Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “rua nova santiago de compostela

Por si non o sabíades.

Aínda podedes disfrutar das nosas #rebaixasdetaberna.

vestido-metal-nathalie-vleeschouwer


Non agardes, e sorrí!

O de «Sorrí e faite a foto de Nadal» refírese ao concurso, pero o sorriso tamén xorde cando estás do trinque.

xersei-ioanna-kourbela


Até en novembro!

A falta de choiva está a darnos a posibilidade de utilizar a rúa nova como escenario para as nosas fotos.

vestido-magnachaqueta-ioanna-kourbela1

E como vedes, en calquera das versións posibles, no #outono encántanos o punto.

vestido-magnachaqueta-ioanna-kourbela


Arquitectura, moda e clima.

Compostela pon o patrimonio, nos a moda e o sol xa é cousa de sorte e de mirar o que din os nosos colegas de La Fábrica Meteorológica.

mono-chaqueta-sandalias-ela diz

mono-azabala


Letras Galegas 16

Como cada ano, no mes de maio, temos o pracer de festexar o Día das Letras Galegas a través da nosa fiestra en Compostela.
Este 2016 bordámolo 😉

Manuel María-Letras Galegas 2016

letras galegas 2016-escaparate-ela diz

E aquí tedes o resultado do noso primeiro bordado en homenaxe a Manuel María.
E xa que estamos de celebracións, Felices Festas da Ascensión.

letras galegas 2016-escaparates letras galegas 2016-manuel maría-bordado

Grazas a mercería Algui, Dosel e Boh.


Ruzafa

Do Soho Valenciano á Compostela Monumental grazas a Ryanair. A conexión diaria que Compostela ten con Valencia , está a darme a posibilidade de  coñecer a medio Ruzafa.

Me contan que é  un barrio cheo de contrastes.  Cunha mestura de artistas, inmigrantes, veciños, turistas, bohemios e deseñadores. Con tendas de deseño,  tendas de barrio, cafés- teatro e espectáculos.
Haberá que ir planeando unha escapada para vervos a tod@s polo barrio.

bolsa-loqi-jordi


Vémonos en Compostela

Pode que  non escaparas uns días fora, pode que  as procesións non estén feitas  para ti, pode incluso que viñeras de visita a Compostela.

En calquera caso mañá  xoves, o venres e o sábado aquí estaremos, baixo os soportais.

rúa nova-santiago de compostela-ela diz


A través da xanela

Hoxe máis preto da Rúa.

ela diz

ela diz 1


Un Griego feito en Galicia

Para as amantes dos vestidos longos, Mónica Cordera regálanos esta xoia esta primavera verán.
Vestido plisado, con escote grego de Edción Limitada, Numerada e o que máis nos gusta, feito en Galicia.

Imagen


Búscase Fotógrafo.

Ao longo de 3 anos, organizamos unha inauguración na Praza Fuenterrabia o noso primeiro local en Compostela. Unha segunda Reinauguración o ano pasado, pola apertura da tenda  na Rúa Nova e unha Zoqueada polo noso 3º Aniversario xunto a Elena Ferro.

En todos os casos organizámolo con moita ilusión, coa axuda de amigos e familia e con moitos nervios. Pero somos tan nerviosos que nunca conseguimos boas fotos, unha pena!
Na imaxe as máis puntuais, ás 19 en punto da tarde.
Imagen

A continuación un intento de mostrar a variedade de cores e texturas dos Eferros.

Imagen

Grazas a tod@s!

Os que nos axudastes coa organización, ca difusión nos medios e aos que vos achegastedes ata Ela Diz.

Imagen

 

 


Vídeo

Ela Diz na TV de Castela e León

Hai algúns días mostrábavos aos reporteiros de Castela e León na tenda de compras. Hoxe toca o desquite e son eles os que mostran Ela Diz no seu vídeo sobre Santiago de Compostela. Mínuto 45:05
Grazas a Daniel, o protagonista que lles achega até aquí.  Ademais poderedes ver  La Maleta de Bel, A ReixaLa Tita e a súa tortilla… e moitas curiosidades da cidade!


Até logo 2013

A pesar da axuda de Andrea e  de currar o domingo, os nosos plans fóronse ao tacho.En  Pinterest todo é tan doado…

Sen piñeiro,sen calendario de advento, sen  papa noel… pero con moita cor.

Grazas Cristina, Andrea e Nati 🙂

Image

Image

Image

Image

Image

Image


Postal en formato foto

Rita envíanos esta foto desde Valencia. A pesar de encargar os seus zocos no verán, a calor do Mediterráneo non lle deixaron estrealos até hai uns días.
Un bico familia, grazas pola foto e seguimos en contacto!

Imagen


Inspiración Gaucha

De clara inspiración gaucha, María Roch proponnos estes pantalóns  que Bea combina con xersei laranxa de Nice Things.

pantalón María Roch, top Nice Things- Bea

E como Bea de gaucha ten pouco, preferiu  unhas sandalias de Eferro, para engadir un toque da terra con un producto de Artesanía de Galicia.

pantaón-maría roch & jersey Nice Things


Expo debuxos Rúa Nova

Tras coñecer aos gañadores do Maratón de Debuxo da Rúa Nova celebrado o pasado sábado, pasamos a expor os traballos dos participantes.

En Ela Diz temos na categoría infantil, o traballo de Carmen Vázquez de 6 anos de idade.Imagen
Na categoría de adultos, unha mesma visión en dúas técnicas diferentes dos nosos soportais.

Imagen

Carmen Maroño en branco e negro e para rematar unha acuarela de Antonio Garzón.

Imagen

Grazas a todos por participar, parabéns aos gañadores!

Ao resto convidámosvos a pasear pola Rúa Nova e descubrir os diferentes traballos dos participantes.

 


Carmen Rapaza Ela Diz

Os deseños reciclados de Anusca´s Family seguen gustando a todas. Na imaxe Carmen con shopping bag con moita cor e base azul mariño.

Imagen

Carmen é unha das nosas novas veciñas da Rúa Nova, da mítica Ámboa, unha tenda desas nas que entras e tardas moito moito en saír. Apertas!

Imagen