Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para febrero, 2012

Pilar, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos o vestido de seda e encaixes da firma danesa Style & Butler. Neste caso Pilar combínao con pantalóns negros concedéndolle un estilo mais informal. Pilar como sempre un pracer charlar contigo, deséxoche sorte para o sorteo do 2 de marzo


Chus, Rapaza Ela Diz

 

Hoxe móstrovos un vestido da firma danesa Whiite, en cor gris e botóns laranxas e cun estilo moi campestre. Chus un pracer coñecerche, sorte para o próximo sorteo do 1º aniversario de Ela Diz.


Novidades para Rapazas de todas as idades

Alégranos ensinarvos o avance de tempada de Nice Things. A firma catalá que viste dos pés á cabeza a mulleres de todas as idades, moi «Nice» e cheo de cor.


Sonia, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a outra rapaza que se atreve  cos zocos da Galega Elena Ferro. Nesta ocasión con estampado  dálmata. Un pracer Sonia e moitas grazas.


Elisa, Rapaza Ela Diz

 

Na imaxe podedes ver a Elisa cun vestido gris prata dos cataláns Piwearbcn. De manga curta e pequenos petos no peito. Grazas Elisa e sorte para o 2 de marzo.


Thaïs, Rapaza Ela Diz

Móstrovos dúas opcións das deseñadoras catalás Luna Moreno. Á esquerda con minisaia e cazadora de manga curta de cor negra combinado con pata de galo e na imaxe da dereita con un vestido negro e gris cun dos laterais axustado na cadeira. Moitas grazas Thaïs e sorte para o 2 de marzo!


Vivian, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos o último bolso da tempada de inverno.  En cor cereixa e de tamaño medio ideal para aquelas que saben levar o xusto nos seus bolsos. Grazas Vivian e sorte para o 2 de marzo.


Amigas e Rapazas Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Paloma e a Katuxa en branco e negro. Unha delas opto por un vestido de seda con encaixes da firma danesa Style & Butler e a outra por un  vestido negro de corte retro da deseñadora Mónica Cordeira. Grazas mozas e boa sorte o 2 de marzo.


Elisa, Rapaza Ela Diz


Na imaxe móstrovos un vestido da deseñadora galega Sara Coleman. En antelina troquelada con cremallera dianteira, é a peza máis polivalente da súa colección de inverno. Como vedes na imaxe Elisa lévao a modo de abrigo, un saúdo.


Ludi, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Ludi con pantalóns e cinto da firma danesa Whiite e cunha chaqueta aterciopelada da francesa Bande Originale. Moitas grazas guapa, un pracer coñecerche e espero que teñas sorte no sorteo e podas regresar a Compostela.


Participa no sorteo 1º Aniversario Ela Diz

O próximo 2 de marzo hai un ano que Ela Diz abriu as súas portas.
Para celebrar o noso primeiro aniversario decidimos facer un Sorteo entre todas as Clientas e Rapazas Ela Diz, que de forma desinteresada apoiáronnos coas súas fotos.
Imos sortear 10 cheques de 25 € que se poderán trocar en calquera compra efectuada en Ela Diz, cunha compra mínima de 60 €.
Ao resto só lembrarvos que tedes de prazo até o 2 de marzo para participar no 1º aniversario Ela Diz, día no que se coñecerá os nomes das gañadoras.


Novas propostas para a primavera

Non podemos esquecer as propostas que chegan desde o sur… especialistas en esta nova temporada de Primavera Verán


Isabel, Rapaza Ela Diz

 

Na imaxe móstrovos a Isabel, unha Rapaza Ela Diz namorada dos complementos. Nesta ocasión leva un deseño de C. Cardeñosa en tons verdes. Apertas Isabel

 


Rebaixas e avance de primavera

Hoxe toca mostrarvos algunha das novidades para esta primavera verán que xa podedes atopar en Ela Diz.


E como as boas noticias nunca veñen soas, anúnciovos que a partir de hoxe tendes Rebaixas con  descontos do 50 % 60 % e 70 % para aquelas que aínda non se atrevan coa nova tempada.


Eulalia, Rapaza Ela Diz

Na foto móstrovos un dos últimos bolsos da tempada de inverno. Con posibilidade de levalo na man ou en bandoleira e cun tamaño medio para as que necesitan espazo nos seus bolsos. Eulalia espero que todo vaia ben por Barbanza, un saúdo e grazas !


Susana, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver unha chaqueta de punto da firma Bande Originale. Unha opción delicada para levar con vestido ou pantalóns en cor gris perla e unhas costas que termina en curva. Grazas Susana


Ana, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver unha blusa da firma Bande Originale, en cor antracita, coas mangas semitransparentes e cun lazo que cingue a blusa na cadeira. Ana moitas grazas


A mañá perfecta

Unha canción perfecta para unha mañá perfecta.


Teresa, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a proposta da firma Xerezana . Combinación de vestido e bolero en tons gris, negro e marfil. Teresa coma sempre moitas grazas pola túa simpatía.


Graciela, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver o foulard da firma danesa Whiite de cor laranxa, longo  e repleto de estrelas. Grazas Graciela.


Alba, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a saia asimétrica da deseñadora galega Sara Coleman. Con amplos petos laterais e  cunha caida bárbara. Grazas Alba!


Anett, Rapaza Ela Diz

Hoxe ensínovos outro deseño da firma danesa Style & Butler. Esta vez unha chaqueta de moher con abelorios e cun corte que lembra a un frac.Grazas Anett


Natalia, Rapaza Ela Diz

Móstrovos unha proposta da firma danesa Style & Butler. Natalia leva un vestido de la, moher e abelorios cun pescozo espectacular. Grazas guapa!


Ana, Rapaza Ela Diz

Aproveitando que Sara Coleman desfila hoxe en Mercedes Benz Fashion Week Madrid, móstrovos un dos seus deseños para este inverno. Unha blusa antracita na que destaca a antelina troquelada dos seus puños e parte superior. Ana grazas foi un pracer coñecerche