Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “vestidos nice things

Topiños

Rematando agosto mais ainda con opcións nas rebaixas.

vestido-nice things-topos1

vestido-nice things-topos


A, B, C

Ollo coas letras.

vestido-nice things-ojos


Astronomía

Corpos celestes para mulleres terrestres.

image


Polo aire

Por si precisas escapar da Terra.

image


Unha de topos

No verán sempre molan os topos.

vetido topos-nice things vestido-topos-nice things


Dubidando

Os luns, ás veces custa decidirse.

Hoxe como tes o día ? De frores ou de raias ?

vestido-elisa cortés-Melissa

vestido-nice things-melissa


Cea en familia

Un clásico perfecto para esta noite, incluso para eses días non tan familiares. Boas Festas.

vestido-nice things


África Twist

África estivo moi presente esta tempada en Ela Diz.

Nerea Lurgain tras a súa estancia en Senegal, presentounos Kafountine.

Nice Things, sorprendeunos con África Twist. Colección a que pertece o vestido que podedes ver baixo estas líneas.

vestido- nice things

E ademáis tivemos a sorte de colaborar en Café con África, celebrado no AC Palacio del Carmen. Moda, pinturam música, poesía e viaxes cun nexo común: Africa.

café con África-coloquio

Café con África- vestidos

café con Äfrica-moda

 

 

 

 

 


Africa en branco e negro

Nice Things inspirouse en Africa para este vestido en branco en negro. Si vos gusta ainda temos un disponible en Compostela e na tenda online aquí. Agora cun 30 % de desconto

vestido-nice things- Julia


Chocolate e raias

A priori a mestura de negro e o chocolate non é unha combinación doada para o verán, con todo o vestido de Nice Things rompe cas probabilidades. Raias oblicuas no peito,horizontais na saia abullonada e ademais 100% liño para outorgarlle un plus nos días calurorosos.

Imagen

Disponible na tenda online aquí

Imagen


Cristina Rapaza Ela Diz

Con ganas de ir a  praia, darse un baño,e percorrer as praias de Galicia, así é como estamos nestas datas.

Imagen

A falta de Sol, terémonos que conformar con deseños inspirados no mar. Na imaxe podedes ver a Cristina cun vestido de áncoras de Nice Things e bonito escote nas costas. Apertas Cristina


Outra proposta para a primavera

Novas ideas desde noso escaparateImagen

A dereita mono da deseñadora AZabala con colgante de paseloqpase e zocos de Elena Ferro. A esquerda vestido de Nice Things con colgante de Latonta y Larubia e chapeu de papel.Imagen De seguido detalle dos diferentes complementos,

Imagen

Para rematar Artesanía Galega, bolso das Redeiras de Corme e colar de Ana Miguens.


Sarah Rapaza Ela Diz

Tras o  día de descanso e da manifestación do 1 de maio, empezamos o mes con moitas ganas de ofrecervos unha alternativa diferente á hora de vestir.

Imagen
Na imaxe superior Sarah, unha Canadense que visitou a nosa tenda hai uns días cun dos éxitos desta tempada de Nice Things. Vestido longo de seda de inspiración étnica. Un saúdo Sarah e grazas por compartir connosco unha mañá tan agradable.


Rosa Rapaza Ela Diz

Esta primavera o estilo tribal é unha das  tendencias que máis sona. Na imaxe podedes ver a Rosa cun vestido de inspiración étnica de Nice Things cun detalle que o fai aínda máis especial. A parte traseira do vestido é de encaixe e cun pequeno escote . E para rematar  nada mellor que combinalo cos preciosos zocos da zoqueira máis famosa do mundo, Elena Ferro, en cor berenxena e ca madeira tintada de verde. Bicos RosaImagen


Inundación de cores!

A choiva é algo moi do Norte, en Compostela incluso é arte!

E desde logo arte hai que ter para vestir con cores que alegren estes días tan chuviosos.
Xa sexa con pantalón ou con vestido, dalle cor a túa imaxe con propostas como as de Nice Things.

Imagen


Yolanda Rapaza Ela Diz

A piques de rematar as rebaixas de inverno e cun adianto da nova colección de verán pódense lograr combinacións perfectas como a que vos mostro hoxe.

Imagen

Un vestido  do inverno combinado cun xersei da nova tempada, todo de Nice Things. Moitas grazas por todo Yolanda, un pracer coñecerche e saber das nosas amizades comúns! 


Oh!

Por fin venres e ademais con novas propostas. ¿Quen dá máis?

Imagen

Vestido cadros Vichy.

Imagen

Mono con print floral en azul klein.

Imagen

Saia de inspiración campestre.

Imagen

Vestido de seda en verde esmeralda.

¿Que vos pareceu? A nós encántanos asi que  pensamos: mellor ensinalo aos poucos. ¡Non vaia a ser!


Olalla Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Olalla cun vestido de Nice Things, longo, en ton berenjena con print floral e petos. Todo un acerto en estilo e comodidade. Olalla unha alegría porche cara tras seguir os teus pasos polas redes co voso Picaversos. Bicos

Imagen

Se vos gusta o vestido aínda estades a tempo! só queda un, podédelo ver na nosa tenda online www.eladiz.com


Iria Rapaza Ela Diz

Unha das cousas máis bonitas que me ocurren dende  a apertura de Ela Diz, é a de empatizar con moitas das clientas, como me ocorre con Iria, unha moza coa que dá gusto falar.


Na imaxe inferior podédela ver cun deseño da temporada de Outono de Nice Things. Un vestido de táboas en tres cores con moitas adeptas, e que podedes ver xa,  na nosa tenda online
Bicos guapa e moitas grazas 🙂