Ela Diz na Fashion Nigth Compostelá.
Alégranos dicirvos que Ela Diz xunto con Matrioska e A Reixa sumámonos o vindeiro venres 4 de Novembro á Fashion Night de Santiago de Compostela como representantes da Plataforma Santiaguide. Dende as 20:30 ata as 00:00 h poderédesnos atopar con importantes descontos ademais doutras sorpresas... O venres xa non hai escusa para saír a mercar!
Encarna, Rapaza Ela Diz
Na imaxe Encarna con leggings de pana en cor negro da casa danesa Signal, calentiños, cómodos e moi favorecedores. Grazas Encarna vémonos!
Ana, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Ana cun vestido de Luna Moreno en tons crema e pedra con manga francesa e como é habitual con patróns que xogan con liñas rectas e volumes. Ana grazas por todo, a próxima tócanos a nós visitarche e poder gozar dos teus pratos.
Manuela, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Manuela cos zocos mais animais da colección de Elena Ferro. Grazas Manuela e saúdos pra ti e o resto do grupo, espero que sexan un exito en Catalunya!
O escaparate de Ela Diz
Ensínovos o cambio de escaparate de Ela Diz. Podedes atopar deseños de gente emerxente como Amaia Zabala, Elena Ferro, Julia Figueroa, Manitas de Prata, Chula ou marcas máis consolidadas como Signal, Bande Originale, Laga ou Celine.
“Aitormena” versionada por “We are Standard”
Hoxe levanteime un pouco melancólica, e a mellor forma de animarse, é escoitando a versión que fixeron “We are Standard” de Aitormena. Para todos os amigos de Euskal Herria, bihotzez!
Novidades de Ambrosia Pitigüil
Ensínovos as últimas novidades chegadas desde Bilbao da man de Ambrosía Pitigüil. Vestidos de punto para o inverno cun aire moi feminino á vez que confortables.
COMENTARIOS