Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “Santiago de Compostela Kleider

+Combinando

Non estan os tempos para cometer excesos. Así que hoxe imos sacarlle partido a un vestido de voda.
Combínao cunha chaqueta de punto e se cadra, engadelle un cinto.

vestido Elisa Cortés- chaqueta punto

Se a voda é en setembro, poderás lucir o escote que ten nas costas e darlle un toque de cor cun cinto de plumas.

vestido-ElisaCortés&fajín-MónicaCordera


De 1930 a 2014

Coco Chanel incorporou a vestimenta dos mariñeiros á moda feminina. Esta tendencia tan recorrente nos meses de verán, poderémola ver tamén este outono inverno.

coco chanel-camiseta marinera

En branco e negro Coco Chanel marcando tendencia na riviera francesa nos anos 30. No 2014 en Compostela, proposta da diseñadora AZabala para o próximo AW/14-15

vestido-azabala

 


Mosaico e mangas curtas

Azulón para o liño e mosaico colorido para unha mestura de seda e algodón. Vestido de Proyecto G

Imagen

Imagen


Chocolate e raias

A priori a mestura de negro e o chocolate non é unha combinación doada para o verán, con todo o vestido de Nice Things rompe cas probabilidades. Raias oblicuas no peito,horizontais na saia abullonada e ademais 100% liño para outorgarlle un plus nos días calurorosos.

Imagen

Disponible na tenda online aquí

Imagen


Kafountine 16° 44′ 20″ W

Por fin móstrovos un par de exemplos do traballo de Nerea Lurgain.
A deseñadora Donostiarra, preséntanos Kafountine. Porque na moda non todo é frivolidade.

Imagen

Imagen

O nome da a colección provén do poboado ao suroeste de Senegal no que Nerea colaborou coa ONG Neotiló.
Neotilió traballa con nenos e mulleres de Kafountine. Nerea participou na reparación da escola, actividades de manualidades e debuxo cos nenos do poboado e axudou a impulsar o proxecto «Vístete»: unha escola de costura a través da cal as mulleres de Kafountine atopan un modo de vida digno, deseñando e vendendo vestidos feitos co «kanga» ou tea africana.

De seguido imaxes tomadas en Kafountine no 2013.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen