Bolso o mochila, pero sempre de Anuscas Family!
Os bolsos sempre foron un complemento moi ligado ás mulleres, aínda que na actualidade as cousas cambiaron moito.
Hoxe en día podemos ver tanto a uns como a outras con bolsos e mochilas sen ningún tipo de problema
As imaxes de hoxe son os derradeiros deseños de Anuscas Family, recén chegados a Ela Diz.
Orixinalidade e practicidade unidos en unha mesma peza. Con bolsillos interiores e un bolsillo na parte de fora para levar todo moi ben colocadiño.
E ademais de ser pezas recicladas, están deseñados para levar como bolso ou mochila! Alguén dá máis?
Hoxe mesmo dispoñibles tamén na nosa tenda online online www.eladiz.com
Mª Luz Rapaza Ela Diz
Empezamos a semana con Deseño Galego. Na imaxe podedes ver a Mª Luz cun vestido de Chula. Pezas únicas, realizadas a man e cun estilo moi característico. Mª Luz un bico grande, e grazas por todo.
Escaparate con moitas posibilidades
A piques de estrear o noso escaparate das Letras Galegas, amósovos o último cambio para o escaparate actual de redes, redeiras e chumbos de pesca.
Na imaxe inferior podedes ver vestido de organza de seda con flores dos Portugueses Pé de Chumbo, con levita de Elisa Cortes, colar de Peliqueiros de Ana Miguens e bandoleira tricolor de Nice Things.
A continuación vestido lima de Nice Things, colgante de Latonta e Larubia, bolso de Anuscas Family e zocos de Elena Ferro.
Deseños desenfadados by Hoertonn
Hoxe temos o gusto de ensinarvos o novo de Hoertonn. Deseños desenfadados, urbanos e con moita cor.
Eduardo é o deseñador Brasileiro, residente en Madrid, que atopamos tras a marca.
Ademais de ter a súa propia colección, Hoertonn colabora activamente no vestiario de obras de teatro e do cine.
Este verán poderemos ver o seu traballo sobre os escenarios en ¡Sin paga, nadie paga! versión do clásico escrito por Darío Fo, dirixida por Gabriel Olivares e protagonizada entre outros por Pablo Carbonell .
Se vos gustan os seus deseños, a partir de hoxe tamén dispoñibles na tenda online www.eladiz.com
25 de Abril Sempre!
Parabéns aos nosos irmáns Portugueses no seu día.
Deixovos a senlleira peza que foi estreada en Compostela no ano 1972.
Beijinhos a Zeca e a todo Portugal.
Kate Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Kate cun foulard de Cabanas. Un complemento fetiche para moitas mulleres e que conseguen darlle á túa imaxe un punto de cor.
Kate apertas e grazas
Esta primavera pisamos forte!
Á vista da cantidade de zocos e á variedade de cores, está claro que esta primavera está feita para levar zocos de Elena Ferro. Moi pronto coñeceredes aos afortunad@s
Alba Rapaza Ela Diz
Orixinal, divertida e diferente, así é a blusa de seda de Nice Things. A continuación podedes ver a Alba con ela, co pescozo en azul e vivos en amarelo. Grazas Alba, e bicos para toda a familia!
As interesadas, aviso importante: a piques de recibila de novo, atentas rapazas !
Anegados de azul
Esta semana estreamos propostas cun denominador común, o azul.
Cor que en culturas ancestrais como a dos Mapuches, ten relación co espiritual e o sagrado dos seus antepasados. No Antigo Exipto asociábase á sabiduria. Para os Aztecas era a cor do sur.
Na imaxe superiro detalle do vestido de Pé de Chumbo.
Zocos de Elena Ferro, pendentes Ana Miguens e taza de La Malcontetta.
Mono de lunares de Aguamarina Paris, chaqueta de Nice Things e bolsa e colar todo pintado a man de Lindo Ron.
AZabala
A nova colección de AZabala xa está en Compostela.
Amaia Zabala, a Donostiarra vencedora do 1º Premio de Novos Deseñadores da pasada edición de Kutxa Kultur Lana, ofrécenos como é habitual nela, unha mestura entre unha simulada simplicidade estética e un traballado patrón nos cortes.
Cunha estética urbana, limpa e cómoda.
Mono camisa curto en cor nude.
Encántannos os seus monos aos que esta tempada lles deu unha volta sorprendente como podedes ver na imaxe superior e inferior.
En cor gris mono longo e mono-chaleco curto.
Hitsuko Rapaza Ela Diz
Ainda que temos unha chea de novidades, case a diario, tamén temos un pequeno espazo para o Outlet. Con oportunidades que moitas souberon aproveitar, como no caso de Itsuko.Na imaxe podedes vela guapísima cun vestido de Mado et lles Autres. Domo arigato gozaimasu!
Novas desde Portugal!
Desde Portugal recibimos con entusiasmo un anticipo da colección de Pé de Chumbo.
Algodóns entrelazados,moita cor…
mesturado con moito branco
variacións de texturas, e moita maxia
Pezas para ocasións especiais cun enfoque diferente ao habitual.
Espero que vos guste tanto como a nós.
