Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “originelle Geschenke in Santiago de Compostela

Misturas en tres cores

Polo norte xa sabedes: uns días con sandalias e outros con zocos, pero sempre Eferro´s

zocos-eferro-cuña

sandalias-eferro


Celebramos con Cabalos e Lobos

Este 2015 celebramos As Letras Galegas doutro xeito.  Con Fran P. Lorenzo, a súa novela «Cabalos e Lobos» e a inesquecible Marilyn Monroe.

letras galegas 2015-ela diz-fran p lorenzo

Fran, gustaríame ter  nacido en Vigo e recoñecer cada recuncho xunto a familia  Beckmann do mesmo xeito que o fixen co «O Inverno en Lisboa« de Antonio Muñoz Molina.

letras galegas 2015-ela diz

letras galegas 2015-ela diz-det


O reciclaxe é moi elegante

Certas xoias parece que se fan a medida da persoa. Isto é o que ocorre cando escolles unha peza de Latonta y Larubia .

collar-latonta y larubia 2

Porque Nuria e Ramón coñecen ben o seu oficio. E souberon atopar o equilibrio perfecto entre a elegancia e a simplicidade. Conseguindo que as súas pezas poidan levarse en calquera ocasión.

collar-latonta y larubia 1

Colgante realizado con fornituras de mobles antigos.

collar-latonta y larubia

 


Ni nintzen aizkolari

¿ Quen dixo que as ferramentas da horta non se poden converter en xoias ?
Hoxe podedes ver o traballo de Rodrigo Riveiro, o mozo que dá forma a Ferraxe de Prata. E de música de fondo ¿ Que vos parece Aizkolari, de Kortatu ?

ferraxe de prata-fouciño

ferraxe de prata-ranqueiro e sacho

Rodrigo estivo interesado dende pequeno nos productos artesanais. Os seus primeiros traballos centraronse no coiro. Tras estudar xoiería en «Mestre Mateo» o cambio nos materiais e as técnicas evolucionaron dun xeito espontáneo.

ferraxe de prata-angazo ferraxe de prata-canga

Nesta primeira colección, Rodrigo mestura prata e madeira de buxo. E consigue  pezas únicas que reflicten o xeito no que  sinte a arte e a cultura do país.

ferraxe de prata-forquitas ferraxe de prata-gadaña ferraxe de prata-machada

Unha ducia de ferramentas que poderás lucir na solapa, podendo escoller entre: machada, fouciño, forquita de 5 puntas, martelo, canga, xugo, forquita de 3 puntas, angazo, sacho, ranqueiro,serrucho ou gadaña.

ferraxe de prata-martelo ferraxe de prata-ranqueiro ferraxe de prata-sacho ferraxe de prata-serra


De novo o Nadal

É un tópico dicir iso de: «pero que pronto pasou este ano, fijate xa estamos  de novo en Nadal».
Pois se efectivamente, xa está de novo o Nadal, as comidas, os agasallos e ese suposto sentimento de felicidade colectiva.
Por iso repetimos ca Edición Especial das Matrioskas de Nadal.

matrioskas belén-ingela p arrhenius

Se queres darlle un toque orixinal e divertido ao belén deste ano, escolle a Ingela P. Arrhenius. Tamén na tenda online aquí.

matrioskas-navidad-ingela p arrhenius


Fumes ou non fumes

Ainda que deixaras o vicio dos pitillos. ¡Os mistos de Ingela P. Arrhenius molan moito!

cerillas Ingela P Arrhenius-Lucas


Os Ourensáns teñennos tolas

Xa o di o título de hoxe: os Ourensáns róubannos o sentido.

collar-ladrón de arte-cuchi

Na imaxe podedes ver unha peza da súa colección de xoias.  Ainda que temén nos  tentan con roupa Ladrón de Arte.


Propostas para esta semana

Seguimos con noso concurso escaparate. Novas propostas e a mesma pregunta:
¿ En que pelicula aparece a Rúa das Hortas que podedes ver na fotografía?
Se queredes participar

https://basicfront.easypromosapp.com/promotions/170289

 

escaparate-ela diz-conc cine

escaparate-ela diz-conc cine1

 

 

escaparate-ela diz- concurso2

escaparate-ela diz-conc cine3

escaparate-ela diz- concurso 4


Pequenos agasallos para non tan pequenos

Decorar o teu recuncho favorito é máis doado coas matrioskas de Ingela P. Arrhenius.

