Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para agosto, 2013

Entre Cores con Amor

Da colección Entre cores, unha peza única de aceiro e papel en tons azuis da deseñadora Amor Calderón. Apertas Isabel

Imagen


Rosa rosa rosam rosae rosae rosa

Hoxe lembrei as clases de latín de hai moitos anos!!!

Nai e filla unidas por unha afección común, o rosa. Genoveva con colar de Peliqueiros de Ana Miguens e Ana con chaqueta de Nice Things.

Imagen


Non só de rebaixas vive o home.

A piques de rematar o mes de agosto, as rebaixas e os choios de última hora, en Ela Diz podedes atopar un amplo adianto para o próximo outono. Na imaxe xersei da deseñadora Mónica Lavandera. Bo día 🙂

Imagen


O vestido negro nunca falla

Imagen O novo de Elisa Cortés, coma sempre elegante, sobrio e con moito estilo. Bicos Corine


Ecuacións matemáticas

Da colección de esmaltes de Latonta y Larubia preséntovos un dos grandes éxitos. Mínimo, delicado e favorecedor. Porque as veces menos é mais. Grazas Elsa

Imagen


Eu tamén podo ser unha It Girl

Imagen

Kate Moss é unha top internacional? Pois eu tamén, dixo Juana! que vos parece a camiseta de Dear Tee?


Orgullos@s do noso!

Despedimos a semana cun deseño de Ana Miguens. Colar de Peliqueiros porque nada mellor que darlle a Cultura Galega o seu sitio. Feliz fin de semana

Imagen


Asturies!!!!

Natural de Asturias e residente en Donostia, un anticipo da colección de Mónica Lavandera.

Imagen

Edicións limitadas e numeradas dunha das deseñadoras que máis gustan en Ela Diz.

Imagen

Unha mestura perfecta de patróns e materiais de primeiras calidades

Imagen

A nota crave das colecciónes de Mónica son a personalidade e a comodidade das súas pezas.

Imagen

Se vos gustou podedes pasar pola tenda e gozar dos seus deseños á espera da súa proposta máis abrigadas para  o inverno 2013/2014.

Imagen


Que non daría eu pola miña colega

Sair de compras coas  amigas as veces sácache dalgún apuro. Neste caso,   saír xuntas na foto 🙂
Xiana con bolso de boca de outono-inverno  de Nice Things e Tere con colgante de Manitas de Plata. Bicos !

Imagen


Día de praia

Cando pensamos en Brasil, vénnos á mente o sol, a calor, as praias… e seguro que un longo etcétera.

Imagen
Aínda que estea alén do Atlántico, que vos parece levar un vestido do Brasileiro Hoertonn  para pasear pola Costa Galega? Apertas Almudena.


Combatendo o frío da noite!

Estes días sufrimos uns cambios de temperatura, que para as noctámbulas son dificiles de levar. 

Lembra, non  esquezas o teu  xersei na casa. E si queres estar realmente informada, visita www.4gotas.com

Imagen

Imagen

Imagen

Na imaxe Andrea con xersei de Nice Things. Disfrutando antes da noite!


Alicia e Beatriz Rapazas Ela Diz

Imagen

Por simpáticas, guapas e pola súa elección, as protagonistas hoxe son Alicia e Beatriz con colgante de Latonta y Larubia e pendentes de Iomiss. Grazas e apertas!


De Compostela ao mundo

Desde o primeiro día tivemos claro que os zocos de Elena Ferro tiñan que estar en Ela Diz.

Por orixinais, por ser un traballo artesanal, por ser un produto da terra e porque nos gustaron nada máis velos.

Imagen

Recordo como asaltei pola rúa a unha moza que os levaba postos, ja ja ja disto fai case tres anos.

Imagen

E desde entón até hoxe encantados cos zocos e  ca familia Ferro.

Imagen

Tras estes días de descanso móstrovos algunha das afortunadas que lucirán os seus zocos polo mundo adiante:  por suposto partindo de Galicia e chegando a México, Italia, Alemaña, Estados Unidos, Inglaterra, Francia…e un longo etcétera.

Imagen

Coiro ou pelo

Imagen

De inverno ou de verán

Imagen

Escolle a cor e o material e personaliza os teus zocos. 

Imagen

Un saúdo a todas e a gozar da Artesanía Galega.

zocos-eferro-m


Un vestido moi didáctico

Os Galegos de Chula, sorprendéronnos cun vestido digno de calquera profesora de xeografía.

Imagen

Na imaxe Rosa con Europa ás súas costas e con Africa de fronte.Con escote palabra de honra, en seda, de edición limitada e realizado a man. Grazas Rosa,bicos 🙂

vestido-chula-rosa1


Así da gusto!!!

Cando a xente sentese cómoda, guapa e a gusto nada mellor que sacar a cámara e  facer unhas cantas fotos.

Imagen

Iso é o que lle ocorreu a Ellen coas pezas da xoven AZabala.

Imagen

En dous tons de gris, vestido e chaleco AZabala e sandalias de Elena Ferro.
Bicos Ellen e grazas.

Imagen


Xoias de autor

Hoxe sorprendémosvos con novidades nas nosas vitrinas.
Amor Calderón e o seu traballo artesanal. ImagenImagen

Pezas realizadas a man, moitas delas  únicas e noutras ocasións cun máximo de 6 unidades por modelo.

ImagenImagen

Amor, combina metais como a prata, o cobre, o aceiro inoxidable ou o latón con materiais orgánicos como corda, pedra, madeira, papel e calicó pintados a man.

ImagenImagen

Contamos con dúas coleccións: Entre Cores e Gatlang

ImagenImagen


María Rapaza Ela Diz

Rematamos a semana con María e co avance da próxima tempada. Na  imaxe, María con camisa xeométrica de Nice Things. Bo fin de semana e disfrutade do bo tempo!

Imagen


Corme Fashion Style

Noutras ocasións mostrámosvos os bolsos e foulares realizados polas  Redeiras de Corme. Hoxe seguimos falando delas, pero neste caso das súas xoias. Na imaxe Elma con colar bicolor.  Gracias Elma, e apertas as dúas.

Imagen


Outono sureño ou verán norteño

Para darlle un respiro as rebaixas, hoxe tocan novidades.

Imagen

Manga curta, manga francesa, estampados xeométricos, florais, vainillas, verdes…Imagen

e a elegancia do negro sempre presenta nas suas coleccións.

Imagen


Trabucada co alemán!

Hoxe a prota do día é Antl, unha alemá de nome impronunciable, e que podedes ver a continuación con vestido de Nice Things.

Imagen

Un vestido de seda con petos e botonadura na parte dianteira e pescozo babero para anudar ás costas.

Imagen

Bicos Antl:-)


Voda á vista!

Non, non casamos, pero estamos de celebración xa que Araceli enviounos unha foto co seu vestido de Chula. Ara, pareces unha fada, moitas grazas e bicos 😉

Imagen

Vestido dos Galegos Chula, feito a man e de edición limitada.


Latonta y Larubia x 3

Isto é o que pasa cos deseños de Latonta y Larubia, que todas queren un!
Grazas a  María, Mónica e Tamara, bicos 🙂Imagen


Artesanía versus Artesanía

Estes amigos tiveron claro desde o principio que a eles o que máis lles interesaba era a Moda e a Artesanía feita en Galicia. Finalmente decidíronse por un bolso das Redeiras de Corme e un cesto de la de Idoia Cuesta. Boa elección 🙂

Imagen


Silvia Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a  Silvia cun vestido dos Galegos Chula. En vermello e branco de seda e como sempre integramente confeccionado a man. Bicos Silvia

Imagen