Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para junio, 2013

Planazo!

1. Acudir ás Festas da Rúa San Pedro.
2 Desfile moda no que participamos na Cidade da Cultura.
3 Mañá praia e relax
4 Partido de ascenso a segunda B da SD Compostela. Na Nave de Vidan en pantalla grande!
5 O luns inicio das Rebaixas!!!!!
E para moitos destes plans dúas propostas diferentes

Imagen

Elina con camiseta ilustrada de MiClo e a Ana con vestido de Mónica Lavandera. Dúas persoas, dous estilos, dúas deseñadoras, pero sempre deseño nacional.


Expo debuxos Rúa Nova

Tras coñecer aos gañadores do Maratón de Debuxo da Rúa Nova celebrado o pasado sábado, pasamos a expor os traballos dos participantes.

En Ela Diz temos na categoría infantil, o traballo de Carmen Vázquez de 6 anos de idade.Imagen
Na categoría de adultos, unha mesma visión en dúas técnicas diferentes dos nosos soportais.

Imagen

Carmen Maroño en branco e negro e para rematar unha acuarela de Antonio Garzón.

Imagen

Grazas a todos por participar, parabéns aos gañadores!

Ao resto convidámosvos a pasear pola Rúa Nova e descubrir os diferentes traballos dos participantes.

 


Pili #Bonavaleando

Hoxe móstrovos a foto enviada por Pili, #Bonavaleando cos seus pendentes de Peliqueiros.
Porque o entroido pódese celebrar todo o ano! Bicos Pili 😉Imagen


Cestería feita moda

Fai tempo que tiñamos en mente ensinarvos o traballo de Idoia Cuesta. Esta Guipuscoana afincada en Lugo que triunfa coa súa cestaría. Biologa de formación, chegou á cestaría a través da investigación dos tecidos, fai xa máis dunha decada.

Imagen
A Artesanía de Idoia, nace da tradición , pero experimentando  con materiais  e  volumes para deseñar e crear novas liñas e produtos.

Unha das virtudes de Idoia, é a colaboración en multiples proxectos, así a podemos atopar facilmente como docente de escolas de deseño, como colaboradora con deseñadores de moda ou en proxectos de decoración entre outras cousas.

Imagen
Se vos gustou o seu traballo, propóñovos achegarvos á tenda e ver persoalmente a serie de cestos de la que temos.

Imagen

Para rematar deixovos a Idoia de visita por Ela Diz. Zorionak Idoia eta mil esker!

Imagen


Sue Rapaza Ela Diz

Tras a Noite de San Xoan e o día festivo, empezamos en martes, cheos de enerxía e co Sol brillando en Compostela!
Aproveitando tantas boas vibracións, móstrovos na imaxe a Sue, unha Canadense multifacética. Escritora, deseñadora dun calzado curioso como o que leva na imaxe e Peregrina, xa que todos os anos realiza o Camiño de Santiago con todo aquel que se apunte á súa viaxe.
Na imaxe con vestido de Aguamarina Paris.

vestido-aguamarina paris-Sue


Rosa Rapaza Ela Diz

Este sábado,especial por varios motivos aprovéitoo para mostrarvos unha xoia moi especial.
Na imaxe Rosa con colar  de Cabanas.
ImagenFeliz San Xoan e Feliz Maratón de Debuxo, vémonos o martes de novo xa que en Galicia o luns é festivo 🙂


Aurora Rapaza Ela Diz

Para as adictas á tecnoloxía ofrecémosvos unha proposta divertida. Unha funda para levar a tablet e mesmo algo máis como podedes ver a continuación.

funda tablet-Aurora

Si queredes unha funda como a de Aurora, podedes vela na nosa tenda online, na sección de bolsos.


Minientrada

Ana Múgica convidada de excepción!

Onte a última hora decatámonos que este venres teremos o gusto de recibir en Ela  Diz a Ana Múgica.

