Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para enero, 2013

Novas propostas e descontos do 50%

Rematamos o mes de xaneiro con descontos do 50%. Mentres aproveitamos para ensinarvos as últimas propostas da semana.

ImagenImagenImagen


Eugenia Rapaza Ela Diz

Ás veces  entre o cambio de escaparates, a atención a tod@s os que vides pola tenda, a busqueda de novos deseñadores… e outras moitas cousas como gozar dun delicioso cafe, esquezo  algunha das  fotos que de maneira tan desinteresada deixádesme que vos faga.
Isto é o que me ocorreu con Eugenia, á quen podedes ver cunha chaqueta dos deseñadores con sede en Barcelona, Malahierba. Apertas guapa e grazas!

Imagen


María Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a María cun vestido dos franceses Mado et les autres coa parte superior gris e detalle de encaixes e a parte inferior con print floral.
María moitas grazas, apertas para ti e as amigas en común! Bicos.

vestido-mado et les autres-María


As mesturas sempre foron boas!

Que poden ter en común unha Matemática, a Libraría  feminista  Lila de Lilith, un  bo fotógrafo e  Ela Diz ?
Déixovos unha imaxe como anticipo, pero non deixedes de pasarvos polo blog de José Paz para  descubrir o seu traballo e por suposto saber máis desa Matemática!!

Imagen


Elana Rapaza Ela Diz

Para días fríos como os de hoxe nada mellor que saír abrigada e se o fas cunha peza especial, moito mellor.

Iso é o que lle pasará hoxe a Elena co seu abrigo de la de AZabala.
E aproveitando que falamos de Elena, vos quieron falar do seu novo proxecto. Roompedra, Imagenapartamentos nunha das miñas rúas preferidas, Rúa dás Hortas cunha decoración espectacular  e coa simpatía dos seus donos. Un acerto se vides a  Compostela.


Ao carallo ca lista Pantone!

Hai uns día a nosa meteoróloga preferida, Beatriz Hervella e cofundadora da empresa 4 gotas atmósfera & océano que está a piques de iniciar a súa andaina, serviunos de inspiración, explícovos.

Pantone sacou a lista das cores mais fashion para a próxima primavera e entón pensamos. Pero que carallo saberán os de Pantone en canto a tendencia de cores respecto dos zocos.

Sen dúbida, a tendencia son o berenjena e o verde…e  proximamente porémoslles cara!

Imagen


Pilar Rapaza Ela Diz

Xoias até na cabeza, iso é o que ocorre cando descobres o traballo de Andrea Baragaño. En especial a súa colección 1968 Nazaré, colección de tocados inpirados nunha maleta que Andrea atopou nun mercadillo, da que obtivo o nome do dono, unha dirección na nosa veciña Portugal, en concreto Nazaré e o cheiro a coiro vello.

Imagen
Na imaxe podedes ver a Pilar cun deses tocados que ademais ten un dobre uso, porque se pode levar tamén como colar.
Grazas Pilar.

Imagen


Pilar Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Pilar cun vestido de topos en cor berenxena asinado pola firma vasca Laga. Con corte baixo o peito, manga francesa  e un bonito escote camisero. Apertas Pilar.

Imagen


Descontos do 40% e moitas ideas!

Novas propostas desde o escaparate  de Ela Diz. Agora cun 40% de desconto.

Imagen

Vestido longo en cor berenxena combinada con parka mostaza e colgante da serie Tempo.Unha opción para un día de paseo.

Imagen

Unha opción para aquelas que teñen que gardar as formas no traballo,  vestido gris ceñido o corpo cun blazer negro e un divertido colgante para alegrar a xornada.

Imagen

E para rematar zocos e agasallos divertidos integramente feitos en Galicia.

Imagen


Teresa Rapaza Ela Diz

Por onde empezamos hoxe… polas xoias ou pola roupa. É igual porque en ambos os casos Teresa é a protagonista do día.

Imagen
Na imaxe superior, podedes vela cuns bonitos  pendentes de Latonta y Larubia, e a continuación cos pantalóns mais coloridos deste inverno de Aguamarina Paris.

Imagen
Un saúdo Teresa e grazas por todo.


Vídeo

Bat bakarra munduan

Gora Donosti! Guk ere ospatuko dugu!

Donosti eguna1

Donosti eguna

Donosti eguna3

Donosti eguna2

 


Vídeo

Unha boa mestura

Fai moito que non soa a música por aquí. Hoxe faino da mans de Vicente Amigo co seu videoclip Roma que forma parte do seu próximo disco Terra. Unha mestura de flamenco e música celta e cunha gravación que aos Picheleiros vailles a gustar en especial. A fortes choivas boa música.


Isabel Rapaza Ela Diz

Hoxe toca falar de xoias, e non de calquera tipo de xoias senón das boas, das asinadas por Latonta y Larubia.
Na imaxe podedes ver a Isabel cun deseño con aire vintage.