Annica Rapaza Ela Diz
Hai uns días tiven o gusto de coñecer a Annica, unha moza Alemá de Erasmus en Santiago e gran coñecedora de cada recuncho,monumento e historía de Galicia.
Desde un principio Annica namorouse de todos os deseños de Malahierba.
Así que aproveitando a visita dos seus pais optou polo azul para ela e o bicolor para a súa irmá.
Nuria Rapaza Ela Diz
Grazas a Ana Miguens, exportamos Cultura Galega polo mundo. Na imaxe podedes ver a Nuria encantada co seu colar de Peliqueiros. Desde hoxe en Barcelona Os Peliqueiros de Laza pasearán pola rúa. Nuria un pracer coñecervos e moitas grazas por todo!
Cara e Cruz dunha mesma Xoia
Lembrades o xogo chinés de Tangran? A min encantábame e parece que a Cristina tamén. Inspirandose precisamente neste xogo realizou a serie Geometric.
Unha seríe de pendentes que cambian de formas e posicións como podedes ver a continuación.
Na imaxe superior Arantza coas súas Geometric e na inferior Belén cos seus.
Novas propostas desde o escaparate Ela Diz
Parece que por fin a choiva vainos a abandonar e que poderemos gozar dun pouco de sol. Desde o noso escaparate temos dúas altenativas para este clima tan cambiante.
Para os días máis nubrados saia de Mónica Lavandera con top de Elisa Cortés e chaqueta de Nice Things, sen esquecernos de darlle un toque especial con colgante de Latonta y Larubia e bolso de man de Rosario Vidal.
Para os prometidos días de sol, atrevémonos coa cor. Vestido de Nice Things, colgante e pendentes de Latonta y Larubia e zocos descalzos de Elena Ferro.
A continuación eetalle de lapices de madera e zocos ambos de Elena Ferro e cunca da Malconttenta.
Xoias para a Primavera
Por fin temos as novas xoias de Latonta y Larubia.
Con dúas liñas ben diferenciadas. Unha de esmaltes e cores moi fáciles de levar.
E outra máis sofisticada
como resultado da reciclaxe de fornituras de mobles antigos.
Broches,aneis, colares e pendentes, todas elas xoias para os domingos.
Lola Rapaza Ela Diz
Os vestidos de Chula sempre teñen un nome propio escrito desde a súa orixe. No caso de hoxe, o nome é Lola a quen podedes ver na imaxe co precioso deseño destes Galegos afincados no Vietnam.
Un vestido de inspiración asiática, en un azul intenso e atravesado por un río verde.
Rosa Rapaza Ela Diz
Sen dúbida o verde é un das cores desta primavera verán. Na imaxe podedes ver a Rosa, de verde, cun vestido plisado da deseñadora Nerea Lurgain,dispoñible tamén na tenda online clicando aqui. Bicos Rosa 🙂
Novas de Mónica Lavandera
Empezamos a semana con novidades de Mónica Lavandera.
A nova deseñadora propón pezas de edición limitada e numerada.
Cunha selección de tecidos que outorgan aos seus cortes unhas caidas espectaculares.
A xoven Asturiana atopou un oco en Ela Diz, sindo unha das deseñadoras que mais están a gustar esta primavera.
Rosa Rapaza Ela Diz
Esta primavera o estilo tribal é unha das tendencias que máis sona. Na imaxe podedes ver a Rosa cun vestido de inspiración étnica de Nice Things cun detalle que o fai aínda máis especial. A parte traseira do vestido é de encaixe e cun pequeno escote . E para rematar nada mellor que combinalo cos preciosos zocos da zoqueira máis famosa do mundo, Elena Ferro, en cor berenxena e ca madeira tintada de verde. Bicos Rosa
Lisa Rapaza Ela Diz
Reinventarse ou morrer, isto é o que fixeron as Redeiras de Corme, que confeccionan con fíos sobrantes, redes e outros elementos reciclados estes chales entre outros deseños.
Na imaxe podedes ver a Lisa cun chal en cor ocre realizado pola Redeiras utilizando diferentes técnicas de anudado de pesca.
Desexo que todos os teus plans de futuro en Donostia saian ben, apertas Lisa e grazas!
Adelaida Rapaza Ela Diz
Desde hai uns anos, en todos os medios veñen falando da Moda Portuguesa, como un país no que destacan multitude de deseñadores consagrados e novos talentos dispostos a facer unha renovación generacional.
E desde Portugal, de Guimarães máis concretamente veñen os deseños de Pé de Chumbo.
Na imaxe superior Adelaida, preciosa, cun dos vestidos da deseñadora Alexandra Oliveira. Apertas e moitas grazas.
Chula
Se a primavera non chega a Galicia non vos preocupedes. Tráena en forma de vestidos os Galegos de Chula.
Vestidos de seda realizados a man e cun estilo moi característico.
Algúns pintados a man outros con superposición de diferentes tecidos.
Se gústache vestir dunha maneira diferente, calquera dos seus deseños pódeche encaixar.
Moda Galega exlusiva e única chegada dende o Vietnam!
Espero que vos guste.
COMENTARIOS