Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para diciembre, 2014

Venus con zocos

Feliz 2015

venus Ela Diz

Ilustración de Antón Quintáns para Ela Diz.


A beleza está nos ollos de quen mira.

GRAZAS!!! por outro ano de colaboración.

A piques de rematar o 2014, belezas en 1º plano con algunha das propostas de Ana Miguéns.

collar-peliqueiros-ana miguéns

collar-torre de hércules-ana miguéns

collar-marías-ana miguéns collar-os maios-ana miguéns

collar peliqueiros-ana miguéns


Koruño

Desde A Coruña, Artesanía en pel.

bolso borreguito bolso flores bolsoXL

 

 


Facendo peto

Non conseguirás aforrar un can. Tampoco chegarás a ser un Amancio, pero terás un peto ben xeitoso, ou tal vez dous?

huchas-ingela p arrhenius


3 bolsos, 2 bolsos, 1 bolso…

Tivemos 3 combinacións diferentes para este bolso triple. Xa que ten a particularidade de que podes levalo combinando as dúas cores ou cada un por separado.

bolso-nice things-azul-verde bolso-nice things-azul verde 1


Cea en familia

Un clásico perfecto para esta noite, incluso para eses días non tan familiares. Boas Festas.

vestido-nice things


Planeando o 2015

A falta duns días para comezar o 2015,  nada mellor que facelo cas ilustracións de Cavalinho do Demo en versión calendario.

calenario-cavalinho do demo-2015

calendario 2015 #1789-2


¡Até a caixa mola!

Se toleas polo café e as infusións, gustanche as ilustracións, caerás rendid@ aos seus encantos.

mug travel-ingela p arrhenius-2

De porcelana, con capacidade para 300 ml, poderás viaxar onde ti queiras coa súa tapa de silicona.
O elegante Sr. viaxeiro ou a distinguida Sra. intelectual.

mug travel-Sra-ingela p arrhenius

Hoxe mesmo poderás atopalos tamén  na tenda online. Na sección deco&agasallos.

mug travel-ingela p arrhenius


Nin ouro nin prata

Cando a xente sabe de xoiería, non lles fai falta nin o ouro nin a prata.
Unha mestura de fornituras de mobles antigos, madeira, latón e esmaltes by «Latonta y Larubia» e «Milena».

Milena & Latonta y Larubia

latonta y larubia


Chan-ta-ta-chan

Para tod@s os que participastes no concurso Escaparate de Cinema, aquí tedes á afortunada ca súa foto mais o seu cheque regalo de 50 €.

Vanessa-gañadora concurso Escaparate Cine-Ela Diz

Vanessa, xa non poderás dicir iso de » a min nunca me toca».  Non é a Lotería de Nadal, pero mola.


Tarde de Estrea

Escoller a cor dos teus primeiros zocos, adoita ser o máis dificil. Cos seguintes todo é mais doado.

Para Delia este foi o momento da estrea, mentras que Vanessa xa está feita unha experta. Bicos 🙂

zocos-eferro-Vanessa-Delia

zocos-eferro-coloraos

zocos-eferro-laranxas - copia

zocos-eferro-berenxenas

zocos-eferro-marróns - copia

 

 


Vidas cruzadas

Ás veces o bo tarda en chegar. Iso é o que nos pasou con Similia Similibus Costume e a súa colección Vértices.
Como curiosidade, as nosas vidas teñen varios puntos en común. Ambas nacemos en Donostia e as dúas optamos por vir estudar a Santiago de Compostela e mesmo compartimos nome.

Vestido vertice composto por pezas, que se ensamblan por vértices, articulando vestidos poliédricos como o da imaxe.

vestido-similia similibus-Rosa


Medrar en Galego

O Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego xa está dispoñible nas redes.
Con propostas de moitas das empresas colaboradoras entre as que nos atopamos.

catálogo Abertos ao Galego-Ela Diz

Libros, alimentación, moda, agasallos e complementos en Galego, para medrar en Galego.

Botádelle un ollo aquí. ¡ O Apalpador agradecerávolo!


Copenhague-Compostela

Eu non sei que lles dan en Dinamarca, pero os seus deseños arrasan en todo  o mundo.

Cada ano xorden novos nombres baixo a etiqueta de » moda danesa». Supoño que  o apoio institucional aos seus creadores fixo posible que Copenhague sexa agora mesmo a 4 Cidade Europea da Moda.

jersey-noa noa

Xersei en branco e negro, of course «moda danesa»


Mulleres

As mulleres ilustradas de Cavalinho do Demo gústannos en calquera dos formatos nas que as debuxa.

bolsa-cavalinho do demo-Tita


Estilo British

Oxford tricolor, con saia ou pantalón.

zapatos oxford


Conta atrás

Quen ía dicirme, que estaría encantada co frío. Pero a verdade é que a ausencia de precipitacións durante estes días é unha bendición.

Pero non vos deixedes levar polo entusiamo e preparádevos, porque o inverno aínda non chegou. Faltan ainda 11 días.
Na imaxe, unha das afortunadas  á que seguro que non lle importan nin o frío nin a choiva

abrigo-urbahia-Silvia1 abrigo-urbahia-Silvia


Burgundy ou verde

Resistentes no tempo, de tamaño medio, cómodos e en dúas cores. Na imaxe inferio o burgundy, xa esgotado. Ainda que no siguente enlace, podedes atopalo en verde.

bolso-nice things-pompón


Peppa Pig

Onte a cidade estreou o encendido Do Nadal. Mentras, nós aínda estamos cos últimos retoques.
Se non te vas esta ponte, poderás vir vernos no noso horario habitual. Abrimos hoxe sábado, mañá domingo e tamén o luns.
Mentres acabamos co noso escaparate, déixovos este que vimos fai pouco e que me ten tola!

escaparate Peppa Pig


A Moda e as súas tolemias.

Este outono é o das capas e os ponchos. Parece que toda it girl ten unha. E iso precisamente é o que menos nos gusta.
Pero como o das it girl non é o noso, podedes estar tranquilas. Porque mentres elas tolean por unha en particular ( que ademais rolda os 1000 €) nós temos varias opcións, que nada teñen que ver ca famosa capa que veredes en todas as revistas.

poncho-noa noa-Fiona

Na imaxe con cremallera, e petos de Noa Noa.


Crocodilo, caimán ou aligator

Desde Ourense, Ladrón de Arte e os seus colares importantes. Pezas que máis que un adorno convértense en pezas de coleccionista.

collar-Ladrón de Arte-Montse

Si pinchades na imaxe inferior poderedes atopalo na nosa tenda online.

collar-ladróndearte-coco-a

 


De novo o Nadal

É un tópico dicir iso de: «pero que pronto pasou este ano, fijate xa estamos  de novo en Nadal».
Pois se efectivamente, xa está de novo o Nadal, as comidas, os agasallos e ese suposto sentimento de felicidade colectiva.
Por iso repetimos ca Edición Especial das Matrioskas de Nadal.

matrioskas belén-ingela p arrhenius

Se queres darlle un toque orixinal e divertido ao belén deste ano, escolle a Ingela P. Arrhenius. Tamén na tenda online aquí.

matrioskas-navidad-ingela p arrhenius


Ensina o teu cu

De cando en vez mola deixar o abrigo na casa e cambialo por unha cazadora.

Uns vaqueiros, a cazadora e se cadra uns zocos, para este primeiro martes de decembro.

cazadora-noa noa-Blanca


Bilbo

Desde que Frank Gehry, alá polo ano 1997 dese forma ao Guggenheim de Bilbo, a cidade continuou transformandose a mellor e iso que a que escribe é unha «Giputxi».
Case 20 anos de transformación, que se aprecia en todos os sectores.
Desde o corazón do Bilbo máis vangardista, Maitane ademais da súa propia colección, alterna o seu tempo entre a confección de pezas para vestiarios escénicos e talleres de moda creativa.

vestido-cultto