Oobuka bolsos
Alejandra Vermellas e Ruggero Lupo, artista téxtil e arquitecto respectivamente, crearon Oobuka en Valencia no ano 2009.
Os seus bolsos e accesorios son pezas de produción limitada, pensadas e producidas en España, porque creen no bo facer dun oficio, para obter accesorios orixinais e prácticos.
Traballan co concepto de mesturar, probar contrastes entre materiais e texturas, tentando cambiar a idea máis convencional que se ten dun accesorio, sen por iso esquecer a funcionalidade dun bolso e a comodidade.
Oobuka é unha aposta pola creatividade e o deseño.
Na pasada edición da Valencia Fashion Week puideron gozar dos seus deseños.
Chiara Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver un dos vestidos da deseñadora franco-alemá Scaline afincada en Londres. Un vestido de encaixe negro, con corte na cintura e unhas bonitas mangas. Un vestido feminino e super cómodo . Chiara moitas grazas e un bico guapa!
Chus Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Chus cun bolso de Nice Things. Un coqueto e práctico bolso en cor negro e peche metálico. Un saúdo Chus e moitas grazas.
Se vos gustou o bolso, podedes velo noutras cores na sección de bolsos na nosa tenda online www.eladiz.com
Nerea Lurgain en Ela Diz
Preséntovos o traballo dunha nova deseñadora, Nerea Lurgain, esta Donostiarra afincada na actualidade en Barcelona.
Nerea, Licencada en Belas Artes, trasladouse a Barcelona para cursar deseño de moda no Instituto Superior de Deseño Idep. En xullo do 2007 foi seleccionada pola Generalitat de Catalunya para formar parte do Proxecto Bressol, o que posibilitou a creación da súa propia marca.
Na imaxe superior podedes ver a Nerea na súa visita a Ela Diz
Nerea Lurgain é sinónimo de personalidade, orixinalidade, comodidade e estilo.
Ofrece unha moda real, única e natural que se afasta dos estereotipos. Moda feita en Barcelona, con dous puntos fortes: as serigrafías e o tricot.
Que vos parece?
Fiona Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Fiona cunha bufanda de cadros, chea de cor e dun tacto super agradable de Nice Things. Un bonito complemento para alegrar a nosa cara, sobre todo se chove como hoxe.
O novo de Scaline
Hoxe móstrovos as últimas novidades chegadas dende Londres e deseñadas por Anne-Sophie.
Vestido con mangas en coiro lavable
Unha rapaza franco-alemá creadora da marca Scaline.
Camisa viscosa con detalle nos puños
Pezas que reunen calidade de tecidos, cortes modernos, deseños atemporales e moita comodidade.
Blazer de lá con detalle de coiro nas costas e nos brazos
Cristina Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Cristina cun vestido en punto de seda, con escote drapeado, e detalle en coiro nos ombreiros da deseñadora Elisa Cortés.
Un saúdo Cristina e moitas grazas
Vestido dispoñible na nosa tenda online www.eladiz.com
Eva Rapaza Ela Diz
Hai uns días tiven a sorte de coñecer a Eva, unha Pontevedresa seguidora do noso blog e que se se achegou até a tenda. Na imaxe podédela ver cun bolso da firma Nice Things, en cor teza e con vivos en marrón. Un bolso super cómodo que eu xa non me quito de enriba, dispoñible tamén na nosa tenda online www.eladiz.com
Eva espero que todo vos vaia moi ben, grazas eapertas aos tres!
Deseñadores emerxentes: Malahierba
Preséntovos o traballo de Malahierba .Marijo deseñadora e Jesús ilustrador son os mozos que se atopan detrás desta firma Catalá que deseña e fabrica integramente en Barcelona.
Cunha colección actual de certa inspiración retro e cun gusto especial polas ilustracións propias.
Segundo eles, as súas pezas están pensadas para estar ideal despois dunha longa xornada laboral e poder saír a tomar unha copa de viño.
E por que este nome? como eles mesmos din: as malas herbas son as que sempre sobreviven, e leste é o noso obxectivo dentro do mundo da moda.
¿Que vos parece?
Lindo Ron creatividade e diversión
Hoxe preséntovos o traballo de Ana, unha moza Asturiana que tras realizar os seus estudos de Belas Artes, decidiuse a crear «Lindo Ron» .
Colgante The Captain
Pezas cunha chiscadela divertida, nos que mestura os seus debuxos con metal, resina, plástico e madeira.
