Carmen Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Carmen cun vestido da firma danesa Whiite, de seda, manga longa, con goma na cadeira e un bonito escote. Carmen un pracer coñecerche a tí e a péquelas. Grazas por todo
Na nosa tenda online podedes atopar o mesmo vestido en dous core, si vos interesa en negro ou en rosa
Amigas e Rapazas Ela Diz
Na imaxe superior podedes ver a Stephanie e Mairead con vestidosde Mado et les autres e coma sempre cos zocos da nosa zoqueira preferida Eferro. Un saúdo e grazas mozas.
Leire Rapaza Ela Diz
De seguido móstrovos a Leire cunha camiseta edición limitada da deseñadora Mónica Cordera. Mangas abullonadas e detalle de pétalos no escote que namoraron a Leire ao momento. Desexo que gozásedes da cidade e da súa noite, un pracer coñecervos!
Patricia Rapaza Ela Diz
Hoxe amósovos a Patricia cun deseño da firma danesa Whiite. Un vestido vaqueiro de manga longa ao que se lle pode dar moito uso no próximo outono. Un pracer coñecerche Patricia e grazas.
A continuación detalle do peito do vestido. Si gustaches do vestido, aproveita o remate final das rebaixas porque ainda tes uno igual, www.eladiz.com
Mª Pilar Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos a Mª Pilar, unha galega que a pesar de residir fóra visitounos hai uns días, cun bolso-sobre da firma Nice Things. Apertas e grazas Mª Pilar.
Dunia Rapaza Ela Diz
Na imaxe anterior podedes ver a Dunia cunha túnica da firma Whiz en cor coral e detalles no escote en amarelo. Grazas por todo !
Iria Rapaza Ela Diz
Sen apenas tempo para mostrarvos todas as novidades que chegaron esta semana, hoxe amósovos a Iria cun dos bolsos para o próximo outono inverno. Da firma Nice Things, un bolso grande con boquilla, en cor granate, e coa posibilidade de levalo ao ombreiro ou en bandoleira. Iria moitas grazas e apertas.
Luz Rapaza Ela Diz
Na imaxe superior podedes ver a Luz cunha chaqueta da firma Nice Things. Unha bonita combinación de cor para esta chaqueta de manga curta. Grazas por todo Luz e apertas.
Adianto de Outono
As novidades de outono inverno 2012-2013, están enchendo de novo os espazos de Ela Diz. Traballando as presas para que poidades botar unha ollada as tendencias da próxima temporada sen esquezer que ainda tedes o remate final das rebaixas do verán.De seguido disfrutade do making off de Mado et les Autre (France)
Amparo Rapaza Ela Diz
Na imaxe superior Amparo cun vestido dos deseñadores Galegos Chula. Un vestido ao que non lle falta de nada con colar, cinto e bolso e un precioso tutú.
Grazas Amparo, un abrazo
Detalle do cinto e bolso
Detalle do cinto e bolso no vestido de seda da firma Chula
Rosario Rapaza Ela Diz
Xa estamos de volta e para empezar con ganas a semana móstrovos a Rosario con zocos verdes de Elena Ferro. E é que Rosario se namorou destes zocos vendo un programa de televisión e non parou até atopalos. Así que grazas a xente como Rosario, os pequenos comercios e os grandes artesáns seguimos onde estamos. Un saúdo guapa!
3,2,1… VACACIÓNS!
A partir do sábado día 11 marchamos de vacacións, pero voltaremos o día 20 cunha chea de novidades!
Si non podedes aguantar, a nosa tenda online seguira aberta www.eladiz.com
Izaskun Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Izaskun vestida polas deseñadoras Ambrosia Pitigüil. Un vestido en ton amarelo con print de bolboretas combinado con cinto rosa que consigue un bonito contraste de cores. Grazas Izaskun por vir coñecer a tenda, apertas para vós e a vosa cicerone 🙂
Novidades Latonta y Larubia
Agardando a nova colección, que está a piques de chegar, hoxe móstrovos o último de Latonta e Larubia.
Para os que non os coñezades, dígovos que Latonta e Larubia son dúas amigas que quedan os domingos pola mañá para ir pasear coas súas zapatillas deportivas brancas. É nestes paseos domingueros, é onde se coce todo o que fan. Porque estas son xoias de domingo.
Aínda que en realidade os deseñadores nin son «tontos» nin «rubios» son dous mozos que tras estudar Belas Artes e Xoiaría xuntáronse para realizar estas preciosas xoias feitas a base de pedras naturais, latón, ornamentos de mobles antigos e sobre todo moita arte.
Rocío Rapaza Ela Diz
Na imaxe superior móstrovos un dos deseños do Brasileiro Hoertonn. Un vestido globo en ton gris perla,con detalle en cores vibrantes na parte superior e con carapucha. Como sempre un vestido moi cómodo e neste caso con posibilidade de resgardarche dos días chuviosos. Grazas Rocío, foi un pracer coñecerche
Gabriela Rapaza Ela Diz
Na image podedes ver a Gabriela cun deseño dos Galegos Chula. Un vestido de seda negro,con tutú e con colar, cinto e bolso pintados a man.
Grazas Gabriela vémonos en setembro.
Estrella Rapaza Ela Diz
Na imaxe superior podedes ver a Estrela cunha camiseta da firma Bande Originale. Con escote pico asimétrico, pespuntes en gris e falsos petos laterais. Grazas Estrela un saúdo
Maite, Rapaza Ela Diz
A continuación podedes ver a Maite vestida con saia e camiseta de Luna Moreno. Unha bonita combinación de cores asinada polas novas deseñadoras. Maite moitas grazas eapertas.
Se vos gustou a combinación aínda podedes atopar as pezas na nosa tenda online ww.eladiz.com e por suposto na nosa tenda física.
Carolina Rapaza Ela Diz
Hoxe amósovos dúas propostas en negro.
Por una banda un deseño de Mónica Cordera, un mono longo con escote asimétrico.
Por unha banda un vestido da firma Elisa Cortés con colar de coiro en ouro vello.
E coma sempre cos zocos de Elena Ferro. Grazas e apertas Carolina
Novidades Manitas de Plata
Ante o exito do traballo de Manitas de Prata, hoxe móstrovos de novo, as pezas recén chegada ata Ela Diz.
Bonitas ilustracións feitas xoias que asinan Carmen e Mariña baixo o nome de Manitas de Prata.
Colgantes e pendentes con ilustracións únicas que combinan a cerámica, a pasta de papel e que acaban cun baño de ouro.
COMENTARIOS