Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “einzigartige Geschäfte in der historischen Gegend von Santiago de Compostela

Pelos, xoias e Rock & Roll

Os concertos da Sala Capitol, son unha boa escusa para que moitos visiten Compostela.
Preséntovos…. á rapaza co flequillo máis bonito de toda A Coruña.

pendientes-milena-amaya1

Pendentes de madeira, latón e perlas da Cambadesa Milena.

pendientes-milena-amaya


Tarde perfecta

Se ainda non tiveches moito tempo para disfrutar do sol, este vestido pode ser perfecto para unha tarde como a de hoxe.

vestido-ioanna kourbela2

vestido-ioanna kourbela1 vestido-ioanna kourbela


Vermello enerxético

Ademais de poder co frío, co vento e ca choiva, este Urbahia vermello, énchenos de enerxía este luns de novembro.

abrigo-urbahia-anxos abrigo-urbahia-anxos -tras


Tanto ten Mondoñedo ou Compostela

O inverno en Mondoñedo ten que ser frío. Eso fai que os seus veciños  sexan moi previsores.
Para días como os de hoxe, nada mellor que sair preparada.

abrigo-Rosa

abrigo-rosa1


Pequenos agasallos para non tan pequenos

Decorar o teu recuncho favorito é máis doado coas matrioskas de Ingela P. Arrhenius.

Podedes ver mais deseños dela aquí.

matrioskas-animalls-Jesús

matrioskas-animals-Fang


Deseños para os dous

Desde Brasil Renan Serrano proponnos unha mesma colección para home e muller.
Neste caso Lola con vestido con serigrafía en gris, negro e branco.

Esperamos con ganas a algún rapaz que se anime a levalo como camiseta: voluntarios?

vestido-trendt-Lola - copia vestido-trendt-Lola1 - copia

vestido-trendt-Lola2 - copiavestido-trendt-Lola3


Gorxas ben resgardadas

No Cantábrico dixeronme que estaban a 20º e con xente nas praias. Pola contra en Compostela temos a primeira cicloxénesis da tempada. Así que abrigade as gorxas.

jersey cuello alto-nice things


Indispensable para o inverno

Estabamos a esperar as inclemencias do tempo, para ensinarvos unha das novidades en Ela Diz.

urbahia2

Desde Paris, abrigos con tecidos técnicos, resistentes á auga e ao vento e que podes lavar na lavadora.

urbahia

Pezas pensadas para un dobre uso. Por unha banda, para o día a día na cidade, para iso conta con un bo deseño e por outra para aquelas que practican deportes de inverno ou que non se separan da súa bici.

urbahia3

Abrigos versátiles, con petos interiores e exteriores por se pasas de levar o bolso.

urbahia4


Ladrón de Arte

De novo en Ela Diz, Ladrón de Arte.

De esta volta, por partida dobre: ca súa colección de xoias e a súa 1º colección de roupa.

Unha mistura entre a elegancia e o casual. Con prendas cheas de bordados e de apliques de cristais.

chaqueta cristales-ladrón de arte

Ainda que todo o seu traballo faise en Galiza, estes rapaces están triunfando en Portugal.  Con reportaxes en revistas como Vogue ou  Trendt.

vestido troquelado- ladrón de arte

Si queredes coñecelos , podedes achegarvos ata aquí e  descubrir moito mais.

collar-ladróndearte-ashe--a collar-ladróndearte-insect


Prendas fetiches

Este inverno, se cadra acabamos fartos dos ponchos. Pero Alison, a Escocesa da imaxe, non puido resistirse a este  de la: pola súa comodidade e por ser unha peza adecuada para o longo inverno da dúa terra.

poncho-noa noa

poncho-noa noa 1


Peza única

Aproveitando que Galicia é un dos maiores produtores de lousa, Noa unha moza de Padrón, ideou unha peza  de xoiería única.

collar pizarra-ela diz

Realizada e lousa e pedras semipreciosas. O resultado, un colar que non deixa indiferente a ninguén.

collar-pieza única-pensamentos


Bolsos, bolsiños e maxi bolsos

Poderíamos mostrarvos chaquetas de la, abrigos ou xerseis de pescozo alto. Pero  decidimos adecuarnos ao bo tempo e centrarnos, polo menos hoxe, nos bolsos.

bolso sobre -nice things

bolso sobre -nice things-det

Dúas opcións de estilo e tamaño.

bolso-alpaca-nice things

bolso-alpaca-nice things-det


km por un Fashion Slow

Cando atopas un vestido especial, non importa os kilometros que teñas que facer.

