Cris & Compañía
Os beneficios de ter unha mascota son innumerables, pero ademais podémoslle engadir unha nova! Cando es un pouco tímida non hai como pousar co Rei ou a Raíña da casa.
Isto é o que fixo Cris, que me enviou esta foto desde Oviedo cos seus zocos en coiro verde de Elena Ferro. Grazas Cris e apertas a tod@s!
Novas desde Bcn
Seguimos con novidades! Hoxe a quenda é para os complementos de Cabanas Bcn, unha firma que nos acompaña desde os inicios. Fulares, echarpes das mellores calidades e fabricados en Italia, sin esquecer os cintos e a bisutería.
Foulard XL de inspiración Londinense
Cinto con detalle en prata vella.
Colar malla dourado.
Silvia Rapaza Ela Diz
Namorada téñenme os deseños de Anusca´s Family!
Na imaxe podedes ver a Silvia cunha mochila en tons verdes.
Unha das peculiaridades de todos os seus deseños é a reciclaxe de tecidos e outra a versatilidade de cada un deles. Neste caso a mochila tamén convértese en bolso, podendo escoller cada día unha forma diferente de levalo.
Silvia un pracer coñecerche e grazas por todo!
Loli Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Loli cun vestido de Nice Things en cor crema e con botonadura nas costas. Ela prefire personalizalo cun cinto e levalo como blusón cos seus vaqueiros, unha boa idea!. Loli bicos e apertas.
Camille Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Camille cun vestido para a próxima primavera verán da firma Nice Things.
Nun amarelo vibrante e cunha peculiaridade. Un colar que tamén se pode levar baixo o peito como Camille. Grazas e apertas aos dous!
Oh!
Por fin venres e ademais con novas propostas. ¿Quen dá máis?
Vestido cadros Vichy.
Mono con print floral en azul klein.
Saia de inspiración campestre.
Vestido de seda en verde esmeralda.
¿Que vos pareceu? A nós encántanos asi que pensamos: mellor ensinalo aos poucos. ¡Non vaia a ser!
Teresa Rapaza Ela Diz
Ainda que xa levamos un mes e medio de rebaixas, aínda podedes atopar boas opcións. Como lle ocorreu a Teresa, á quen podedes ver cun blazer da deseñadora Londiniense Scaline.
Se vos gusta o estilo aínda queda unha, esta con detalles en pel nas costas e nos cóbados, como vos mostro a continuación.
Camiñando polo casco antigo da cidade compostelá demos cunha tenda de moda moi especial e de infinita personalidade; un deses recantos semimáxicos capaces de concentrar nun mínimo espazo toda unha vistosa galería de pequenas e variadas pezas orixinais, obras de arte (por que non dicilo) que con luz propia irradian a paixón dos seus pais deseñadores.
Ver la entrada original 350 palabras más
Coiros, rasos e tintes
As mozas de Lugo poderían ir vivir ao famoso pobo Malagueño de Júzcar. Lembrádelo, verdade? aquel pobo que se pintou todo de azul para a estrea dos Pitufos.
O derradeiro encargo de zocos foi nesa cor e a zoqueira Elena Ferro, púxose ao choio como podedes apreciar a continuación.
Carmela Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Carmela cun bolso da nova colección de Nice Things.
Un bolso cunha particularidade, e é que no seu interior leva outro bolso cun aspecto máis desenfadado en cor verde e con asas fluor.
Novidades desde o Sur.
O Sur para nós ten nome propio, Elisa Cortés. A deseñadora de Xerez da Fronteira xa chegou a Ela Diz. Como sempre tecidos en punto de seda, unha liña máis madura e este verán cheo de cor.
Na imaxe top amplo con abertura nos ombreiros.
A febre do zoco continúa
Na imaxe podedes ver a Valle, cos seus, unha combinación de berenxena e verde en coiro. Como sempre a felicidade de probalos é un acto inmediato! Bicos Valle.
Iria Rapaza Ela Diz
Faime moita ilusión que a protagonista do día sexa Iria, a quen coñecemos ao abrir a tenda grazas ao proxecto Abertos ao Galego.
Na imaxe podedes ver a Iria cun vestido de Malahierba Atelier. Un bico forte Iria e grazas pola túa complicidade e polo teu traballo!
Carmen Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Carmen cun chaquetón de la en gris e azul mariño con pescozo redondo e petos. Unha peza á que lle podes sacar moito partido tendo en conta o clima do norte. Carmen moitas grazas e apertas!
¡Nunca choveu que non escampara!
Compostela 11 de febreiro do 2013
Menudo xeito de escomenza-la xornada!
Alta probabilidade de folerpas en toda a Comunidade Galega e nós cun avance para a próxima primavera.
Moitas novidades, moitos xornais para repartir e algunha imaxe para que vexades parte das novas propostas. Espero que gustedes delas!
Antía Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Antía coa chaqueta da diseñadora AZabala. Unha combinación de azul e negro e con protagonismo nas solapas e no pescozo. Antía moitas grazas.
Artesanía, Deseño e Reciclaxe!
Hoxe quérovos falar do traballo dunha deseñadora Sevillana que desde hoxe ten un espazo en Ela Diz.
Deseño independente, artesanal e moi creativo, reinventando artigos que pola súa elaboración son pequenas obras de arte recicladas.
Amósovos unha pequena mostra do seu traballo.
Maxi bags e bolsos sobre.
¿ Qué vos parecen?
Mochila-bolsos, con moitos xeitos de levalos.
Bolsos de distintos tamaños, uns con boquilla, outros con cadea, pero sobre todo orixinais e divertidos!
María Rapaza Ela Diz
Os zocos de Elena Ferro teñen efectos beneficiosos sobre a saúde!
Na imaxe podedes ver a María cos seus zocos de pelo cor berenxena cun sorriso e acto seguido case bailando de felicidade. Bicos María e grazas por todo!
Olalla Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Olalla cun vestido de Nice Things, longo, en ton berenjena con print floral e petos. Todo un acerto en estilo e comodidade. Olalla unha alegría porche cara tras seguir os teus pasos polas redes co voso Picaversos. Bicos
Se vos gusta o vestido aínda estades a tempo! só queda un, podédelo ver na nosa tenda online www.eladiz.com
Xoias para a primavera
O mes de febreiro vai estar cheo de novidades coa chegada das novas propostas para a próxima primavera.
A encargada de empezar coas novidades é Cristina coa súa firma Iomiss. Espero que vos gusten.
Beatriz Rapaza Ela Diz
Empezamos o luns vestindo os pés de Beatriz.
Na imaxe podédela ver cos zocos de duas cores en coiro de Elena Ferro. Unha combinación de azul e marron cuns divertidos lazos de cadros. Un abrazo Beatriz e moitas grazas
Mónica Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos a proposta da nova deseñadora AZabala, un xersei negro con detalle nas costas. Apertas Mónica.
COMENTARIOS