Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “visit santiago de compostela

Transparencias!

Goza dos días de choiva coas transparencias. Evitan accidentes.

paraguas-Joy Herat turquesa paraguas-yoy heart paraguas-Joy Heart-azul


Feito a man

Entrando á esquerda temos o andel cheo de produtos feitos a man.
Con tecidos reciclados as novas mochilas de Anuscas Family e directo de Ecuador chapeu Panamá.

Imagen

Por certo, mañá Día das Letras Galegas estaremos abertos no noso horario habitual.
Ademais os domingos andamos de probas. Abrimos de 11:00 a 14.00 e de 17:00 a 20:00.


Chocolate e raias

A priori a mestura de negro e o chocolate non é unha combinación doada para o verán, con todo o vestido de Nice Things rompe cas probabilidades. Raias oblicuas no peito,horizontais na saia abullonada e ademais 100% liño para outorgarlle un plus nos días calurorosos.

Imagen

Disponible na tenda online aquí

Imagen


Unha Picheleira con aire Nórdico

Empezamos a semana cunha Compostelá con aspecto Nórdico. Ninguén mellor para ensinarnos un dos monos de AZabala. Unha mestura entre patróns estruturados e fluidez de tecidos con aspecto Nórdico.

Imagen

Imagen

Imagen


Pequenas Zoqueiras

As pequenas tamén lle dan aos Eferros. Nun número 31 e nun 34 as dúas irmás encantadas coas replicas dos orixinais no número 40.

Imagen


Madeira Ilustrada

Proposta para tarde de venres, unha ilustración.

Desde Pontevedra broche de madeira ilustrado por Cavalinho do Demo.

Imagen

Imagen

 


Kafountine 16° 44′ 20″ W

Por fin móstrovos un par de exemplos do traballo de Nerea Lurgain.
A deseñadora Donostiarra, preséntanos Kafountine. Porque na moda non todo é frivolidade.

Imagen

Imagen

O nome da a colección provén do poboado ao suroeste de Senegal no que Nerea colaborou coa ONG Neotiló.
Neotilió traballa con nenos e mulleres de Kafountine. Nerea participou na reparación da escola, actividades de manualidades e debuxo cos nenos do poboado e axudou a impulsar o proxecto “Vístete”: unha escola de costura a través da cal as mulleres de Kafountine atopan un modo de vida digno, deseñando e vendendo vestidos feitos co “kanga” ou tea africana.

De seguido imaxes tomadas en Kafountine no 2013.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen