Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “deseñadores emerxentes

Traballo xusto.

Unha das características da moda sustentable é que ningún dos productos provén de traballadores explotados.


Pantalóns que valen por dous.


🅁🄴🄱🄰🄸🅇🄰🅂

Si non marchades a praia, estaremos tamén pola tarde de 17 a 21h.
🅁🄴🄱🄰🄸🅇🄰🅂


Ata que chegue o derbi.

Coa certeza de que se xogará con afeccionados. Mentres non teñamos data para a súa celebración, esta camisrta será perfecta para as afecionadas do Athletic de Bilbao @amaia_apraiz e as da Real Sociedad @josotaegi.

Pola miña banda: gora erreala!💙❤💙❤💙❤💙


Deseño e respeto polo medio ambiente

Realizados con material biodegradable, non hai mellor escenario que o bosque para que os descubrades.

Realizados con material biodegradable, non hai un escenario mellor para ensinárvolos que o bosque


Azulón

Drapeado en azul.


Historía e Comunismo

A luz do Faro de Corrubedo era tan parecida á do Faro de Sálvora, que para evitar máis accidentes tiveron que modificar a súa luz.

De feito alá por 1921 a súa luz foi vermella e por iso chamáronlle o Faro Comunista.


Fenómeno fan

O mellor premio para os creadores é este. 

 Neste caso a diseñadora é muller e como os da foto, nos tamén somos moi fan de #IsabelAlbela ❤


Encantada

Encantada co seu novo trench 🙂


Luns combinado

Esta semana empezamos cunha proposta atrevida. Tomates para o pescozo, unhas rodaxas de sandía para o bolso e uns zocos para os pes.

sandias-tomates-zocos


Calquera día e bó.

Ainda que temos 365 días para dicirlle á xente: quérote,  as veces,  cas prisas, esquecemos.
Pois a partir de hoxe, temos 4 xeitos ben fermosos de facelo.

mina-flor-de-toxo-e-aneis

deixa-o-mobil-e-bicame-con-pendentes

E se isto fose pouco. Tan ta ta chan! para dar ideas  acompañámolos de 4 xoias por se alguén se estira.

ponme-unha-cunca-chea-de-bicos-e-colar

querote-e-broche

Tarxeta+sobre+deseño galego, feito no Ribeiro con moito AmoR.

Guardar


Até a China

Rosa total e as cores no colar.



A cor do día

Vermello.

image


Un apelido dificil de pronunciar

Hoxe a quenda é para  Nathalie Wleeschouwer. A proposta de hoxe pantalón e xersei de manga curta.

Imagen


Azul e negro

Imagen

Na imaxe vestido camisero da deseñadora AZabala. Unha combinación de transparencias en azul petroleo e negro.


Eugenia Rapaza Ela Diz

Ás veces  entre o cambio de escaparates, a atención a tod@s os que vides pola tenda, a busqueda de novos deseñadores… e outras moitas cousas como gozar dun delicioso cafe, esquezo  algunha das  fotos que de maneira tan desinteresada deixádesme que vos faga.
Isto é o que me ocorreu con Eugenia, á quen podedes ver cunha chaqueta dos deseñadores con sede en Barcelona, Malahierba. Apertas guapa e grazas!

Imagen


Isabel Rapaza Ela Diz

Hoxe toca falar de xoias, e non de calquera tipo de xoias senón das boas, das asinadas por Latonta y Larubia.
Na imaxe podedes ver a Isabel cun deseño con aire vintage.

Imagen
Para aqueles que non coñezades a esta parella de artistas, só dicirvos que as súas pezas de aire romántico, ademais de únicas están realizadas reciclando ornamentos de mobles antigüos.


Feli Rapaza Ela Diz

Bos días xente, e feliz sábado!

Hoxe empezamos o día cun deseño da Donostiarra Nerea Lurgain. Unha moza con moito talento, que ademais de visitarnos o verán pasado na tenda, pódeselle ver no EGO da Mercedes Benz Fashion Week Madrid.
Na imaxe podedes ver a Feli moi felina con camiseta de volantes  e detalle nos ombreiros. Apertas e grazas Feli.

camiseta-nerea lurgain-Feli


Eva Rapaza Ela Diz

Os deseños de Lindo Ron seguen causando sensación en Compostela.

colgante-Lindo Ron-Eva

Na imaxe podedes ver a Eva, á quen moitos de vós coñeceredes, xa que é a propietaria de Matrioska, tamén na zona vella,  cun dos colgantes.

colgante-Lindo Ron-Eva2
Eva grazas polas sesións de fotos. Este nadal vou ter que pedir unha camara nova. Bicos guapa!

 


Milagros Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Milagros co chaquetón de Pé de Chumbo, da deseñadora Portuguesa Sandra Oliveira.

chaqueton-pé de chumbo-Milagros 1

Chaquetón longo de  pelo en cor negra e de manga curta.  Un bico Milagros.

chaquetón-pé de chumbo-Milagros

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


O Apalpador está a chegar!!

O Apalpador xa está aquí, rodeado de zocos esperando a noite do 24 para ver quen de vós comeu dabondo.
escaparate-ela diz-dic

Grazas a Leandro Lamas polo seu traballo que nos ten abraiados e por suposto a Elena Ferro polos seus zocos.

escaparate-ela diz-dec 2

Vestido Pé de Chumbo, chaqueta Aguamarina pendentess Iomiss zocos Elena Ferro.

escaparate-ela diz-dec 3

Abrigo AZabala bolso Nice Things e de novo pendentes Iomiss e outra versión bicolor dos zocos de Elena Ferro.

escaparate-ela diz-dec 1


Belén Rapaza Ela Diz

A cor negra, á hora de vestir ten moitos puntos ao seu favor para moitas de nós, como no caso de Belén.  A continuación cun deseño de Nerea Lurgain, unha camiseta con detalle nos ombreiros e volantes en cor negra.

A continuación Belén cun deseño de Amaia Zabala, un cómodo e elegante mono negro por suposto!
Belén foi un pracer, grazas polas túas verbas e apertas.


Judith Rapaza Ela Diz

Empezamos a semana cun vestido da deseñadora Nerea Lurgain.

Na imaxe Judith cun divertido vestido en cor teza con serigrafía en azul e con cordóns na parte inferio para poder subir ou baixar o longo,  o que ofrece multitude de posibilidades. Judith grazas e apertas, artista!


Colección Amaia Zabala

Hai unha semana comenteivos o premio que lle outorgaron a deseñadora Amaia Zabala.O 1º Premio de Kutxa Kultur Lana pola súa colección deste outono inverno.
Moitas das que vos achegastes á tenda, xa a coñecedes e para o resto amósovos as images. Espero que vos guste!