Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para marzo, 2012

Juana, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Juana cun foulard da casa Oriol I Cabanas. En varios tons e de topos e coma sempre co bo facer do deseño Italiano. Grazas Juana, un pracer coñecervos.


Maite, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Maite cun vestido das deseñadoras Luna Moreno, en ton rosa, cun escote que simula a superposición de vestido e camisa e con goma na cadeira.
Moitas grazas Maite


O novo de Ambrosia Pitigüil

Na imaxe podedes ver un adianto da colección das deseñadoras Ambrosia Pitigüil.

Beatriz e Susana, dúas irmás de Bilbao que deseñan todas as súas pezas en España cun aire fresco, feminino e moi fácil de levar. Espero que vos guste


Yolanda, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos un deseño da firma Nice Things. Un blazer  a raias en distintos tons de azul e cos puños e a botonadura en branco. Yolanda moitas grazas e bicos guapa!


Vanesa, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Vanesa cun vestido da firma Nice Things  manga sisa e uns bonitos encaixes na parte superior e inferior. Vanesa moitas grazas un pracer coñecerche


As Gangas do Mercadillo Santiaguide

Na imaxe móstrovos a Iria, ca súa adquisición no Mercadillo Santiaguide, uns pantalóns bombachos a un prezo de risa!

Aínda estades a tempo! porque o Mercadillo Santiaguide funcionará ata mañá ás 19h, non volo perdades!


Sara Coleman visita Ela Diz

Hoxe podémoslle pór cara á deseñadora Sara Coleman, que nos visitou hai uns días.

Con esa enerxía  é fácil de entender o seu explendido traballo. Grazas Sara, pola visita e polo teu traballo, apertas!


Novas no Escaparate Ela Diz

Esta semana presentámosvos dúas alternativas moi diferentes, pero cun nexo  común, ambas son propostas de novas deseñadores.

Por unha banda en en ton gris, negro e branco vestido das Catalás Luna Moreno e por outro en tons amarelos con estampado de bolboretas e cinto rosa das Vascas Ambrosía Pitigüil. E todo aderezado por pequenos complementos.


Pedro, 1º Rapaz Ela Diz

Fainos moita ilusión presentarvos a Pedro, que é o primer Rapaz que se anima a saír na nosa sección «Rapaz@s Ela Diz.» Na imaxe cunha preciosa ilustración de Lady Desidia. Un pracer coñecervos a ambos, grazas e mantereivos informados.


From London to Ela Diz

Hoxe mostrovos o traballo da xoven deseñadora  Scaline.

Os seus deseños, integramente realizados con fibras naturais,  pretenden vestir a unha muller que aposta polo deseño, a elegancia e que resulta apto para calquera circunstancia tanto laboral como personal.


Mercedes, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Mercedes que se achegou a Ela Diz tras ser unha das gañadoras do cheque regalo polo noso 1º Aniversario.

Decidiuse  por un deseño de Elisa Cortés,  en punto de seda e pétalos na parte superior do escote. Como sempre un pracer charlar convosco.


Klaus and Kinski

O novo traballo dos increibles Klaus and Kinski » Ojo por Diente » do seu novo LP  «Herreros y Fatigas»


Escaparate Ela Diz

Móstrovos as novas propostas do escaparate Ela Diz.


Por un lado diferentes alternativas á hora de vestir, e por outros pequenos detalles para decorar ese recuncho preferido.


En tons azuis, vestido estampado e parka de Nice Things, en area, negro e branco saia e camisa de Luna Moreno, e en coral vestido asimétrico de Sara Coleman.


Mercadillo Santiaguide

Levamos  varios días  escoitando comentarios  sobre  a apertura  da nova  tenda de Amancio en New York, moitos metros cadrados, na 5º Avenida, no número 666,  todo moi branco, moi bonito…. pero quédanos un pouco lonxe, non?
E o Mercadillo Santiaguide, decatástesvos ?

Pois para os que vivimos neste lado do Atlántico é unha cita ineludible.  Celebrarase o 23, 24 e 25 de marzo, no  Gato Cosmico,  onde poderedes atopar unha chea de gangas de calquera das tendas que formamos Santiaguide.
Por se isto fose pouco, aqueles que veñades o domingo teredes o pracer de escoitar a Dj Fran Reixa, que animará toda a xornada.
Esperámosvos!


Novidades de Luna Moreno

Por fin temos en Ela Diz o último da Catalás Luna Moreno.

Fieis ao seu estilo presentan pezas con asimetrías nas súas mangas, vestidos que combinan volume na parte superior fronte a unha inferior máis cinguida. Unha liña xuvenil e moi urbana.

E coma sempre, feito en Barcelona


Mª Carmen, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos a Mª Carmen con dúas opcións moi diferentes.

Por unha banda cun vestido vaqueiro moi estival e doutra cun vestido de lunares e cinto para días mais especiais. Grazas e saúdos para ti e para Cristina.


Edicións limitadas de Mónica Cordera

Empezamos a semana cun un pequeno adianto da colección da  deseñadora Mónica Cordera.

 

Unha Asturiana afincada en Galicia desde onde realiza todas as súas coleccións.

Edicións limitadas, esta vez máis colorida que noutras ocasiones pero co mesmo saber facer.

 


Ana, Rapaza Ela Diz

Ana foi unha das 10 afortunadas  do Sorteo do 1º Aniversario Ela Diz. Na foto podedes vela coa chaqueta de punto e seda da firma Nice Things. Ana moitas grazas por todo, a próxima vez  te espero coa  túa sobriña, bicos!

 


A sinerxía do Escaparate Ela Diz

Tras as rebaixas por fin demos un cambio ao noso escaparate e á tenda.

Estamos moi contentos porque cada pequeno detalle achegouno unha persoa diferente, desde amigos, familia, clientes… Así que desde aquí quero agradecer a Muña polas caixas de froitas, á tía Luchi pola vaixela, a Pepe pola pintura, ao Gato Cósmico polos seus marcos inchables, a Lady Desidia polas súas ilustracións, a Fiz pola iluminación e montaxe e a Celia polo seu cadro. Desta última falaremos nun futuro porque seguro que seguimos colaborando. Grazas a tod@s!

 


Nieves, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver o blazer jacquard da firma Nice Things, en vermello e beige e un pequeno toque azul en pescozo e puños. Neves moitas grazas, apertas.


Andrés Calamaro «El día Mundial de la Mujer»

Para todas nos


Novidades de mans de Mado

Novas propostas para esta temporada recén estreada. Esta vez de mans da firma francesa Mado. Espero que vos guste!


Belén, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos un dos vestidos da firma Nice Things.  En cor gris con lunares azuis e cun cinto en vermello como contrapunto cromático. Belén un pracer coñecerche e charlar contigo. Moita sorte coa publicación de teu libro e viva o optimismo.


Novidades Sara Coleman

Hoxe móstrovos unha pincelada da nova colección da deseñadora Galega Sara Coleman, de quen din, é unha das que pisan forte como relevo dos deseñadores nacionais de sempre.
En liño e algodón pódese destacar a caida e lixeireza das súas propostas.  Un estilo urbano deportivo con toques modernos.