Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para octubre, 2012

Samain

Noite de samain,vémonos o venres e o sábado no horario de sempre!


Colección Amaia Zabala

Hai unha semana comenteivos o premio que lle outorgaron a deseñadora Amaia Zabala.O 1º Premio de Kutxa Kultur Lana pola súa colección deste outono inverno.
Moitas das que vos achegastes á tenda, xa a coñecedes e para o resto amósovos as images. Espero que vos guste!

 


Xisela Rapaza Ela Diz

O post de hoxe faime especial ilusión, porque ademais de ver a Xisela na tenda, temos o gusto de vela no concerto de Love of Lesbian que se celebrou hai uns días en Malaga, que é o lugar de residencia desta Compostelá.

Xisela con vestido de Aguamarina Paris de día, e a continuación versión noite


Grazas polo detalle e  bicos guapa!

 


Patricia Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Patricia cun deseño de Nice  Things.

Un blazer jacquard en tons azuis, verdes e granates. Unha peza estupenda para acompañar os teus vaqueiros. Patricia apertas para todos e grazas.


Escaparate Ela Diz

Amósovos outra proposta do noso escaparate, esta vez de máis abrigo para a derradeira semana do mes de outubro.

Á dereita da imaxe, vestido Laga con bufanda Oriol e abrigo de lá de Nice Things. Á esquerda pantalóns campana con top e chaqueta de Aguamarina Paris e gorra de Céline Robert.

Vestido Pé de Chumbo

Bolso Oobuka en cor mostaza, zocos Elena Ferro e bolso ante de Laga.

Detalle do vestido de Pé de Chumbo e colar de Lindoron.


Amanda Rapaza Ela Diz

Tras o contratempo ocorrido na  noite do mércores e despois de case-solucionar todos os problemas hoxe empezamos o día con enerxías renovadas. Desde aquí agradecer a todas as persoas o interese e os animos e dicirvos que tivemos sorte porque a pesar do roubo, podemos dicir que a roupa non a levaron.


Na imaxe podedes ver a Amanda cun vestido en punto de seda negro, cun bonito escote e detalles en pel nos ombreiros da deseñadora Elisa Cortés. Grazas Amanda.


Pilar Rapaza Ela Diz

En primeiro plano podedes ver a Pilar con pendentes asinados por Anuka, da súa  serie «Girasoles».
Grazas guapa e apertas.


Dolores Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior podedes ver a Dolores con chaqueta de Nice Things, en cor gris e con peche lateral e escote pico cunha bonita bufanda da firma Oriol  en tons grises, laranxa e azuis. Grazas Dores, saúdos para todas!


Amaia Zabala triunfa en Kutxa Kultur Lana

Esta fin de semana a deseñadora Amaia Zabala levouse o primeiro premio no III Certame de Novos Deseñadores celebrado no Museo San Telmo de Donostia,  cidade natal da deseñadora.


Un Certame que ano tras ano avanza e tenta dar cabida aos novos deseñadores de todo o pais.


Na imaxe inferior  Amaia no Kutxa Kultur Lana


A continuación algunha das súas propostas

Como ela misma di «ou que máis me gusta facer, e creo que é un punto forte das coleccións, son os abrigos. Traballo moito o patronaje e as distintas capas. Tamén fago drapeados para vestidos e monos. É un contraste entre o fluído e o ríxido dalgunha maneira».
Se vos gusta non tedes máis que acercaros a Ela Diz e probarvos algún dos seus deseños.

 


Julie Rapaza Ela Diz

Na foto podedes ver a Lucie cun vestido de Nice Things con print xeométrico, pliegue na parte dianteira e petos. Lucie grazas e apertas aos dous.


Escaparate Ela Diz

Agora que a noite chega pronto

amósovos as novas propostas do escaparate de Ela Diz.


Vestido con print  en tons terra de Nice Things con parka verde de Laga  e vestido con detalle invernal de Malahierba con chaquetón de tricot malva de Nerea Lurgain.

Aos pés os zocos de Eferro e bolsos de Oobuka e Nice Things.