Valencia, Santiago de Compostela, Sevilla. Este é o percorrido de Nora e o seu Pé de Chumbo.

pé de chumbo-Nora-escote espalda

pé de chumbo-Nora

 


Ilustración en Galego

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca.
Mónica traballou en publicidade como deseñadora gráfica, deseñando produtos para Museos e de freelance para outras empresas.
Os seus estampados apareceron en publicacións a nivel internacional como Print & pattern book e revistas como Harper´s Bazaar.
Agora en Compostela, podemos gozar dos seus cadernos deseñados en exlusiva en Galego para Ela Diz.
Espero que vos gusten

meu notebook Ela Diz

Agora en Compostela, podemos gozar dos seus cadernos deseñados en exlusiva en Galego para Ela Diz.
¡Espero que vos gusten!

notebook Ela Diz

meu notebook 10 meu notebook 1 meu notebook 2 meu notebook 3 meu notebook 4 meu notebook 5 meu notebook 7 meu notebook 8 meu notebook 9


+Combinando

Non estan os tempos para cometer excesos. Así que hoxe imos sacarlle partido a un vestido de voda.
Combínao cunha chaqueta de punto e se cadra, engadelle un cinto.

vestido Elisa Cortés- chaqueta punto

Se a voda é en setembro, poderás lucir o escote que ten nas costas e darlle un toque de cor cun cinto de plumas.

vestido-ElisaCortés&fajín-MónicaCordera


Xoias da Costa da Morte

A Costa da Morte, é tal vez unha das zonas que mais impresionan de Galicia. Unha xoia da natureza. ¿Pero,  que me dicides das xoias que fan por aquelas terras?
Colar tecido polas  nosas queridas Redeiras de Corme.

colar-redieras


Ssic & Paul, sentido e sensibilidade

Por fin temos en Compostela  a Ssic & Paul. O tandem formado por Jessica Raya e Paula Boadas.
Para a súa presentación, vos anímo a que leades o artigo que Rafa Rodriguez publicou no xornal El País. Ssic and Paul, sentido y sensibilidad

Eu quédome con «Ssic And Paul, son ao deseño o que o haiku á poesía»
Se queredes descubrir o seu traballo podedes pasarvos por Ela Diz.

ssic&paul

ssic&paul-vestido


De 1930 a 2014

Coco Chanel incorporou a vestimenta dos mariñeiros á moda feminina. Esta tendencia tan recorrente nos meses de verán, poderémola ver tamén este outono inverno.

coco chanel-camiseta marinera

En branco e negro Coco Chanel marcando tendencia na riviera francesa nos anos 30. No 2014 en Compostela, proposta da diseñadora AZabala para o próximo AW/14-15

vestido-azabala

 


Whatoweather menciona un produto da nosa tenda online.

¿Aínda non coñecedes Whatoweather?

whatoweather inicio

imaxe extraída de Whatoweather.

Eu aconséllovola por varios motivos.

1. É unha app que che podes descargar de forma gratuíta no teu móbil.

2. Con ela saberás que roupa levar, dependendo do tempo que faga e da parte do mundo na que estés.

3. Os responsables da devandita aplicación son os meteorólogos Bea Hervella e Carlos Balseiro.

4. O deseño da aplicación encántanos

5. E por se isto fose pouco…. hoxe inclúen no seu look do día un artigo da nosa tenda online www.eladiz.com

 

whatoweather-eladiz

Na imaxe superior a proposta da aplicación para hoxe. Imaxe extraída de El Correo Gallego, onde diaríamente publican a sección El tiempo y la moda.

Déixovos a ligazón para que non perdades tempo e podades  descargar a aplicación de whatoweather aquí.

whatoweather-descarga app


Living in a tree

Con diferentes tecidos e utilizando distintas técnicas, Nice Things proponnos vivir pendentes das árbores.

árboles

vestido árboles-nice things

árboles2

camisa árboles-nice things

 


Poderían ser Galegos, pero estes son Portugueses.

A importancia do packaging é fundamental en todos os artigos. Os nosos veciños Portugueses conseguírono cos paisan@s que ilustran cada unha das súas variedades de xabrón.

kiko cadaval-ela diz

Na imaxe, xabrón de mazá.


Tangram colour

Cristina versiona en cor a súa colección Tangram. Preséntanos 7 cores para os pendentes e infinidade de posibilidades xeométricas nos colgantes.

pendientes-gota-iomiss

colgantes-iomiss

 


Amaia Zabala

Hoxe a quenda é para  AZabala.

capa&vestido-azabala-AW14

Desde o 2010 Amaia crea as súas coleccións entre tres cidades: Londres, Donostia e Barcelona.
Patróns moi estudados para as incondicionais da marca.

mono-azabala-AW14

jersey-AZabala-AW14


Pequenos momenos de felicidade

Eu non sei cal dos tres é mais feliz. Grazas familia ❤

matrioskas-omm design1 matrioskas-omm design