Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para agosto, 2011

Saray, Rapaza Ela Diz

Na foto Saray coa blusa de Mónica Cordera que dependendo dos pantalóns cos que se combina cambia completamente de imaxe. Apertas Saray.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Chula na revista Yo Donna

Na revista Yo Donna falan dos vestidos de Chula. Alégranos enormemente que se fagan eco dos deseños destes galegos que nos visitaron fai moi pouco. Deica pouco recibiremos os novos deseños de Chula en Ela Diz e mentres podédes leer o que escriben deles. Por certo Bea, moitas grazas!


Tropical !!!

Antes de que remateo verán unha canción que fala de Galicia, Euskal Herria, Asturias, Cantabria… TROPICAL unha canción con ritmo imparable de F. A. N.


A Rapaza Ela Diz

Que vos parece o pantalón da nova tempada de Whiite? Con cintura elástica, petos amplos, super comodos e cun estampado moi fácil de combinar. A Rapaza Ela Diz, esta vez non ten nome, un saúdo.


Paula, Rapaza Ela Diz

Paula con blusa de Luna Moreno en cor crema e ribete en negro nunha das mangas. Moi pero que moi guapa. Grazas mozas!


Concha, Rapaza Ela Diz

Podedes ver a Concha con este precioso bolso de Laga en ton terra e coa asa de cadea. Grazas Concha por superar a timidez e deixarme facer a foto. Un saúdo


Para Bonnie & Clyde e a súa Raiña

En Compostela hai unha pequena tenda dirixida por un gran tío que acaba de anunciar o seu peche. Esta canción vai para ti Kike e para a pequena Raíña do  escaparate de Bonnie & Clyde.


Grazas ao Museo Balenciaga

Gustaríame agradecer dende aquí ao Museo Balenciaga por ter en conta o noso comentario sobre a visita
realizada ao Museo. Como xa dixemos, era unha ilusión para nós visitalo e ver de preoto o seu traballo.
Só nos queda repetir na nosa próxima visita. Eskerrik asko Itziar.

Estibaliz, Rapaza Ela Diz

Na foto podedes ver a Estibaliz cun cinto- colar bicolor e a túnica azul de Elisa Cortes da nova tempada outono inverno. Estibaliz e compañía foi unha alegría coñecervos,esperovos na vosa próxima visita porque o mundo é tan pequeno que  se cadra temos algún amigo en común. Eskerrik asko eibartarra!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Balenciaga de preto

Por fin puidemos facer realidade o soño de achegarnos ata Getaria, para ver de preto
ao Gran Mestre Balenciaga.
E é que aproveitamos a ponte de agosto para ir á miña terra e pasar alí uns días 
de merecido descanso.

O Museo Balenciaga atópase nun outeiro deste pequeno pobo Guipuscoano, conecido 
por moitos polo seu Txakoli,os seus asadores e por suposto polo seu rato.

O Palacio Aldamar, propiedade dos avós da Raíña Fabiola de Bélxica e 
mentores de Balenciaga nos seus inicios,é o edificio que xunto á 
recente obra alberga o museo.
A continuación ensinovos imaxes do museo e algún dos desenos que máis nos impactaron.
 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Simplemente para gozar

Inolvidable


Ana, Rapaza Ela Diz

Cando prima a comodidade fronte aos artificios podédesvos decidir por este vestido chocolate de algodón de Girly. Un saúdo Ana.


Patricia, Rapaza Ela Diz

Na foto podedes ver a Patricia con  un vestido de encaixes de Whiz. Grazas por todo,  vémonos á volta da vosa viaxe, saúdos


Beatriz, Rapaza Ela Diz

Beatriz aínda que Compostelá vive en Santa Cruz de Tenerife como se ve nese moreno que loce. Na foto cunha saia de seda de Whiz. Apertas


Adianto Outono Inverno 2011 2012

Despois desta ponte tan longa en Compostela podemos anunciarvos unha chea de novidades en Ela Diz. Para empezar xa temos un pequeno adianto da nova tempada e ademais temos o pracer de presentarvos unha nova colección de complementos. Espero que vos guste!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Patricia, Rapaza Ela Diz

Dende Badaxoz, Patricia con saia moi veraniega de Whiz, saúdos Patricia.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Novos complementos en Ela Diz

Hoxe ensínovos os últimos complementos chegados a Ela Diz. As Irinas que dependendo do que che apeteza poden ser colgantes ou broches. Tédelas en dous tamaños, en diferentes cores pero iso se, todas diferentes!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Natalia, Rapaza Ela Diz

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Ensínovos o vestido de Chula en seda natural  en cor  azul eléctrico que a Natalia séntalle de marabilla. Grazas pola foto a próxima vez acompañamos a charla cun cafeciño na terraza da Praza Fonterrabia.


Mª José, Rapaza Ela Diz

Mª José chegou dende Sevilla acompañada polo seu mozo pra facer un percorrido por toda Galiza. Na foto cun vestido de Laga. Espero que disfrutedes do voso super viaxe. Moitas grazas, foi un placer falar con vos.


Sonia de novo Rapaza Ela Diz

Sonia tan simpática coma sempre esta vez con pantalón estival de Girly, estupendos para este verán que parece que por fin aparece polo norte. Sonia moitas grazas.


Ela Diz colabora co Outono Capitol Rock Festival

 A Reixa en colaboración con Raiña Productions, orgnizan os concertos de Outono 
Capitol Rock Festival etemos o pracer de colaborar con eles dende a Plataforma 
Santiaguide.
Tres marabillosos concertos que non defraudarán a ninguén. Así que para todos 
aqueles que no vivides en Compostela xa sabedes que tedes que facer un oco nas
vosas axendas nos meses de setembro e outubro!


Ensantiagodecompostela.com fala das nosas rebaixas

No portal http://www.ensantiagodecompostela.es,  falan da tolemia  das nosas rebaixas e dalgunha das novidades para a próxima tempada.


Carmela Rapaza Ela Diz

Vestido de seda en cores estivais con escote e abertura nas costas de Whiz. Grazas pola foto Carmela, un saúdo.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


Dende Vietnam, Rapaz@s Ela Diz

Onte tivemos o pracer de recibir a Laura e Diego, os deseñadores de Chula en Ela Diz. Chegados dende Vietnam coma sempre a pasar as vacacións porla súa terra. Parabens polos vosos deseños, esperamos  as novidades que sen dúbida serán tan especiais como ata agora. Bicos e grazas parella.