Imagen
Para aqueles que non coñezades a esta parella de artistas, só dicirvos que as súas pezas de aire romántico, ademais de únicas están realizadas reciclando ornamentos de mobles antigüos.


Xuntos pero non revoltos

A vispera de Reis os protagonistas do día foron os zocos de Elena Ferro . Hoxe os protagonistas en cambio son outros. Iso se, tod@s teñen algo en común, o sorriso e ilusión ao descubrir os seus zocos personalizados.

zocos-eferro-Laura

Laura camuflada cos zocos de pelo con print animal.

zocos-eferro-Irene

Irene cos zocos berenxena a piques de marchar a Londres, donde seguro que fan estragos.

zocos-eferro-Victor

Victor lembrando os seus anos de mocidade cos seus zocos de pelo marrón e converténdose no home máis fashion de Compostela.

zocos-eferro-Carmen

Carmen simplemente feliz, cos seus zocos de coiro e pelo en cor berenxena.

zocos-eferro-Jana

Jana a mais exótica e divertida cos zocos de coiro e pelo en berenxena verde e rosa fuxia.

zocos-elena ferro-Iria

A televisiva Iria de Tourilandia, con cara de pilla estreando os seus zocos de pelo berenxena.

Grazas a todos por formar parte das Rapaz@s Ela Diz,bicos e apertas!


Ideas para as Rebaixas

O martes día 15 Ela Diz permanecerá pechada. Temos visita dende Euskal Herria e ímonos de paseo todo o día!  Mentres novas ideas desde o noso escaparate, agora cun 40% de desconto.

escaparate-eladiz-xaneiro

escaparate-eladiz-xaneiro1

escaparate-eladiz-xaneiro2


Macamen Rapaza Ela Diz

Empezamos a semana cunha foto que me envía Cristina. Na imaxe podedes ver a Macamen en plena celebración co colgante da serie «Circus» de Lindo Ron e que Cristina regaloulle á súa amiga pola súa xubilación.
Grazas ás dúas e apertas!

Imagen


Feli Rapaza Ela Diz

Bos días xente, e feliz sábado!

Hoxe empezamos o día cun deseño da Donostiarra Nerea Lurgain. Unha moza con moito talento, que ademais de visitarnos o verán pasado na tenda, pódeselle ver no EGO da Mercedes Benz Fashion Week Madrid.
Na imaxe podedes ver a Feli moi felina con camiseta de volantes  e detalle nos ombreiros. Apertas e grazas Feli.

camiseta-nerea lurgain-Feli


Raquel Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos a Raquel cun vestido da deseñadora Elisa Cortés.

Imagen

Un clásico en negro axustado á cadeira e con escote drapeado. Raquel espero que o pasases moi pero que moi ben, grazas  e bicos.

vestido-Elisa Cortés-Raquel 2


Tempo de oportunidades.

Para os que non lestes a prensa onte, El Correo Gallego publicou un artigo sobre as oportunidades que existían en Compostela coa chegada das rebaixas. A xornalista e blogger de yo no soy una it girl, fixo un repaso das mellores oportunidades que se poden atopar agora mesmo na cidade incluíndonos a nós, como podedes ver a continuación.

rebaixas Correo Gallego


A Ilusión da Inocencia

Hoxe preséntovos a Gabriela un exemplo perfecto da maxia e da ilusión polos Reis Magos.
E é que este Nadal tivo a sorte de que lle regalasen estes preciosos zocos de Eferro.

De seguido, Gabriela a máis novas das Rapazas Ela Diz en acción. Un bico para tí e o para o resto da familia mais cool de Compostela.

Imagen


As Rebaixas e a tecnoloxía.

En plena era dixital onde case todo o mundo tolea  por un smart phone, unha tablet,  ou a última novidade tecnolóxica, atopamos unha imaxe moi inspiradora en pleno centro de Barbantes. Un bico forte para a familia González, sodes únicos ! e por suposto outro para o fotógrafo !

rebaixas xaneiro

 

rebaixas xaneiro 1


Agora empeza o mellor!

Despois da resaca de comidas familiares, moito viño, champaña, licores e moitos agasallos, empezamos cos plans para un Novo Ano cheo de retos como ir ao ximnasio, deixar de fumar, as clases de inglés e as REBAIXAS quen dá máis?

regalos nadal-Eva

Na imaxe podedes ver a Eva en acción!


E ti, de quen ves sendo?

A poucas horas para a Noite de Reis  e O Apalpador que nos acompañou todas as festas este foi o resultado.

Reis 1

Zocos… para todos os gustos!

Reis


Montse Rapaza Ela Diz

Montse é unha desas clientas que a pesar de coñecela desde que abrimos a tenda nunca cadrara o de ser unha Rapaza Ela Diz… até hoxe!

vestido-malahierba-Montse
Na imaxe cun deseño de Malahierba atelier, un vestido nunha bonita cor azul con ilustracións como é habitual nas súas pezas.
Montse grazas por ser así, un bico guapa!