Podedes ver mais deseños dela aquí.

matrioskas-animalls-Jesús

matrioskas-animals-Fang


Morriña

Os Picheleiros, as veces, acheganse ata aquí para non esquecer a súa cidade. ❤

skyline santiago de compostela

Skyline de Santiago de Compostela


Ilustración en Galego

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca.
Mónica traballou en publicidade como deseñadora gráfica, deseñando produtos para Museos e de freelance para outras empresas.
Os seus estampados apareceron en publicacións a nivel internacional como Print & pattern book e revistas como Harper´s Bazaar.
Agora en Compostela, podemos gozar dos seus cadernos deseñados en exlusiva en Galego para Ela Diz.
Espero que vos gusten

meu notebook Ela Diz

Agora en Compostela, podemos gozar dos seus cadernos deseñados en exlusiva en Galego para Ela Diz.
¡Espero que vos gusten!

notebook Ela Diz

meu notebook 10 meu notebook 1 meu notebook 2 meu notebook 3 meu notebook 4 meu notebook 5 meu notebook 7 meu notebook 8 meu notebook 9


No 24 da Rúa Nova

Despedimos a semana con novas propostas no escaparate e con moitas novidades no interior.

ela diz-pedras compostela

ela diz-escaparate1

ela diz-escaparate

ela diz-concha santiago de compostela


Para aforrador@s

Non é unha caixa forte. Tampouco terás que esperar moito para facer a recadación, pero como todos os deseños de Ingela P. Arrehnius encántannos.

hucha verde-omm design

Atopa a túa preferida aquí.

huchas-omm design


kokedamas, madeira e verde

Coa chegada de setembro, nova imaxe para o noso escaparate.

escaparate septiembre

escaparates-ela diz

escaparate-det 3

Natureza viva, madeira e verde para a colección de outono.
Porque nos negamos a dicir adios ao bo tempo.

escaparate-ela diz-septiembre

escaparate-detalle

escaparate-det 2

g


Para os nostálxicos

O avance tecnolóxico do século XXI, ten pequenos inconvenientes.
¿Lembrades as cociñas de butano? ¿E as caixas de mistos tamaño XXL?

Para os nostálxicos, versión deseñada por Ingela P. Arrhenius by Omm Desigs.

omm design-caixa mistos

Pack de 8 caixas de mistos con 16 ilustracións diferentes.


Versión Galega

Hai moito tempo que queriamos ter un detalle convosco, os habituais de Ela Diz.

Pensamos nun paraugas, por iso de que en Compostela non para, pero ao final decidímonos por unha tote xa que como vos dicía a idea xurdiu alá polo mes de marzo.
Versión primaveral de Ela Diz do deseñador Antón Quintáns. Unha versión Compostelá do noso logo Euskaldun. ¿Qué vos parece ? A nos encántanos ❤

logo-Antón Quintana

E o resultado final colgado das portas de Compostela.

tote-ela diz

tote-Ela DIz-det


Pola sombra

Se me puidésedes ver hoxe vos dariades conta de porque empezo a semana con chapeus. . Na imaxe chapeu Mtm para ir pola sombra

gorro-mtm-Isa


Construíndo

Os Bad Fishes son unha boa opción para os mais peques. Os país tamén necesitan un descanso, incluso en vacacións.

cartoon jocs bad fishes-jose luís


Tipografía Galega

Cando era unha rapaciña, tiña un truco para recoñecer aos Alemáns. Sempre ían coa súa bolsa de algodón e cunhas sandalias, que parecía que as repartían gratis.
Sempre pensei que os alemáns eran ante todo prácticos e que o da moda non ía con eles.
Pero ao cabo dos anos, mira ti, que aquelas bolsas se converteron nos famosos «tote» e as súas sandalias que case sempre levaban con calcetíns brancos son as famosa birkenstock.
¿ Gustaranlles aos Alemáns os Totes feitos en Galcia?

 

tote-Boh-mala herba nunca morre-Barbara


¿Hoxe comemos na túa casa?

Nalgunha casa vai dar gusto que che conviden a comer.

ingela p arrhenius buho

ingela p arrhenius-plato pájaro


#Rebaixas

Ainda tedes 1.488 horas para atopar boas oportunidade nas rebaixas. Estreamos as #Rebaixas

escaparate-rebaixas

escaparate-rebaixas3

escaparate-rebaixas2

escaparate rebaixas 1

escaparate-rebaixas1


O can máis dócil do mundo

Guardian non ladrará aos veciños, tampouco avisarache dos ladróns, pero axudarache a decorar o teu andel. Fácil de montar, realizado en cartón  e inspirado no cómic.

Imagen


A familia medra

Pensamos en falar con Ingela, e engadir un novo membro á familia das Matrioskas Robots.

Mentres disponible tamén na nosa tenda online. Na sección deco & agasallo

Imagen


Mulleres Ilustradas

De novo desde Pontevedra, as ilustracións de Cavalinho do Demo. Pratos e cuncas nunha serie numerada e repleta de mulleres cautivadoras.

prato-cavalinho do demo

prato-cavalinho do demo1

mugs-cavalinho do demo-mulleres

prato-cavalinho do demo2 prato-cavalinho do demo3