Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para mayo, 2013

Desexando Sorte

O post de hoxe é para deixarvos coa incerteza…. Se pasades por Ela Diz, descubriredes de que vai todo isto.

Imagen
Para os que non esteades en Compostela tentaremos amosarvos nuns días. Estaremos encantados de escoitar as vosas suxestións.


Cristina Rapaza Ela Diz

Con ganas de ir a  praia, darse un baño,e percorrer as praias de Galicia, así é como estamos nestas datas.

Imagen

A falta de Sol, terémonos que conformar con deseños inspirados no mar. Na imaxe podedes ver a Cristina cun vestido de áncoras de Nice Things e bonito escote nas costas. Apertas Cristina


Reciclando con acerto

Acabamos de recibir os novos deseños de Anuscas Family. Xa sabedes os bolsos e mochilas máis divertidos e ademais reciclados. Espero que vos gusten, pero non tedes máis que achegarvos ata Ela Diz para velos todos.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen


Nancy Rapaza Ela Diz

Continuamos a semana falando do bo traballo que se fai en Galicia.
Hoxe a quenda é de Chula, os deseñadores Galegos residentes en Vietnam e os seus orixinais deseños. Na imaxe podedes ver a Nancy con vestido de seda pintado a man, que agora mesmo xa debe percorrer as rúas de L A.

Imagen

Grazas por todo Nancy,seguimos en contacto e apertas para todas!


Zoqueando todo o ano!

É unha alegría comprobar o interese que espertan os zocos de Elena Ferro. O aprecio a un oficio artesanal  que soubo renovarse e que gusta tanto aos de aquí como aos estranxeiros que visitan Compostela.
A continuación algún dos afortunados o día do estreno!

Imagen

Imagen

zocos-eferro-Luisa  zocos-eferro-Rita

zocos-eferro-Ramón

zocos-eferro-Chus

zocos-eferro-Amelia


Cristina Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Cristina con pendentes paxaro e jade verde de Iomiss.

Imagen

Aproveito a ocasión para anunciarvos a chegada de máis novidades Imagen

Imagen

E a volta de grandes exitos como os pendentes da serie Geometric.

Imagen


Outra proposta para a primavera

Novas ideas desde noso escaparateImagen

A dereita mono da deseñadora AZabala con colgante de paseloqpase e zocos de Elena Ferro. A esquerda vestido de Nice Things con colgante de Latonta y Larubia e chapeu de papel.Imagen De seguido detalle dos diferentes complementos,

Imagen

Para rematar Artesanía Galega, bolso das Redeiras de Corme e colar de Ana Miguens.


Rapaza Ela Diz

Divertido deseño de Hoertonn. Un vestido con aire «ska» pero con un engadido importante: a mistura de cores.

Xeito habitual neste Brasileiro. Gustanos e moito!!

Imagen


Para nós e para eles!

Aos poucos e a pesar de que Ela Diz é unha tenda para mulleres, conseguimos que eles tamén teñan un pequeno oco.
Os primeiros Rapaces Ela Diz, atrevéronse cos zocos, con algún bolso ou foulard, pero a partir de  hoxe poderán escoller tamén entre os chaveiros de Peliqueiros e Cigarróns de Ana Miguens.

Imagen

Aproveito a ocasión para mostrarvos a Ana de visita pola nosa tenda

Imagen

  E alguna peza mais da súa serie do  Entroido Galego.

Imagen

Pendentes Peliqueiros e para rematar colgante Boteiro.

Imagen


Mi Clo e as Ilustracións

Hoxe estreamos  nova colección, camisetas Ilustrísimas de Mi Clo.

Imagen

Unha serie de camisetas ilustradas e deseñadas por Mi Clo.

Imagen

Edicións Limitadas e integramente realizadas en España.

Imagen
Memorias de viaxes, cidades, persoas e personaxes

Imagen

Tellados, algas, raias, follas, bichos… escenas vividas e contadas a través das ilustracións de Mi Clo. Axina tamén na nosa  tenda online!

Imagen


Dewi Rapaza Ela Diz

Imagen

Estilo pachwork de inspiración étnica e  chea de cor. Nice Things proponnos a bolsa shopping que máis  sorrisos espertou en Ela Diz. Dewi  bicos e apertas.


Letras Galegas

Atexga

Hoy celebramos el «Día das Letras Galegas» que este año rinde homenaje a la figura de Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo, actor y director de teatro. Para festejarlo os presentamos el escaparate de la tienda de moda ELADIZ en Santiago de Compostela, que lo ha dedicado a este día.

Ver la entrada original 105 palabras más


Mercedes Rapaza Ela Diz

Nestas datas os tecidos máis buscados adoitan ser o algodóns, sedas e liños. Na imaxe podedes ver a Mercedes con abrigo longo de liño de Nice Things. Con dobre botonadura, petos amplos e pescozo maho. Cómodo, práctico e moi chulo.

Imagen


Invasión de cores

Preséntovos a última incorporación a Ela Diz, trátase do traballo de Silvia, unha moza licenciada no 2009 en Belas  Artes en Pontevedra. Baixo o nome de paseloqpase.

