Podes tomar un café, un te o mirar para elas
Quen dixo que as vaixelas deben de ser brancas!
Hoxe móstrovos o traballo do taller Zuppa, un traballo artesanal, que enche de cor cada un dos nosos cafés.
Pezas que non só compoñen unha mesa diferente, senón que tamén poden
ser esparexidas, colgadas e exhibidas pola nosa casa.
Cada peza é única, debuxado a man e pintada, utilizando unha combinación de técnicas de man libre, pluma e tinta e pinceis.
Como queres o teu café, só, con leite ou en boa compañía!
J Rapaza Ela Diz
Que sería de nós sen os bolsos! o de hoxe bolso bombonera, deseño de Oobuka, con diferentes texturas en tons chocolate. Un saúdo J
a continuación mesmo deseño en tons negros
Marta Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Marta coa parka de Laga, sen dúbida a peza estrela desta tempada. Unha boa opción para todas e que vai con todo.
Na imaxe inferior podedes ver outra opción para levar a parka, pensando en darlle uso de cara a primavera.
Apertas Marta!
Araceli Rapaza Ela Diz & Cía.
Este verán recibín a visita de Araceli Gonda que estaba a buscar un vestido para acudir aos Premios Mestre Mateo, xa que estaba nomeada xunto cun amplo equipo multidisciplinar á candidatura a Mellor Obra Interactiva con «Area fai seis«.
Tras recibir o Premio e transcorridos uns meses, na imaxe podedes ver a Araceli moi ben rodeada e cun vestido da deseñadora AZabala.
De esquera a dereita: Antonio Mourelos Presidente da Academia, David Martínez productor, Araceli Gonda gañadora do Mestre Mateo, Luis Tosar actor e Jorge Coira Director de cine.
Grazas Ara por lembrarte, bicos!
Gabriela Rapaza Ela Diz
Comenzamos a semana vestindo a cabeza.
Na imaxe podedes ver a Gabriela con gorro en ton chocolate, da casa francesa Céline Robert. Un bico enorme para os dous Gabriela e grazas por visitarnos nas túas viaxes a Compostela.
Escaparate Ela Diz
A nosa proposta semanal para este fin de novembro…corto o longo, esta semana dámoslle os vestidos.
Vestido longo da deseñadora Portuguesa Pé de Chumbo, un vestido para una cita especial.
De negro e longo vestido da deseñadora Nerea Lurgain, con blazer de Scaline, boina de Céline Robert, fulard Oriol e colar de Lindo Ron
En verdes, bolso Oobuka e Nice Things, e zocos de Elena Ferro.
En tons tostados, vestido de Mado et les Autres, con chaquetón de Nice Things e para andar quentiña fular de topos e boina de Céline Robert.
Mercedes Rapaza Ela Diz
Na imaxe, Marga con vestido de Aguamarina Paris, con print floral en ton canela, axustado á cadeira e con volume na parte superior.Marga un saúdo e grazas.
Chus Rapaza Ela Diz
Esta mañá empezamos cunha proposta chegada dende o Norte de Europa, e é que os Daneses coñecen o frío e saben como combatelo.
Na imaxe Chus con chaqueta de la, en dous tons de grises e con peche de corchetes de Signal. Un saúdo Chus e moitas grazas.
Amaia Rapaza Ela Diz
Hoxe amósovos un dos bolsos máis coquetos e con mais exito da tenda.
Amaia, unha moza de Durango que nos visitou recentemente, namorouse do bolso-cluch da firma vasca Laga, como vedes na imaxe.
A continuación detalle do bolso tamén dispoñible na nosa tenda online eladiz.com
Eskerrik asko Amaia eta ondo ibili!
Belén Rapaza Ela Diz
A cor negra, á hora de vestir ten moitos puntos ao seu favor para moitas de nós, como no caso de Belén. A continuación cun deseño de Nerea Lurgain, unha camiseta con detalle nos ombreiros e volantes en cor negra.
A continuación Belén cun deseño de Amaia Zabala, un cómodo e elegante mono negro por suposto!
Belén foi un pracer, grazas polas túas verbas e apertas.
Mix de Rapazas Ela Diz
Xa vos falei noutras ocasións de Lindoron e as súas pezas únicas de xoiaría.
Ante o éxito dos seus colgantes, hoxe móstrovos a Celia co seu mariñeiro
Cristina co seu, da colección de raias
Ana co seu outro mariñeiro
E a min mesma con outra versión de raias.
Se vos gustaron, tranquilas!!!!!!!!!!!!!! porque nuns días recibiremos de novo os seus coloridos deseños.
Escaparate Ela Diz
Esta semana dende o escaparate de Ela Diz
diferentes propostas para vestir
asinadas todas elas por novos deseñadores de aquí e de alá.