 


Bene Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos un dos deseños  de AZabala,  a moza Donostiarra que como noutras tempadas sorpréndenos cos seus patróns.

Na imaxe podedes ver a Bene, coa chaqueta de la en cor azul e negro, un indispensable para o longo inverno e como sempre cunha estrutura e patrón fora de común.
Bene un bico moi grande e moitas grazas !


Novos complementos Lindoron

Recentemente chegado dende Asturias, ensínovos as últimas xoias de Lindoron.

Para aquelas que estabades interesadas no seu traballo, anúnciovos que ademais de ter de novo algún dos seus colgantes con máis exito, esta vez  tamén poderedes gozar de novos deseños da súa colección Raias.

Na nova colección poderedes atopar pendentes e cologantes.

Colorido, diversión e imaxinación ao poder.


Isabel Rapaza Ela Diz

Na imaxe inferior podeis ver a Isabel cunha proposta da firma Francesa Mado et les Autres.

Un vestido e camiseta cheo de superposiciones e contrastes. Vestido de topos lila con chaleco superposto en gris, cun engurrado que deixa ver a unha baixo saia con print de frores.
Isabel moitas grazas e apertas para todos!


María Rapaza Ela Diz

Empezamos a semana  da mans de Oobuka. A firma creada polos novos deseñadores de bolsos, 100% deseño nacional.

Divertidos, orixinais e cunha combinación de materiais diferente, como o que leva María. Grazas e apertas guapa!


Domm and Gloom

Facía moito tempo que non soaba algo de música polo blog de Ela Diz, pero o novo single «Doom and Gloom» dos Rolling Stones desde logo meréceo. Para celebra o seu 50 aniversario regálannos esta xoia que convida a todo…sobre todo a bailar.


Yolanda Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos un dos vestidos da deseñadora Nerea Lurgain, da que vos falei hai poucos días.

Na imaxe podedes ver a Yolanda con vestido  gris e serigrafía en cor terra, cun gran pescozo e con gomas nos laterais para axustar a medida do vestido. Yolanda grazas bicos guapa!


Silvia Rapaza Ela Diz

 

Na imaxe superior podedes ver a Silvia cun vestido de Nice Things. Unha combinación de gris, verde e nude con táboas na parte inferior. Un saúdo Silvia e grazas


Imaxes do Santiago Stock

A semana pasada participamos do Santiago Stock e hoxe móstrovos algunha das persoas que se achegaron até Ela Diz.


Na imaxe superior podemos ver a un grupo de amigas chegadas dende Barcelona e que non puideron evitar a tentación.
A continuación Carmen con parka de Signal


Lémbrovos que mañá terá lugar o sorteo dos cheques regalo por valor de 500 € e que poderedes utilizar en calquera das tendas participantes.  Dende aquí quero agradecer a todos os que participastes do evento e desexarvos moita sorte, mantereivos informados.


Inmaculada Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver un dos bolsos de Nice Things.


Inmaculada decidiuse por un bolso de tamaño medio en cor  pel, moi fácil de convinar. Apertas e grazas.


Lucie Rapaza Ela Diz

Na imaxe inferior podedes ver a Lucie cun deseño da Asturiana Lindo Ron.

Un colgante cun efecto sorprendente,  alegra a vida ao momento como podedes apreciar máis abaixo.
Lucie moitas grazas e apertas!


Josefa Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Josefa cun dos vestidos da deseñadora Elisa Cortés. Cun bonito escote drapeado en cor negra e con detalle en pel nos ombreiros. Grazas Josefa, foi un pracer coñecer a alguén mais de A Baña


Belén Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior podedes ver a Belén cun bolso de Nice Things. Un bolso en cor teza e con vivos en marrón, convertible en dous tamaños e  que Belén leva como bolso de man. Un saúdo e grazas


Asunción Rapaza Ela Diz

Na imaxe inferior  podedes ver un vestido da firma Mado et les autres.  De manga curta cun gran pescozo. Asunción moitas grazas, un pracer charlar contigo vémonos en calquera das «Hondarribis».