Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para noviembre, 2013

Reminiscencias do século XIX

Despedimos a semana cunha blusa da colección Victorian Flowers de Nice Things. De seda, en cor area, asimétrica ou se preferides tail hem e cunha ilustración moi victoriana.

Imagen

 

Imagen


Contrastes

Só con mirar, xa te decatas.  Os contrastes son tendencia. Tanto nos zocos de Eferro como no vestido de Barbara Torrijos.

Bo fin de semana, a nós atoparédesnos como sempre os sábados de mañá e de tarde 😉

Imagen


Perspectivas

Diferentes perspectivas para un deseño de Nerea Lurgain. Da colección Perthes 2013 en gris e negro.

Imagen

Deseños que non seguen os ditados da moda.

Imagen

E que podes atopar en Ela Diz.

Imagen


Oriente Occidente

Inspiración Oriental para un vestido feito no punto máis occidental de Europa, un deseño de edición limitada e numerada de Mónica Cordera.

Imagen


A pares moito mellor.

Os aneis de Latonta y Larubia levanse a pares.

Imagen

Na imaxe Isabel combina anel concavo verde cun máis pequeno, azul e plano.

Imagen

E ti como o farías?

latonta y larubia-anillos

 


Little black dress

O que nunca pode faltar nun armario. Un vestido negro, neste caso un deseño de Mónica Lavandera, con petos, cunha solapa vertical, entallado na cintura, de edición limitada e numerada.

Imagen


Brotes verdes

Aquí están os verdadeiros brotes verdes!

Imagen

Imagen

Na imaxe Carmen que decidiu regalar un  kit de My Litlle Garden

Imagen


A saia de Carolina

A saia non ten un lagarto pintado como na de Carolina, pero non vos parece gustosa a saia da deseñadora Asturiana Mónica Lavandera?
Edición limitada e numereda para os días máis fríos.

falda-mónica lavandera-


#Compostela #Barcelona

Imagen

Dúas cidades e un mesmo abrigo.

Imagen

Abrigo de Nice Things de manga xaponesa.

Dinpoñible tamén na nosa tenda online aquí


Unha familia cos pés na terra.

Primeiro foi a nai, Ana,

Imagen

despois o pai Juan Carlos e finalmente Ignacio, o máis atrevido de todos:-)

Imagen

Rematamos ca foto dos homes da familia, de paseo por Ourense! Moitas grazas familia 🙂 bicos!

Imagen


Voadora

Que vos parecen as libélulas de Iomiss?

Imagen

Dispoñible en 3 opcións diferentes…

Imagen


Non aos estereotipos

Empezamos a semana xuzgando o papel da muller na moda. Sempre relacionada coa beleza, a mocidade, a delgadez e todo tipo de estereotipos que fan invisibles á maior parte das mulleres.
E eu pregúntome, seica todas aquelas que non cumprimos os canons de beleza non podemos ser guapas, sexys e elegantes a pesar da idade ou o físico?

Imagen

Na imaxe Benita, con vestido de Mónica Cordera.


Minientrada

Aviso

Imagen

Se aínda non saístes de casa, abrigate!!!

parka-nice things1

Parka desmontable de Nice Things.


Xa teñen dono

Ti decides a textura e a cor, a familia Eferro ponse ao choio.

zocos-eferro 3

Proximamente coñeceredes aos afortunad@s

zocos-eferro 4


Escolle o teu imprescindible

Nestas datas protexe o pescozo. Estas son dúas das propostas dos cataláns Cabanas.

Imagen

Imagen


Moito en común

Artesanía, cultura e xoias, iso é o que une hoxe ás Rapazas Ela Diz.

Imagen

Deseños realizados por Ana  Miguéns.

Imagen

Broches, pendentes, colares ti decides cal prefires

Imagen

E para rematar, móstrovos a Cyska que nos enviou esta foto desde Polonia.
Grazas a todas:-)

Imagen


Unha aposta vencedora

O branco e o negro sempre son unha aposta segura. Se ademais de combinar estas cores o fas con pezas de dous novos talentos, o resultado e o siguente.