Sesión de fotos «Pé de Chumbo»
Fai unhas semanas falei con Sandra, a xornalista e bloggera de yo no soy una it girl, para facer unha sesión de fotos, e así presentarvos os deseños chegados dende Portugal de mans de Pé de Chumbo. Deseños para ocasións especiais e para mulleres que queiran vestir dun xeito orixinal.
Unha mañana de café, fotos, risas, fotos y mais risas.
Moitas grazas Sandra, pola túa paciencia e xenerosidade, apertas guapa!
Angeles Rapaza Ela Diz
Hoxe móstrovos a Angeles e o seu gusto polas cousas ben feitas.
Na imaxe superior con zocos de pelo negro de Elena Ferro e a continuación con vestido granate de punto da deseñadora Pé de Chumbo.
Grazas Angeles e saúdos!
14 N Folga Xeral
Recortes sociais, subida de impostos, rescate ás entidades bancarias mentras os cidadáns quedan sen traballo e sen fogar. Por iso mañán pechamos para sumarnos á Folga Xeral.
Mi Clo en Ela Diz
Hoxe preséntovos a Mi Clo, firma de deseño especializada en ilustración aplicada en diferentes soportes tras a que se atopa Camino López.
Outra emprendedora que tras formarse en arquitectura de interiores e deseño gráfico, decidiu dar o salto e crear a súa primeira colección HUTGESCHÄFT, A Sombrerería, inspirada na Viena de 1919.
Blusas con patróns sinxelos e deseño de estampados únicos.
Integramente estampadas e confeccionadas en España.
Dificil elección a de escoller a miña preferida, ti que pensas?
Novidades no escaparate Ela Diz
Hoxe empezamos o díamostrándovos as novas propostas do noso escaparate.
Un pouco de todo, para as que lles gustan os vestidos e para as que non se separan dos seus pantalóns.
Detalle vestido de Aguamarina Paris con chaqueta Mado et les autres e boina de Céline Robert.
O último en chegar a Ela Diz, camisa con ilustración de maniquies de Mi Clo, da que vos falarei a próxima semana.
Aos pés bolso de Oobuka, maletín de fin de semana Nice Things e zocos de Elena Ferro.
E para rematar, móstrovos a porta de Ela Diz co anuncio do próximo concerto do Crooner Tony Lomba que terá lugar a próxima semana no garito de moda de Compostela, o Kunsthall. e que seguro que é todo un éxito!
Luzzety Rapaza Ela Diz
Na imaxe preséntovos a Luzzety, cunha orixinal chaqueta de raias en tons lilas de Mado et les autres. Luzzety e a súa amiga viñeron a Compostela a gozar duns días de descanso no estupendo Hotel Quinta da Auga. Despois de disfrutar das súas instalacións e do Spa, achegáronse ata a Zona Vella para pasear e ir de compras!
Grazas as dúas e apertas!
Pisando forte
Cada día coñezo máis e mais persoas que con imaxinación, coraxe e moita ilusión dan o salto e apostan polo autoemprego, converténdose en Emprendedores.
Hoxe fálovos dun deses casos e do seu marabilloso traballo. Trátase de Elena Ferro e os seus zocos, que unindo tradición, innovación e saber facer, consegue sorprender coas súas propostas.
Unha familia que traballa duro e que enxalza a Tradición Galega do Calzado, porque apostar polo traballo feito aiquí fainos mellores.
Escolle os teus preferidos achegandote ata a tenda e moi pronto visitando a nosa tenda online www.eladiz.com
Caridad Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Caridad cun xersei de la de Nice Things cun degradé de gris a rosa.
Unha boa opción para combater o frío destes días. Grazas Caridade e apertas!
Vanesa Rapaza Ela Diz
Hoxe móstrovos unha das pulseiras con máis exito da tempada,a pulseira metálica de plumas superpostas.
A foto envíanola Vanesa, así que dende aquí agradecerche o detalle. Bicos guapa!
Judith Rapaza Ela Diz
Empezamos a semana cun vestido da deseñadora Nerea Lurgain.
Na imaxe Judith cun divertido vestido en cor teza con serigrafía en azul e con cordóns na parte inferio para poder subir ou baixar o longo, o que ofrece multitude de posibilidades. Judith grazas e apertas, artista!
Escaparate Ela Diz
Amósovos as novas do noso escaparate
Detalle dos bolsos de Nice Things, a esquerda bolso maletín en cor azul e a dereita bolso carteira gris con vivos en marrón e para os pes zapatos de vértixe de Elena Ferro.
A continuación detalle do vestido manga farol e cinto en coiro de Elisa Cortés con boina de Céline Robert e colgante de Manitas de plata, e mono bicolor de Amaia Zabala
COMENTARIOS