Imagen

Acumulación mediante creación repetitiva de un mesmo elemento que se une para dar forma a accesorios de gran sutileza e sensualidade. 

Imagen

Pezas elaboradas a man partindo de algodón sintético cuberto con tecidos coloristas, cosidas una a una, e entre si, ofrecendo como resultado final, un complemento único e irrepetible.

Imagen

Para rematar e porlle cara, móstrovos a Silvia de visita pola nosa tenda.
Imagen


Irene Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Irene cun deseño de Nerea Lurgain da colección Berlin, un vestido furado con moito xogo dependendo da prenda que leves debaixo.

Imagen

A deseñadora Donostiarra ademais de ter propostas arriscadas en canto a deseño se refierte, non deixa de lado a súa faceta máis humana e atópase actualmente en Senegal. Colaborando cun proxecto interesantísimo de cooperación coa ONG Netiolió.
Grazas Irene e apertas!


Mª Jesús Rapaza Ela Diz

Si falamos de Artesanía Galega, temos que falar  dun dos deseños que máis gustaron estes últimos tempos. Os bolsos das Redeiras de Corme.
Unha aposta por dar cabida a unha profesión das de toda a vida, pero en versión renovada.

Imagen
Na imaxe Mª Jesús cun dos bolsos das redeiras. O mais cativo da colección para levar de mán e mostrar ao mundo todos os teus segredos! Apertas e grazas Mª Jesús!

 


Festexando as Letras Galegas

O  escaparate das Letras Galegas renovado con diferentes propostas.

escaparate-ela diz-mayo

Detalle do vestido da Portuguesa Pé de Chumbo con colar de pel en ouro vello de Elisa Cortés. Aos pes zocos de Elena Ferro e broches de Ana Miguens.

escaparate-ela diz-mayo1

Para rematar vestido de seda de Nice Things  levita de Mónica Lavandera, colgante de Latonta y Larubia e bolso reciclado de Anuscas Family.

escaparate-ela diz-mayo2

 


Circo

Os deseños de Emes desembarcan e Ela Diz.

Imagen

María de Miguel tras licenciarse en arquitectura e adicarse á profesión un par de anos, decidiu facer un workshop de deseño na Casita de Wendy.

Imagen

Esta primavera verán, María preséntanos a colección CIRCO.

ImagenOnde trapecistas, globos, elefantes e demais personaxes do mundo circense mestúranse en todos os seus deseños.

Imagen


Marta e Cecilia xuntas de novo.

A Marta e a Cecilia, sempre temos a sorte de fotografalas xuntas.  E é que o de ir de compras con mamá sempre mola!

Imagen

Cecilia con pantalóns edición limitada de Mónica Lavandera e Marta co vestido de da Portuguesa Pé de Chumbo. Dúas opcións moi diferentes de mans de  dúas novas deseñadoras.
Bicos e grazas guapas 🙂


Novos bolsos Reciclados

Hai uns días vos mostrabamos as mochilas recicladas de Anuscas Family. Hoxe a quenda é para os bolsos e os maxi bags. Pezas artesanais, coloridas e versatiles.

Imagen

Imagen

Obtidos da mestura de xuntar pantalóns e moita imaxinación.

Imagen

Imagen

Pensados e deseñados para poder levar de varias formas.

Imagen


Montse Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Montse cun broche de Ana Miguens. En particular un Boteiro de Verín. Aproveito a ocasión para anunciarvos que temos de novo na tenda, peliqueiros, boteiros e pantallas en diferentes formatos. Así que se o voso é o entroido, o mellor lucilo todo o ano. Apertas Montse.

Imagen


Letras Galegas

Como cada maio homenaxeamos desde o noso escaparate ao Día das Letras Galegas.

letras galegas-escaparate-ela diz3

Este ano adicado ao Compostelán Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo, actor e director de teatro.

letras galegas-escaparate-ela diz2
Temos a sorte de contar co libro «Un chapeu negro e un nariz de paiaso» da nosa amiga Montse Pena Presas, recentemente publicado pola editorial Galaxia e que o noso compañeiro de rúa, o propietario de Miranda cultura para levar conseguiuno-lo axina.

letras galegas-escaparate-ela diz1

Agardo que vos guste e como dicía o Mestre Cunqueiro «Mil primaveras máis para a Lingua Galega»

letras galegas-escaparate-ela diz


Hoxe festa rachada!

En New York teñen o Soho e nós en Compostela a Rúa San Pedro.. Hoxe celébrase a famosa Feira da Primavera, que ano tras ano vai crecendo e ampliando espazos. Actividades nas rúas, sesión vermú, concertos, postos, bo ambiente e festa rachada.

Imagen

Se pensas visitar Compostela non cha perdas, seguro que repites. Pincha aquí e descubre a súa programación.

 


Lila Rapaza Ela Diz

Á hora de reciclar e de facelo con moito gusto hai que falar de Anuscas Family. Na imaxe inferior Lila, con mochila-bolso da nova deseñadora. Unha opción cómoda e orixinal para levar todos os días. Lila grazas e apertas.

Imagen

Se vos gustan os seus deseños, poderedes atopar algún deles na nosa sección bolsos da tenda online.