Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para octubre, 2013

Inspiración Gaucha

De clara inspiración gaucha, María Roch proponnos estes pantalóns  que Bea combina con xersei laranxa de Nice Things.

pantalón María Roch, top Nice Things- Bea

E como Bea de gaucha ten pouco, preferiu  unhas sandalias de Eferro, para engadir un toque da terra con un producto de Artesanía de Galicia.

pantaón-maría roch & jersey Nice Things


Inverno 100% reciclado

Tal e como vos comentei hai unhas semanas, no inverno tambén reciclamos.
Con tecidos adecuados para a choiva, 100% reciclados.

Imagen

Mochilas-bolso

Imagen

As gravatas do avó

Imagen

Maxi bolsas

Imagen

Mochilas con asas de americanas

Imagen

Imaxinación…

Imagen

…e moito amor polo hand made

Imagen


Delicados e cheos de cor.

Temos a sorte de contar con Iomiss.  Cristina é unha artista combinando cores e formas.

Imagen

A continuación Gloria cos seus pendentes de jade rosa, tanzanita e prata. Bicos;-)

Imagen


Ancares ou Courel

Aínda que eu son máis de praia, un fin de semana polos Ancares ou no Corurel non estaría mal para un destes días.

Imagen

Imagen

Imagen

Fauna, vexetación, aventura, relax… unha infinidade de posibilidades.

Imagen

Imagen

Se o teu son os paseos tranquilos, sempre podes facer unhas boas fotos, recoller cogomelos, castañas ou colleitar plantas aromáticas.

Imagen

camiseta-emes

camiseta-emes2

E si marchamos para a Ribeira Sacra?


Alegría!!!

Hoxe móstrovos unha combinación de dúas deseñadoras moi diferentes.

Imagen

Vestido de Nerea Lurgain con colar de cadeas XL e amatista de Iomiss. Combinación capaz de alegrar a calquera!

vestido nerea lurgain & collar Iomiss1


Xoias de porcelana

Preséntovos o traballo de Sonia Maestú. Unha deseñadora galega, fincada en Tomiño.

sonia maestú-colar

Os inicios de Sonia remóntanse a 1978.  Tras ser seleccionada para  realizar un curso de verán en Sargadelos, Sonia descubriu que aquilo era o seu. Desde entón dedícase á creación de xoias exclusivas.

sonia maestú-broche

Pezas únicas, realizadas en porcelana pigmentada.

sonia maestú-colar 2


Un clásico de todos os anos

Nice Things regalanos esta chaqueta longa, con petos. Un clásico para pasar o longo inverno. E nada mellor que levar os pes e as mans quentes, non ?

Imagen


Con plumas e o tolo

Emulando ao  gran Billy Wilder e o seu fántastica «Con saias e o tolo» hoxe podedes ver a Krista con mono e fajín de plumas de Mónica Cordera

Imagen

A sobriedade do negro combina á perfección co cinto de plumas e borlas  que nos propón a deseñadora asturiana.

Imagen

Edicións Limitadas e Numeradas realizadas en Galicia.

Imagen


Un agasallo desde Portugal

Esta semana estamos de parabén, xa que os nosos veciños Portugueses, tiveron o detalle de convidarnos á Portugal Fashion SS 2014.  4 días e 4 noites que aproveitaremos para ver os desfiles e gozar moito, moito do Porto

Imagen

E falando de Portugal móstrovos novas propostas de Pé de Chumbo, a nosa primeira deseñadora Portuguesa e espero que non a última.

Imagen

Imagen

Desde aquí quero agradecer aos organizadores de Portugal Fashion, en especial a Miguel Preto e Ana Araújo que se encargaron de organizar a nosa estancia, da que vos contaremos pronto moitas cousas.

Imagen


Cambio de escenario

Tal e como vos anunciamos o sábado, Ela Diz duplicouse e estivemos na Rúa Nova e no Hotel Araguaney no 1º Estrea Estilo.
Na imaxe podedes ver a Mar de Celma Perruquería. Ademais de peitear, maquillar e pór  guapo a todo o mundo, sacou un oco para visitar a nosa habitación e levar a mochila reciclada de Anuscas Family.

Imagen


Por aca e por aló

Sábado chuvioso, con todo o día libre e sen ningún plan interesante?
Acercate até o Hotel Araguaney e descobre Estrea Estilo. Comida gourmet, moda, calzado, complementos… das tendas de Santiago de Compostela.

