Eider, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos a Eider cun vestido de Aguamarina, un vestido con escote pico e unha combinación de verdes, laranxas e ocres.
Eider foi unha alegría coñecerche, cando teñamos morriña da nosa terra poderémonos xuntar. Eskerrik asko eta laister arte !
Lene, Rapaza Ela Diz
Hoxe móstrovos a Lena cun look AZabala.
Vestido de satén negro con detalle de rede no ombreiro e un drapeado na parte inferior e blazer negro de manga francesa. Lene grazas pola túa simpatía, un pracer.
Raquel, Rapaza Ela Diz
Na imaxe amósovos a Raquel cun deseño do Brasileiro Hoertonn. Un vestido negro con contraste en rosa fucsia. Un bico guapa, e moitas grazas.
Mª Mar, Rapaza Ela Diz
Hoxe móstrovos os complementos de Manitas de Prata. A Mª Mar encantáronlle estes pendentes con baño de ouro e ilustración dunha moza con gorro vermello.
Na siguente imaxe cos pendentes e o colgante de Manitas de Prata, con ilustracións únicas para cada peza.
Un pracer coñecervos rapazas, un saúdo e moitas grazas.
Rosa, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Rosa, cunha camiseta das deseñadoras catalás Luna Moreno.Cunhas táboas laranxas que contrarrestan o negro das costas e detalle branco no escote.
Rosa un pracer coñecerche, grazas e apertas.
Elvira, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Elvira cun vestido da firma Elisa Cortés. En punto de seda de cor negra e cunha tira de coiro en ouro vello para encaixar ao pescozo. Grazas Elvira, apertas.
Bonecas articuladas
Hoxe móstrovos o traballo de Manuela e as súas bonecas articuladas que decoran dende hoxe Ela Diz.
Se vos gustan non tedes máis que pasarvos pola tenda e descubrir de preto o traballo desta deseñadora gráfica que asina o seu traballo co nome de Mow.
COMENTARIOS