Ana, Rapaza Ela Diz
Hoxe móstrovos o vestido globo dos cataláns PiWearbcn, nesta ocasión Ana leva o que combina o corpo en espiga cun intenso vermello. Moitas grazas Ana e felicidades de novo polo Premio Manuel Beiras, foi un pracer escoitar as túas verbas.
Feliz Fin de Ano
Dende Ela Diz queremos desexaron un Feliz Fin de Ano e un mellor 2012 e para iso decidimos ofrecervos un 20 % de desconto desde hoxe, para rematar ben o ano.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a todos os que durante os escasos 10 meses felicitástesnos e axudástesnos dunha ou outra maneira. En especial a todas as Rapazas Ela Diz pola súa xenerosa participación.
Nas fotos podedes ver o noso último escaparate do 2011.
O venres 30 abertos ata as 24h!
Lembrade que oVENRES estamos de novo abertos ata as 24H, con descontos do 30%, cava, bombons e si pensades que isto non é dabondo, sabede que entraredes no sorteo dunha viaxe a Eurodisney, fins de semana en Spa, ceas en diferentes restaurantes da cidade e cheques regalo para utilizar en calquera dos establecementos que como ELA DIZ súmanse á NOITE ABERTA DO NADAL.
Miriam, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos un dos meus deseños favoritos dos mozos «Latonta y la Rubia«, O seu traballo céntrase en reciclar os ornamentos de mobles antigos con moito pero que moito gusto. Moitas grazas Miriam.
Marta, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos a Marta cun dos colares de bronce, un complemento perfecto para estas festas. Grazas a Marta e a Ana por volver de novo ata aqui!
Ela Diz colabora coa Xoiería Amboa Maeloc
Tivemos o pracer de colaborar coa Xoiaría Amboa Maeloc. Nesta ocasión móstrovos o making of da sesión de fotos para o seu catálogo do Nadal.
Dende aquí queremos felicitar a todo o equipo, polo seu traballo. Espero que vos guste tanto como a nós e lembrade que o vestiario o podedes atopar en Ela Diz.
Adriana, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver os zocos máis actuais de Elena Ferro. Adriana levou os últimos en cor verde, aínda que agora tedes a oportunidade de telos en novos cores. Moitas grazas a todos pola visita, e un bico ao pequeno Fiz!
Noite aberta
Móstrovos o vídeo promocional da Noite Aberta, á que Ela Diz súmase as noites do 23 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro… para non perder a oportunidade!
Miriam, Rapaza Ela DIz
Hoxe móstrovos unha proposta diferente para estas datas do Nadal. Unha blusa de Mónica Cordera, cun corte moi especial en cor negra ideal para levar cuns pantalóns axustados. Moitas grazas Miriam.
Isabel, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Isabel cuns pendentes de Iomiss. Unha combinación de cores perfecta para as fanáticas dos pendentes. Isabel un pracer coñecerche, apertas.
Vanesa, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos a Vanesa cos zocos máis rechamantes de Ela Diz, En pel rosa fuxia, apto para as mozas máis atrevidas e coma sempre co selo de Elena Ferro. Grazas Vanesa
Angola,o mundo chora por ela
No noso primeiro domingo aberto, espertámonos coa noticia da morte de Cesaria Evora, para lembrala e porque a min a súa música sempre me transporta á máxica Lisboa recoméndovos esta actuación da grande en París.
Tarxeta Regalo Ela Diz
Si sabes que a tua amiga, moza, nai, muller, irmá, sobriña… lle encanta Ela Diz e queres un bo agasallo, podes regalar una tarxeta coma esta.
Un regalo seguro, rápido e ti decides o importe.
Luces de Nadal
Ensínovos a imaxe da Praza Fuenterrabia coas luces de Nadal.
Quero agradecer a colaboración dos pequenos comerciantes desta praza por unirse a nós co proposito de iluminar un pouco máis a nosa pequena Fuenterrabia.
Escaparate Ela Diz
Que chegou o temporal e que chove,.. pois nada collemos o abrigo e o paraugas se resiste o vento e dámonos un paseo polos escaparates da cidade.
Ela Diz segue mostrando novas propostas como o vestido de Mónica Cordera cun escote nas costas de vertixe, abrigo de la, cachemire e denim de Amaia Zabala ademais de zocos, boina e complementos esta vez de mans de «LATONTA y la rubia»
Rapaza Disquecool
Hai uns meses Disquecool falou sobre Ela Diz e hoxe teño o pracer de mostrarvos a unha das integrantes, facendo de Rapaza Ela Diz.
Se o que che gusta é estar á última en música, cultura, moda, deseño, novidades, e moito mais, tanto de Galiza como do resto do Planeta, non podes pasar nin un día máis sen facerche adict@ a Disquecool.
Rosa, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos un dos últimos modelos chegados a Ela Diz. Da firma danesa Whiite cun estampado favorecedor, lazo ao pescozo e na cintura e cunha caída irresistible.
Un saúdo Rosa
Esther, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos outro dos deseños de Elena Ferro, esta vez en cor verde e que como vedes na imaxe a Esther encantáronlle. Moitas grazas guapa !
Maia Vidal
Un paseo polo bosque de mans de Maia
Mª Xosé, Rapaza Ela Diz
Na foto móstrovos un deseño da firma catalá Luna Moreno, unha camiseta de manga longa e pescozo alto negra con detalle de táboas en cor aceiro no peito. Mª Xosé coma sempre, moitas grazas e apertas.
Outro aire no escaparate Ela Diz
Móstrovos o escaparate de Ela Diz coas súas novas propostas.
Por unha banda podedes ver o vestido verde con solapas nos ombreiros de Mónica Cordera acompañado por un foulard de seda en tons verdes e amarelos ideal para unha ocasión especial e doutra banda deseño 100 % danés cono vestido cun estampado marfil e negro da casa Whiite acompañado do fabuloso chaleco de Style & Butler.
Sen esquecer a proposta máis colorida de mans de Chula co seu vestido en seda en ton azul e o seu fondo mariño.
Cris, Rapaza Ela Diz
Ensínovos a proposta da casa danesa Signal para os días de frío e choiva. Unha parka cun corte impecable, con infinidade de cremalleras e carapucha facilmente substituíble. Moitas grazas Cris, saúdos!
Saúdo festivo e musical
Esta canción consegue encherme de enerxía, eu tamén quero unha caixa rexistradora como a do vídeo!
COMENTARIOS