Imagen
A nós atoparédesnos na suite 603, ampla, con terraza…. unha maneira diferente de visitarnos.
Para os que prefirades a zona vella, poderedes pasarvos pola Rúa Nova, xa sabedes, polo número 24.

Ela Diz Rúa Nova 24

E pola noite…. vémonos no Outono Rock Festival!  Bo fin de semana 😉

Déu n’hi do!

Na imaxe podedes ver a Rita con blazer de la e pedrería de María Roch,  e para darlle un pouco de cor, echarpe de Cabanas. Deseño 100% Catalán.
Grazas e apertas aos dous 🙂

Imagen


Enxeniería Industrial

Que vos parecen as novas combinacións?
Como sempre, un 10 para o traballo artesanal da familia Ferro. Dende aquí

Imagen

 

Imagen

 

Imagen

 

Imagen


Minientrada

En inverno tamén reciclamos

A partir de mañá, poderedes descubrir o último en reciclaxe. Reciclaxe,  pensado para o longo inverno.
Na imaxe Angeles coa súa mochila-bolso, grazas:-)

mochila-anuscas family-Angeles

 

 

 


Pensamentos

Hoxe preséntovos as xoias de Noa, unha galega afincada en Madrid.

Imagen

Tras realizar estudos de dministración de empresas, hai máis de 10 anos que marchou a Madrid. Especializarse en Mercadotecnia e máis concretamente no sector Moda.

 

Tras traballar  en París para varias firmas de moda no 2012 xorde Pensamentos.Imagen

Imagen

Pezas esclusivas e moitas delas únicas.

Imagen

Imagen


Tira do fío

Empezamos a semana con Artesanía de Galicia. Un exemplo do bo facer das Redeiras de Corme,
colar bicolor en azul mariño e crema.

Imagen


Topos contra o frío

Nice Things sorpréndenos con estas plumas de topos, unha opción para as máis friorentas.
Felicidades a todas as Pilares,  e aviso navegantes: hoxe pechamos pola tarde.

Imagen


A moda non coñece de fronteiras

A camisa de seda negra con detalles de transparencia no peito e nas mangas non coñece fronteiras. Gusta ás de aquí e ás de fóra.

Imagen

Tiven a sorte de recibir a visita de Karam e Lina, dúas irmás Palestinas, coas que compartín varios días, charlas, teléfonos, emails e moi bo rolo.
Un bico ás dúas, espero vervos pronto, a poder ser pola vosa terra.

Imagen

Karam con camisa de María Roch


Nerea Lurgain

Hai xa un tempo, que estreamos a colección Perthes outono inverno 2013 de Nerea Lurgain.

Imagen

Hoxe a quenda e para os vestidos.

Imagen

Imagen

Imagen


Renovarse ou morrer

Leste é a lema que leva a cabo o meu «sogro» case a diario.
Despois de dedicar toda unha vida a rexentar un restaurante na zona vella de Compostela, chegoulle a quenda de xubilarse, de descansar e de darlle á escultura.

Imagen
Ademais do busto que lucimos con orgullo, e de colaborar connosco no escaparate das Letras Galegas 2011  adicado a Lois Pereiro , déixovos a ligazón para que vexades o seu Castelao,
Mais agora, o que toca e fardar do novo cartel by Pepe Calvelo. Bicos  artista!

Imagen


Un toque de brillo.

Feito en Galicia, de Edición Limitada e Numerada, un dos éxitos desta tempada, vestido de lurex de Mónica Cordera. O exito da prenda: o corte na cadeira e o brillo do lurex!

Imagen


De Compostela para o mundo

O traballo de Ana Miguens paseará ainda por máis cidades.

Imagen

Hoxe a quenda é para Vigo, Bilbao, Jerez de la Frontera e mesmo Gales.

Imagen

Imagen

Gozádeos e parabén polo teu traballo Ana.

Imagen


Xa temos gañadoras do sorteo

Acabamos de realizar o sorteo de Comida que está de Moda. Unha iniciativa que realizamos cos mozos de O Bandullo do Lambón.

As gañadoras son:

Cesta Ecolóxica: María Blanco

Image

Disfrutar sen apenas cociñar: Mª Jesús Castro

Image

Cena Galega para dous: María Blanco

Image

Grazas a tod@s, felicidades ás agraciadas e mensaxe  os pesimistas que din que nunca lles toca nada: non desesperedes, en Ela Diz, teredes máis oportunidades.


Black & gold

O negro un marco incomparable para lucir este colar xeométrico XL. Guapa!

Imagen