Imagen

A modelo Compostelá portada de Revistas  como  Vogue ou Elle, será por un rato Rapaza Ela Diz !
Imagen

E vos pregunaréis, ¿A qué se deben estes privilexios?  Cóntovos:
O Concello organizou Sensation-all Compostela 2013, un programa de dinaminación comercial, no que temos a sorte de participar.

Imagen

Mañá venres ás 10 da mañá teremos  sesión de fotos e vídeo con Ana na tenda, os interesados poderedes achegarvos até aqui.
E se isto fose pouco, o próximo 29 de xuño verémonos na Cidade da Cultura!


Kathleen Rapaza Ela Diz

Os monos seguen sendo tendencia este ano, e para nós os da deseñadora AZabala, son sempre un acerto.Imagen
Na imaxe superior podedes ver a Kathleen con mono-camisa curto da deseñadora vasca. Elegante, feminino, sofisticados e moi cómodo. Bicos Kathleen


Amy Rapaza Ela Diz

Uno dos artigos máis delicados e con máis encanto desta tempada, son os foulares pintados a man por María Feijoo.
Pequenas obras de arte en seda para levar ao pescozo… ou para decorar o teu recuncho preferido na casa.

Imagen
Na imaxe Amy encantada de levar un recordo made in Galicia.


Sara Rapaza Ela Diz

Empezamos a semana con deseño Portugués. Na imaxe Sara con vestido de Pé de Chumbo. Moda Artesanal feita aquí a beira.

Imagen


Namoradas de Latonta y Larubia

Como ben di o título de hoxe, todas namoradas das xoias de Latonta y Larubia.
E é que tanto as Compostelás como as de fóra vólvense tolas cos seus deseños.
Na imaxe Teresa con colgante de esmalte.

Imagen

A continuación a Orla decidiu levar a Irlanda este colgante.

Imagen

E para rematar as Alemás Ute e Christine toleando cos aneis e pendentes.

Imagen

Bicos!


Unha Diva como nos 70

Aproveitando que o Sol fai acto de presenza, móstrovos un dos nosos «Floppy hats» ou chapeu de á ancha.

Estes chapeus fixéronse moi populares nos 70 con divas como Faye Dunaway, Jane Birkin ou Brigitte Bardot.
E nós  temos á nosa claro, na imaxe Luz, co seu floppy 100% de papel. Bicos e gracias 🙂 🙂

Imagen


Elena Rapaza Ela Diz

Estes últimos anos os tocados souberon atopar o seu oco e son moitas as apaixonadas que non dubidan en levalos, sobre todo en ocasións especiais.

A min persoalmente non me gustan moito, pero cambiei de idea en canto descubrín o traballo de Andrea Baragaño.

As súas pezas integramente realizadas a man, non son tanto tocado  senón máis ben diademas e ademais das que podes levar calquera día!

Imagen
Na imaxe Elena con diadema da serie Nazaré con posibilidade de  levar como colgante.
Apertas Elena, seguimos en contacto!


Maratón de debuxo

O vindeiro sábado 22 de xuño celebramos un Maratón de Debuxo!
Os traballos efectuaranse ao aire libre nas rúas Rúa Nova, Xelmirez,Tras Salomé, Entrerrúas, e Cantón do Toural, de Santiago de Compostela.

Imagen

A técnica será de libre elección dous participantes, pero ou debuxo deberá de estar
relacionado con elementos dás Rúas. Buscamos atopar obras que consigan captar a esencia desta zona tan emblemática de Compostela.

Haberá dúas categorías:

  • 1ª Categoría: De 14 anos en diante
  • 2ª Categoría: Ata os 14 anos (deberán estar acompañados dun adulto)

Poderán participar no Concurso cantas persoas o desexen, sen limitación algunha.

Para participar poderán inscribirse previamente indicando nome, apelidos, idade, teléfono e correo electrónico, no seguinte enderezo electrónico ruanovacompostela@gmail.com, ou directamente o día 22 de xuño a partires das 10:00 hs no número 38 da Rúa Nova.