Colgante Mr Bigote
Espero que vos gusten !
Colgante Old Circus
Broche Cake
Ana Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Ana cun vestido de Mado et les autres, en cor camel con peto na parte inferior , con mangas e escote de viscosa e corpo de antelina. Grazas Ana e apertas.
Vestido dispoñible na nosa tenda online
II Outono Rock Festival
Estamos de noraboae dentro de moi pouco celébrase en Compostela o II Outono Rock Festival
Un ciclo de tres concertos previstos para o 29 de setembro e o 20 e 27 de outubro na Sala Capitol.
Esta edición acollerá as actuacións dalgúns dos grupos máis punteiros da «música negra» como Jeff Hershey & the Heartbeats, Bill Kirshen ou Lala Brooks entre outros.
Co patrocinio de «grandes» , o Festival conta ademais coa colaboración dun centenar de establecementos de Santiago, entre os que nos atopamos para a iniciativa Rock?nporte. Consumindo ou comprando en calquera deles, pódese conseguir unha entrada gratuíta e descontos do 15 % na Reixa Tenda, Matrioska Tenda, Atomic Tenda, No Te CortesPeluquería e Ela Diz Tenda.
Milagros Rapaza Ela Diz
Hoxe móstrovos un deseño de Elisa Cortés.
Un estupendo vestido en punto de seda en cor bourdeos e cunhas mangas morcego que lle outorgan estilo e caracter ao vestido .
Detalle posterior dónde se pode apreciar o efecto da manga morcego
Milagros bicos e apertas!
Jennifer Rapaza Ela Diz
Na imaxe superior podedes ver a Jennifer, unha Canadense coa que compartín unha mañá de charla e risas cunha camiseta moi especial de Mado et les autres. Unha superposición de camiseta gris de viscosa pola parte interior e de antelina en cor camel na exterior e como complemento final un colar de Anuka, con pedras naturais e un broche en forma de girasol.
Jennifer bicos e moitas grazas por todo;-)
Detalle dos troquelas da camiseta e do colar
Mabel Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Mabel cun deseño de «Latonta e Larubia«.
Uns pendentes de domingo, realizados cun encanto especial, reutilizando fornituras de latón de mobles antigos e combinados á perfección con pedras e pequenas formas de cores.
Sandra Rapaza Ela Diz
Na imaxe superior podedes ver a Sandra cun vestido cor berenjena con sobre-saia da deseñadora Elisa Cortés. Apertas Sandra
Belén Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Belén, cun deseño de Nice Things. Un bolso con estilo militar de franela en gris e con vivos en marrón. Belén moitas grazas e apertas.
Ante o exito dos bolsos deste outono inverno , nuns días ensinareivos máis.
Novas propostas
Hoxe propóñovos un avance da colección de outonoda firma Xerezana Elisa Cortés.
Deseños de cortes básicos, elegantes e atemporales.
Que vos parecen, apetécevos un paseo pola praia?
Rachana Rapaza Ela Diz
Empezamos o luns coa alegría de Rachana e o seu bolso de pel de Nice Things. En tres tons co peche en pedra natural e coa asa de cadea. Grazas Rachana e apertas !
Espiri Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Espiri cun vestido da firma danesa Signal, un vestido de viscosa e algodón con picos asimétricos na parte inferior. Un saúdo Espiri, foi un pracer coñecerche.
Paula Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Paula cun bolso de Nice Things.
En cor pel natural e con opción de levalo con asa curta como Paula ou en bandoleira como podedes ver máis abaixo.
Dispoñible nesta cor,en negro e viño.
Grazas Paula e apertas.
Pamela Rapaza Ela Diz
Hoxe amósovos un par de zocos de Elena Ferro, unha marabilla de traballo artesanal ao que Elena soubo darlle un toque actual.
Iria Rapaza Ela Diz
Unha das cousas máis bonitas que me ocurren dende a apertura de Ela Diz, é a de empatizar con moitas das clientas, como me ocorre con Iria, unha moza coa que dá gusto falar.
Na imaxe inferior podédela ver cun deseño da temporada de Outono de Nice Things. Un vestido de táboas en tres cores con moitas adeptas, e que podedes ver xa, na nosa tenda online
Bicos guapa e moitas grazas 🙂
María Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a María vestida pola firma Francesa Mado et lles autres.
Cunha blusa longa sen mangas, con volantes e gravata que combina cuns leggins grises de antelina . María grazas por todo e apertas!
COMENTARIOS