Kuka, Rapaza Ela Diz
Que vos parece o vestido negro con botóns en coiro de Elisa Cortes? Moitas grazas Kuka e pásao ben en Sanxenxo
Donostia Capital Europea da Cultura
Acabo de decatarme con moita alegría, que Donostia foi proclamada Capital Europea da Cultura. Desde Compostela felicitar a todos os que o fixeron posible.
Déixovos un vídeo para que vos fagades unha idea do marabillosa que é a miña cidade. Zorionak Donostia maitia
Lupe, Rapaza Ela Diz
Hoxe ensínovos a Lupe cuns pantalóns bombachos de Laga que seguro que levará por Madrid nestes días tan calorosos. Espero verte na terraza da Praza Fonterrabia na túa próxima visita a Compostela. Bicos e apertasEla Diz na revista Global Fashion
Ensínovosa reportaxe sobre Ela Diz na revista Global Fashion. Moitas grazas a Amaya e a Maite pola súa amabilidade. Espero atoparos de novo en Madrid e se vides por Compostela xa sabedes onde estamos. Apertas
Begoña Rapaza Ela Diz
Begoña veu a Ela Diz para escoller o agasallo de aniversario que o seu marido Kike queríalle facer. Este tipo de agasallos elixidos por un mesmo nunca fallan. Vémola cun vestido de Whiz. Moitas grazas Begoña e parabens!!
Dende Avilés Rapaza Ela Diz
Outra Asturiana que pasa por Ela Diz. Sofía leva uns anos en Compostela aínda que non por moito tempo xa que trasladase a París ha seguir estudando en esto da moda. Na foto con pantalóns de seda de Whiite. Moita sorte e «bon voyage»
Dende Alemania Rapaza Ela Diz
Ensínovos a Silvia que chegou dende Alemaña acompañada das súas amigas. Na foto cunha saia de Whiz. Grazas e feliz regresoNovo escaparate
O derradeiro escaparate antes do inicio das Rebaixas.
Margarita Rapaza Ela Diz
O de Margarita se que me gustou!! Veu hai uns días a mercar a Ela Diz e hoxe que estaba do trinque, achegouse até aquí para facerlle unha foto. Moitísimas grazas.
Elvira Rapaza Ela Diz
Hoxe ensínovos a Elvira á que por fin lle puiden facer unha foto. Esta vez cunha chaqueta curta de Mado. Bicos
Nova nai e Rapaza Ela Diz
Carolina veu antes e despois de ter o seu fillo. Hoxe amósovos a nova nai, cun vestido de Whiite. Parabens polo nacemento do teu fillo y grazas pola tua fidelidade.
De novo Rapaza Ela Diz
Xema volveu pasar por Ela Diz e tan amable coma sempre deixoume facerlle estas fotos. Esta vez con vestido de Mónica Cordeira e Elisa Cortes, como vedes dúas opcións completamente diferentes tanto en cor como en estilo. Bicos XemaSummer In The city
Nunhas horas empeza o verán a pesar de que en Compostela caen unhas pingas. Para celebralo que vos parecen The Lovin ‘Spoonful
Dende Donostia Rapaza Ela Diz
Hoxe ensínovos a miña «amatxo» cun vestido e bolero de Elisa Cortes. Tan guapa coma sempre e disposta a axudarme, envioume estas fotos dende Donostia. Espero que nos vexamos moi pronto. Muxus
She´s a sensation
Por fin sábado tarde, xa queda menos para o descanso e mentres tanto que mellor que unha canción dos Ramones
As entradas do Sonar son para Rita Lustres
Como vos contei o mércores pasado a gañadora de Sela + Segue de Santiaguide foi Rita Lustres, que tras conseguir os selos das tendas que formamos Santiaguide poderá gozar dos concertos que se celebran no Sonar en Coruña este. Ensínovos as fotos da entrega das entradas.Anna Simon con un vestido de Elisa Cortés
Hoxe no programa «Tonterias las justas» a presentadora Anna Simon lucía un vestido de Elisa Cortes que se esgotou en Ela Diz. Queda a versión con flocos abaixo e con escote nas costas.Unha das deseñadoras de Luna Moreno, Rapaza Ela Diz
Esta mañá á primeira hora recibín por sorpresa a unha das deseñadoras de Luna Moreno. Aquí tedes a Elsa que veu dende Barcelona a pasar uns días por Galiza acompañada do seu mozo. Dá gusto empezar o día así, agora só nos queda gozar da noite Compostelá. Moitas grazas pola visita e por eses deseños tan espectaculares.
Xa temos gañadora!!
Por fin chegou o día e xa temos gañadora do sorteo Santiaguide Sela + Segue. Por agora só podo dicirvos que é unha moza e que o venres se lle entregarán as entradas e farémoslle unhas fotos. Mentres chega o fin de semana, que vos parece se nos animamos con Underworl até poder velos en directo.
Dende Ourense ata Dublin pasando por Ela Diz
Ana veu dende Ourense e levou este bolso de Laga a Dublin que é onde vive hai uns anos. Felices vacacións e moitas grazas
Dúas xeración de Rapazas Ela Diz
María e Loli pasaron pola tenda e deixáronme facerlles unha foto, a pesar de que Loli tentou librarse coa escusa de que non era moi fotogénica. Vemos a María con unha chaqueta de Laga. Grazas ás dúas pola vosa simpatía e pola enerxía positiva. Unha aperta
Crarlotte Gainsbourg
Tamén dende Francia preciosa canción da filla do gran Gainsbourg.
Dende Marseille Rapaza Ela Diz
Brigitte chegou dende Francia e levou esta saia gris de Bande Originale para lucir na súa terra. Grazas e boa viaxe.
COMENTARIOS