Para mais info visitade a nosa páxina do facebook Rúa Nova Compostela e para leer as bases e os Premios na seguinte ligazón aquí 🙂

 


Tradición & modernidade.

Faime moita ilusión falarvos de novo do traballo das Redeiras de Corme, mulleres cun traballo quizais pouco grato e non demasiado valorado ao que souberon darlle unha volta .
Imagen Na imaxe podedes ver a Ana, coa que puiden gozar dun intre divertido e que como podedes imaxinar toleu cos bolsos entre outras cousas.

Imagen
Un pracer charlar contigo Ana e por suposto un abrazo  Rosa e Mª Jesús ás que por fin puiden coñecer persoalmente e as creadoras deste e outros interesantes traballos.


Sorrisos e moita sorte

Empezamos o mes de xuño desexando sorte a todo o mundo.

Imagen

A nosa idea orixinal era facer un vídeo do noso escaparate para que puidésedes ver á os nosos gatos en movemento. Tras varios intentos errados, terémonos que conformar coas fotos.

Imagen

Aos pes do mais grande o traballo de Ana Miguens.Imagen

Mono e chaqueta de Nice Things con colar de Paseloqpase e mochila reciclada de Anuscas Family.

Imagen

Vestido Malahierba Atelier combinado con foulard das Redeiras de Corme, pendentes Iomiss e gorro para cando saia o sol.

Imagen

E na estantería os zocos de Eferro.

 


Encina Rapaza Ela Diz

Outra proposta de Deseño Galego que poderedes atopar en Ela Diz, son as xoias realizadas por Silvia.

Imagen
Na imaxe superior, Encina con pendentes de paseloqpase. Un xeito divertido  de alegrar o rostro. Apertas!


Zocomanía

Zoqueando by Elena FerroImagenXa sexan de pelo, ou coiro, descalzos para os días asollados, ou pechados para as  máis seguras.

Imagen

O caso e calzar e facelo con Zocos Galegos. Estes modelos xa teñen nome, así que é un adianto para as máis ansiosas.

Imagen


Frida Kalho Rapaza Ela Diz ?

Está claro que nunca teremos o pracer de ter a Frida Kalho en Ela Diz, pero se que tivemos ao seu dobre.
Iso é o que pensei en canto Eugenia entrou pola porta. De Bos Aires, guapa con clase e encantadora con mono da deseñadora AZabala.

Imagen
Un saúdo aos dous, espero que gozásedes do voso periplo pola Peninsula e xa me diredes que vos pareceron os Castelos de Sintra. Bicos


Dúas mulleres é un mismo concepto.

Xa vos falei máis veces do traballo de reciclaxe  de Anuscas Family. Hoxe amósovos dous dos seus deseños.

Imagen

Sabela con mochila e Marta con maxi bag.

Imagen

Dúas opcións diferentes co mesmo punto de partida. Orixinalidade, cor e reciclaxe.


Iria Rapaza Ela Diz

Desde a súa chegada non fai moito tempo, as camisetas ilustradas de Mi Clo, foron todo un éxito. Edicións limitadas dunha serie de «viaxes»  da colección Ilustrísimas.

Imagen

Na imaxe superior Iria con camiseta San Francisco. Apertas e grazas por ser tan xeniales, bicos aos tres!

 


Jury Rapaza Ela Diz

Cando falamos de Deseño Portugués en Ela Diz, temos que falar de Pé de Chumbo. Na imaxe podedes ver a Jury cun vestido de algodón en gris, verde e laranxa e con petos aos lados. Apertas e grazas guapa!

Imagen


María Rapaza Ela Diz

Rematamos a semana  con Artesanía Galega e da que alegra a calquera. Na imaxe María con broche de Peliqueiro de Ana Miguens. Un xeito bonito de levar parte da Terra cando vives lonxe dela. Apertas e gracias.

Imagen