Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “Schmuck in Galizien gemacht

Pelos, xoias e Rock & Roll

Os concertos da Sala Capitol, son unha boa escusa para que moitos visiten Compostela.
Preséntovos…. á rapaza co flequillo máis bonito de toda A Coruña.

pendientes-milena-amaya1

Pendentes de madeira, latón e perlas da Cambadesa Milena.

pendientes-milena-amaya


Cantiis e crenzas

Os Sanandreses de Ana namoran.O de que traen boa sorte… non cho sei.

collar-san andrés de teixido


Música e Artesanía

Hai unhas semanas recibimos un encargo moi especial. Decorar as gaitas de Miguel e Toñito.
Dous mozos, que a pesar de non adicarse profesionalmente á música teñen moi claro a importancia da conservación do Patrimonio Cultural da súa Terra.
E ninguén mellor que Ana Miguéns, para facer realidade estas pezas artesanais.

gaita e peliqueiro2 gaita e peliqueiro gaita e peliqueiro1


Terra de barbecho

Mentras a terra descansa, moito mellor no peito.

broche-fouciño-ferraxe de prata

Fouciño feito en prata e buxo.

ferraxe de prata-fouciño


Paxarelas

O deseñador Galego Franco Quintáns, recentemente galardoado co Dedal de Ouro 2014, polos seus mais de 20 anos como deseñador de noiva, sorpréndenos con outra liña moito máis casual.
Mr. FQ, unha colección de paxarelas para eles e outra para nós.
Con grandes elos, poderás levar a túa paxarela axustada ao pescozo ou mais longa, como se fora un colar.

pajarita-MrFQ

pajarita-Mr FQ


Ladrón de Arte

De novo en Ela Diz, Ladrón de Arte.

De esta volta, por partida dobre: ca súa colección de xoias e a súa 1º colección de roupa.

Unha mistura entre a elegancia e o casual. Con prendas cheas de bordados e de apliques de cristais.

chaqueta cristales-ladrón de arte

Ainda que todo o seu traballo faise en Galiza, estes rapaces están triunfando en Portugal.  Con reportaxes en revistas como Vogue ou  Trendt.

vestido troquelado- ladrón de arte

Si queredes coñecelos , podedes achegarvos ata aquí e  descubrir moito mais.

collar-ladróndearte-ashe--a collar-ladróndearte-insect


Investindo en Galicia

Agora que estamos en plena campaña electoral eu propóñovos apostar polos produtos feitos en Galicia.
Na imaxe un colar das Redeiras de Corme.

Imagen


A felicidade das pequeñas cousas.

Ás veces un pequeno detalle énchenos de felicidade. Iso é o que pasa coas xoias de Latonta y Larubia. E para mostra, un anel!

Imagen

Imagen

Imagen

Grazas Marta.