Imagen

Na imaxe camisa de seda con transparencias en brazos e escote de María Roch con pantalón estampado de Mónica Cordera, encántanos!


Un país na mochila

Lembramos a José Antonio Labordeta e o seu programa «un país na mochila» cos deseños reciclados de Anuscas Family.

Imagen

Imagen

Imagen

Mochila ou bolso, só depende do que ti queiras!

Imagen

Imagen


A sabiduría da natureza

Imagen

Encántannos os deseños de Iomiss, de xeito especial aqueles inspirados na natureza.

Imagen

Inma cos seus twins de follas.


Unha proposta ao Concello

Que vos parece se propomos ao Concello este sinal que marque Ás Marías como lugar de interese Monumental e Cultural?

Imagen
No caso de que non o aproben, aprovéitoa eu para anunciarvos que Ás Marías  de  Ana Miguéns están de novo en Ela Diz!

Imagen


Minientrada

Decora, recicla e cuida o medio ambiente.

¿Quen será este mozo con cara de bo?

Imagen

Preséntovos a Anthony e o seu pequeno xardín.

Imagen

Unha idea que axunta: deseño, reciclaxe, produtos ecolóxicos e artesanía.

Imagen

E preguntarédesvos,  ¿que conseguimos con todos estes ingredientes? Pois a resposta é moi sinxela. Un pequeno xardín na parede, xanela ou mesa dependendo do kit elixido.

my little garden sobremesa 1
Os kits veñen con todo o necesario para ver crecer as túas herbas aromáticas, tes ou flores comestibles no lugar que o teu elixas e apenas sen esforzo.

my little garden sobremesa

O kit de mesa conten botellas de viño recicladas, bolsa de substrato, bolsa de arxila expandida, unha mecha e un paquete de sementes ecolóxicas e non tratadas.

my little garden fiestra

O kit para a parede ou ventan contén: botellas de viño recicladas, ventosa pra a sujeción en xanela, estrutura de arame, bolsa de substrato, bolsa de arxila expandida, unha mecha e un paquete de sementes ecolóxicas e non tratadas.

my little garden fiestra1
Poderedes elixir entre albahaca, albahaca vermella, cilantro, perexil, cebollino e menta.

my little garden fiestra2

Para rematar déixovos o noso primeiro xardín en Ela Diz. Agora só nos falta esperar para sazonar nosas mellores receitas cun pouco de albahaca!

my little garden fiestra- eladiz


Mocidade e arte

Unha festa, unha cea, unha cita… elixe a Mónica Cordera. Edicións limitadas numeradas e co selo de «Feito en Galicia» . Alguén dá máis?

vestido-mónica cordera1

 

pichy-mónica cordera


Unha Artista na tenda!

Faime moita ilusión a foto de hoxe. E é que artista hai moitos, pero como Ana moi poucos.
Ana para situarvos, é a artífice de todos os peliqueiros, boteiros, san andrés de teixido e marías de Ela Diz.Imagen
Na imaxe na súa última visita cun bolso de Nice Things.

Imagen

Un bico guapa e perdón polas fotos. Porque non se pode ser tan guapa e que as fotos che fagan tan pouca xustiza.
PD: un curso de fotografía non me viría nada mal, aviso para aqueles que me queran facer un regaliño 🙂


Cineeuropa

Cineeuropa
O mes de novembro en Compostela, sempre vai asociado a Cineeuropa. Este ano celebran a súa 27º edición e nós un escaparate para celebralo xunto a  eles.

Imagen

Quero agradecer aos traballadores do Teatro Principal, por darnos tantas facilidades.
A Paula Sande, por axudarnos como sempre, grazas chuli:-)
Araceli Gonda e Jorge Coira, por cedernos as claquetas, cintas de negativos… e mesmo un Mestre Mateo!

Imagen

Imagen

escaparate ropa-cineeurpa 2