Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para abril, 2012

Araceli, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Araceli cun dos deseños de Amaia Zabala. Araceli decidiuse polo vestido drapeado de satén co que acudiu aos Premios Mestre Mateo celebrados este sábado.


Araceli moita graza e parabens polo Premio á mellor obra interactiva do 2011!


Deseño emerxente de mans de Amaia Zabala

Ainda que vos mostrei a  algunha «Rapaza Ela Diz», con pezas da deseñadora  Amaia Zabala, hoxe quérovos mostrar un pequeno resumo da súa colección para esta Primavera Verán 2012.

Ademais de amiga e de ser Donostiarra debo declararme fan do seu estilo urbano, elegante, comodo e orixinal. Un bico moi grande Amaia, espero que podamos vernos pronto.

A esquerda da  imaxe blazer oversizee,  a dereita mono curto de satén con detalle na parte superior

 

Vestido de satén drapeado con cinto

Mono longo  de satén con cinto semi oculto

Vestido drapeado de satén con detalle na parte superior

Top dobre de gasa e algodón

Detalle do topo dobre


Alba, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Alba cun vestido da firma Nice Things. De seda cunha combinación de cores tostadas e un toque verde no cinto que lle da un aire oriental ao vestido. Parabens Alba e moitas grazas!


Cea Solidaria Colabora Birmania

O boca a boca fixo que coñecésemos a ONG Colabora Birmania que realiza un labor impagable cos nenos Birmanos refuxiados en Tailandia.
Se che interesa o proxecto, visita a súa páxina e descobre como colaborar con eles.


Para os que estades en Santiago de Compostela existe a posibilidade de asistir á Cea Solidaria o próximo día 12 de maio no NH Obradoiro.


Madoka, Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos a Madoka con pendentes de Julia Figueroa, uns aros de latón e  pedra natural.

 

Madoka foi un pracer falar contigo, moita sorte alén  no teu próximo destino e grazas pola info sobre a comida xaponesa, tentarei polo en práctica…


Un pequeno detalle

Xa queda pouco para o día da Nai, así que se queredes sorprender á vosa con algún pequeno detalle propóñosvos unhas cantas ideas segundo os seus gustos e personalidade. Porque un pequeno detalle alégranos a todos o día.

Camiseta flamencos con cinto charol rosa

Pendentes «la tonta y la rubia» feitos con reciclaxe de mobles

Bolso de ante con topos en cor mostaza

Foulard branco e negro  Oriol e Cabanas

Carteira vintage de Nice Things

…………………………………………………………………………………………………………………..continuará…………………………………………………………………………………………………………………………………………………….


Ana, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Ana cunha das propostas  da deseñadora  Amaia Zabala. De satén negro,  un mono curto e con detalle transparente na parte superior. Un pracer coñecerche Ana, moitas grazas e un bico ás dúas.


Para escoitar un sábado pola noite!

Con cancións como «Your Loft My Acid» do grupo británico Death in Vegas desexando que chegue a noite. «. Nesta ocasión móstrovos o vídeo que L´oreal fixo para a presentación do seu novo produto.


Purificación, Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos  a Purificación cun dos bolsos de Ana Yaiza, en concreto o de franxas en tons rosas cheo de bicis. Grazas Purificación, espero que todo vaia ben na túa próxima visita a Madrid, apertas!


Mª Luz, Rapaza Ela Diz

Na foto podedes ver a Mª Luz cun aire mariñeiro, ao combinar o vestido da firma francesa Mado co blazer de Nice Things. En diferentes tons de azul e todo cheo de raias. Mª Luz un pracer charlar contigo e moitas grazas.


Isabel, Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos a Isabel con un bolso da firma Nice Things. Con apartados interiores para levar o portatil e coa posibilidade de levalo ao ombreiro. Grazas Isabel


Clara, Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos un look asinado pola deseñadora Galega Sara Coleman. Leggins engurrados brancos e unha camiseta asimétrica coral con moitas posibilidades, xa que permite levala do dereito e do revés e sempre cunha imaxe diferencte. Grazas Clara, un pracer


Marta, Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos un dos deseños da moza AZabala. A deseñadora vasca afincada en Londres proponnos un mono curto de satén negro, xuvenil e moi cómodo. Marta como sempre grazas e un bico ás dúas.


Raquel, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Raquel cun vestido dos deseñadores Galegos, Chula. De seda branco, con bordados endiferentes cores  formando unha  flor. Apertas Raquel e moitas grazas.


Inés, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos un dos vestidos da nova deseñadora Amaia Zabala. De satén azul, cun drapeado único, o vestido complétase cun cinto. Inés moitas grazas e apertas !


Vari Caramés en Ela Diz

Onte tivemos o pracer de recibir a visita do fotógrafo Vari Caramés, que se atopa preparando a súa Primeira Retrospectiva «Ritmo mareiro» na Sala Rekalde de Bilbao.


A súa curiosidade xuvenil, ningún medo a equivocarse e a inexperiencia co medio, fixeron dos seus experimentos fotográficos o seu estilo persoal.


Hai case un ano, Ela Diz utilizou unha das súas fotos para o escaparate que fixemos dedicado a Lois Pereiro, homenaxeado no Día das Letras Galegas.


Moitas grazas Vari, un bico para ti e para Angeles.


María, Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos un dos bolsos da firma Nice Things.

De vimbia bicolor e cunha dobre función de bolso e mochila para utilizalo dependendo da ocasión. Moitas grazas María e saúdos


Helen, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Helen cunha camiseta da firma francesa Mado. De tiras, axustada ao corpo e dunha cor azul irresistible. Helen moitas grazas


Teresa, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Teresa cun vestido das deseñadoras Luna Moreno. Unha combinación de negro e gris roto por pequenos detalles en branco. Grazas Teresa e apertas para ti, Raquel e mais para Pepa!


María, Rapaza Ela Diz

 

 

 

 

Na foto amósovos a María vestida de Scaline, a nova deseñadora Inglesa. Un conxunto de vestido e blazer en tons  rosa e berenxena. Moitas María pola túa colaboración.


Natalia, Rapaza Ela Diz


Na imane superior amósovos un deseño da firma Nice Things. En seda e coma sempre chea de cor. Grazas Natalia por todo.


Novos bolsos e carteiras

 

Móstrovos as últimas novidades en Ela Diz. Os bolsos, carteiras  e coderas dunha canaria, Ana Yaiza.

 

Un traballo completamente artesanal no que mesmo deseña as ilustracións coas que logo enche todo o seu traballo.
Os bolsos e moedeiros combinan tea con coiro e unhas preciosas boquillas en dourado.
Espero que vos gusten tanto como a nós!


Encarna, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver un vestido da deseñadora AZabala, a xoven Donostiarra afincada na actualidade en Londres. Neste caso trátase dun vestido negro drapeado e con detalle de rede nun dos ombreiros que a Encarna séntalle moi ben. Grazas Encarna e apertas

 


Vanesa, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Vanesa cunha camiseta en cor nude e ribetes en branco nas mangas e a parte inferior,  da firma francesa Mado. Moitas grazas Vanesa