Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “originellen Läden in der historischen Gegend von Santiago de Compostela

Pequeniñas pero xeitosas

As caixas ilustradas de Cavalinho do Demo son perfectas para gardar grandes tesouros.

caixa-cavalinho do demo-lou


Terra de barbecho

Mentras a terra descansa, moito mellor no peito.

broche-fouciño-ferraxe de prata

Fouciño feito en prata e buxo.

ferraxe de prata-fouciño


Conta atrás

Quen ía dicirme, que estaría encantada co frío. Pero a verdade é que a ausencia de precipitacións durante estes días é unha bendición.

Pero non vos deixedes levar polo entusiamo e preparádevos, porque o inverno aínda non chegou. Faltan ainda 11 días.
Na imaxe, unha das afortunadas  á que seguro que non lle importan nin o frío nin a choiva

abrigo-urbahia-Silvia1 abrigo-urbahia-Silvia


Os Suecos tómano con calma.

Sempre nos falan do ben que funcionan os paises Nórdicos, pero o dos Suecos é un caso aparte.
Esperando desde Novembro as novidades da deseñadora Ingela P. Arrehnius, por fin podemos anunciarvos que as temos en Compostela.

Imagen

Con estes pratos ninguén deixará a comida a medias.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

E por suposto, as Matrioskas para xogar e decorar calquer recuncho da túa casa.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen


Feito a man

Entrando á esquerda temos o andel cheo de produtos feitos a man.
Con tecidos reciclados as novas mochilas de Anuscas Family e directo de Ecuador chapeu Panamá.

Imagen

Por certo, mañá Día das Letras Galegas estaremos abertos no noso horario habitual.
Ademais os domingos andamos de probas. Abrimos de 11:00 a 14.00 e de 17:00 a 20:00.


Estas dúas non precisan de Personal Shopper!

Cada unha no seu estilo, apostando polos novos deseñadores, una con mono e outra con vestido.

Imagen

Da colección Black Beicon, mono curto da diseñadora Rita Row. A dereita vestido da colección Kafountine de Nerea Lurgain.

 


Letras Galegas 2014

O  pasado sábado estreamos o  escaparate conmemorativo do Día das Letras Galegas 2014.
Milagros cedeunos un cartel das Letras Galegas do ano 1978. Así que o colocamos nun atril e para darlle un toque máis actual, decoramos a nosa mesa con letras de madeira feitas para a ocasión.
Por suposto todo isto rodeado de moita arte! A que teñen os deseñadores e artesáns de Ela Diz.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

 


O coiro non é só para os hippies

Desde a provincia de Cádiz, máis concretamente desde Ubrique chéganos o traballo de Benjamín.
E falando de Ubrique non podemos falar doutra cousa que non sexa o coiro.

ImagenImagen

Artesanía en pel cunha imaxe moderna e chea de cor. A colección partícula xa a podedes atopala en Compostela.

Imagen

Imagen


Chocolate e raias

A priori a mestura de negro e o chocolate non é unha combinación doada para o verán, con todo o vestido de Nice Things rompe cas probabilidades. Raias oblicuas no peito,horizontais na saia abullonada e ademais 100% liño para outorgarlle un plus nos días calurorosos.

Imagen

Disponible na tenda online aquí

Imagen


Mangas Morcego

A deseñadora Asturiana Mónica Lavandera, proponnos en Edición Limitada e Numerada esta camiseta con mangas morcego e print orixinal da firma.

Imagen

Imagen


Exótico doctor bag

Despedimos a semana con unha proposta de Nice things. Un divertido doctor bag cheo de piñas.

Imagen

Imagen


Sira Ryf

Hoxe a protagonista do día é Sira Ryf. A Suíza afincada en Madrid preséntanos unha colección realizada integramente a man. Delicada, feminina e chea de detalles.

Imagen

Imagen

Imagen

Tras as fotos en branco e negro tomadas ao amencer en Santander, detalles en cor dalgunha das súas pezas. Atoparedes 100 % algodón, cremalelras, tachuelas, bordados a man e tintados batik.Imagen

Imagen

 


Clásicos de sempre.

O beige e o negro son dous clásicos de sempre, que Elisa Cortés combina esta primavera verán. Engadindo ademais detalles en nacar e rafia.

Imagen

Imagen

Imagen