun exemplo  traballou en maquillaxe e perruquería de 8 desfiles
de Vogue Eyewear, maquillaxe e peruquerria no desfile deJean Paul Gaultier para 
A Perla en The Westin Palace de Madrid. E é que Sabela compaxina traballos na televisión, 
moda, publicidade...


Deséxovos moita sorte a todas e ensínovos algún dos traballos de Sabela.

María, Rapaza Ela Diz

María estaba a buscar un vestido para unha voda e decidiuse  por esta  vestido túnica en punto de seda de Elisa Cortes super feminina e cunha caída de vertixe. Grazas María


Novos diseños de Chula en Ela Diz

Por fin podo anunciarvos que os novos deseños de Chula chegaron a Compostela.
Para todas aquelas que gustades destes deseños, xa sabedes onde atopalos, só decirvos  que esta tempada 
os hai pintados a man con temática xaponesa e con escote"palabra de honor"

Merchi, Rapaza Ela Diz

Faime especial ilusión ensinarvos a foto que Merchi enviome co vestido deseñado polos galegos da firma
Chula, que mercou en Ela Diz a tempada pasada.
Un bico Merchi, vémonos axiña.

Miriam, Rapaza Ela Diz

Preséntovos a Miriam, que na miña ausencia fixose cargo de Ela Dia, nas fotos cun vestido e chaqueta da
firma francesa Bande Originale e na seguinte con leggins de pana, blusa de seda e chaleco da casa danesa
Style & Butler

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Grazas por todo e moita sorte no teu próximo proxecto, bicos guapa!