Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para julio, 2013

Rapazas Ela Diz

Imagen

Eleanor e Jeanette visitáronnos hai uns días e na imaxe podédelas ver con camiseta de Dear Tee e vestido de Malahierba Atelier. Dous estilos e dous prezos xa que combinan o recen chegado coas rebaixas.


Yolanda Rapaza Ela Diz

Cando falamos de xoias sempre tocan primeiros planos. Na imaxe Yolanda con pendentes de Latonta y Larubia.  Un pracer coñecerche  e grazas.

Imagen


Alicia Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Alicia con vestido dunha das últimas deseñadoras en chegar a Compostela, Barbara Torrijos.

Imagen


Sorpresa!

Imagen

En Ela Diz tamén temos a opción de facer regalos para grupos. Esta é a imaxe final, as afortunadas terán a resposta do segredo:-)


Sen palabras

Hoxe por respecto a imaxe do día será en negro.

Imagen

Quedámonos coa parte positiva da traxedia. A resposta cidadá e o comportamento dos veciños do Barrio de Angrois.


Hoxe rachamos

Espontáneo, simpático e atrevido. Coa camiseta de Dear Tee de Karl Lagerfeld, así da gusto!

Desexámosvos Feliz Día da Patria Galega! Vémonos o venres 🙂

Imagen


Soa ou en compañía

Os peliqueiros de Ana Miguens pódelos comprar soa ou en compañía. Todo depende de como prefiras ir de compras!

ImagenImagen


Merche Rapaza Ela Diz

Empezamos a semana con Moda Artesanal. Desde Portugal e de mans de Pé de Chumbo, deseños orixinais e feitos a man, como o que leva Merche en organza de seda. Apertas e moitas grazas.

Imagen


Sira Ryf

Rematamos a semana con novidades!!!
Presentámosvos a Sira Ryf, unha moza Suíza fincada en Madrid.

Imagen

Tras traballar na Alta Costura en Madrid e Nova York, con deseñadores como Javier Larrainzar, Angel Schlesser ou Yigal Azrouël, en marzo da  2010 lanza a súa primeira colección.

Imagen

Colecciones independentes, cun concepto distinto, non só material, senón que evoque na muller unha actitude positiva, conectada á súa feminidade, á seu sentir, e ás súas necesidades do día a día.

Imagen

Imagen
Integramente realizado en España e Portugal, con pinceladas exóticas, Sira produce á marxe das tempadas.

Imagen


Minientrada

Caroline Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Caroline cun vestido de Chula. Xa sabedes, artesanía pura realizada en seda e este concretamente cun significado moi especial para min. Vestido inspirado na escultura de Eduardo Chillida.

Imagen

Grazas Caroline, e recorda próximo destino Donostia:-)


Nieves Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos unha interesante combinación de mans de dúas rapazas con moito talento. Unha, deseñadora de moda e a outra artífice de dar continuidade ao oficio de zoqueiro, practicamente perdido.

Imagen
Na imaxe Nieves con vestido da Donostiarra AZabala e sandalias de Eferro, from Merza of course!
Bicos Nieves e grazas.


Hilde Rapaza Ela Diz

Imagen

Na imaxe, Hilde ca derradeira mochila de Anuscas Family. Reciclaxe e  colorido que paseará por Italia. Un saluto a tutti 🙂


Surrealismo Zoqueiro

¿Que vos parece a foto que me enviou María cos seus Eferro por Madrid ? Eu pensei que era na exposicion de Dalí, pero María corrixiume e díxome que era  na Casa Encendida
Bicos para ti e para o artísta-mensaxero!

Imagen


Marisol Rapaza Ela Diz

O disñador Brasileiro Hoertonn e a súa  mestura de cores. Bicos Marisol

Imagen


Peliqueiros para elas, Peliqueiros para eles

A nosa querida Ana Miguens, realizou un encargo moi especial para vinteunha mulleres e dous homes.

Imagen

Peliqueiros en dúas versións: broches para elas e chaveiros para eles

Imagen

#peliqueiromanía #compostela #entroidonoverán

Imagen


Gulnaz Rapaza Ela Diz

Da colección Geometry de Nice Things, vestido de seda en verde esmeralda e vivos en azul, un vestido perfecto para os días calorosos e que Gulnaz paseará por unha das miñas cidades preferidas, Istambul. Bicos & teşekkür ederim !

Imagen


Combinación perfecta!

Hoxe móstrovos un dos deseños máis especiais da nosa querida AZabala. Mono drapeado  cor nude e aínda por riba con colar de pel en ouro vello de Elisa Cortés. Un bico 😉

Imagen


Non todo ían ser rebaixas !

Desde agora mesmo en Ela Diz, podedes atopar as camisetas Dear Tee.

Imagen

Divertidas e cheas de cor
ImagenCon un toque de humor e como eles mismos din, «convertirase na túa camiseta preferida»

Imagen

Imagen

Imagen


Mª José Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Mª José con bolso de pel e chochet de Nice Things. Unha bonita combinación en tons verdes e  con detalle en amarelo na asa. Grazas Mª José e por certo xa me dirás cal é o truco para que che coiden tan ben no  » Bigotes»;-)

Imagen


Anabela e Carolina Rapazas Ela Diz

Empezamos a semana con dúas amigas que nos amosan dúas alternativas diferentes, pero ambas moi fresquiñas. Camiseta de edición limitada de Mónica Lavandera e shorts de Bande Originale. Un pracer coñecervos a todas, bicos!

Imagen


Toñi Rapaza Ela Diz

Para todos os que ledes o blog, Ana Miguens e os seus deseños de peliqueiros, boteiros e pantallas sóavos, verdade?

Imagen
Pois hoxe móstrovos o seu último éxito. Os colares de San Andrés de Teixido, xa sabedes, o que non vai de vivo vai de morto.
Lugar indispensable para visitar se aínda non o fixestedes e deseño para lucir con orgullo como fai Toñi. Apertas guapa, vémonos axiña!


Nazife Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos a Nazide cun deseño moi especial dos Cataláns Malahierba. Unha alternativa interesante  para saír esta noite calorosa.

Imagen


Cristina Rapaza Ela Diz

Cada tempada, a familia AZabala amplíase e é que os deseños desta moza Donostiarra gústannos a moitas:-)

Imagen

Na imaxe  superior Cristina con vestido drapeado de AZabala, outra das incondicionais da deseñadora. Apertas guapa!


Carlota Rapaza Ela Diz

Os deseños do Brasileiro Hoertonn gustan pola súa comodidade e polo seu colorido. Unha boa opción para o día a día. Na imaxe Carlota con vestido azul e detalle en rosa fucsia e azul eléctrico. Bicos e grazas.

Imagen