Novos complementos con toque étnico
Hoxe móstrovos o traballo de Nuria, unha galega que se inspira nas súas viaxes á hora de facer as súas coleccións. O último en chegar a Ela Diz a súa colección en bronce. Espero que vos guste.
Merche, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos a Merchi con abrigo de Laga en cor verde con detalle nas costas. Deséxoche bo regreso e grazas por todo Merchi.
Pilar, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Pilar con blusa de seda da firma danesa Whiite. Tamén tedes a opción de levala en outro cor, como vedes na siguente imaxe. Pilar coma sempre, grazas e apertas.
Novas propostas de Mónica Cordera
Presentámosvos tres propostas moi diferentes da diseñadora Mónica Cordera que podedes atopar en Ela Diz. Abrigo de la azul eléctrico, vestido negro con pescozo de coello e unha camisa simplemente espectacular. Calquera delas é perfecta pra unha noite de sábado.
O Nadal en Ela Diz
Escaparate de Nadal en Ela Diz.
En tons azuis e brancos, que nos transportan ás frías terras onde habitan os renos.
A Reixa e as noites Compostelás
Vivir en Compostela ten moitas cousas boas. É unha cidade pequena, cunha zona vella sen igual, con tendas, galerías, concertos, festivais de cinema, bares, pubs… e aínda por riba co bar A Reixa!
E é que onte inaugurouse a ampliación deste bar que enche as noites da mellor música rock e de bo ambiente. Felicidades a todos os Reixanos.
Novos complementos dende Roma
Presentámosvos o traballo dunha italiana licenciada en escultura recén chega a Ela Diz. Sandra caracterízase pola utilización de materiais simples unidos a deseños sofisticados.
O seu traballo pódese atopar en galerias, museos e boutiques repartidos por todo o mundo, entre os que destacan o Moma, e o Guggenheim e entre os seus admiradores a Pedro Almodovar ou Enzo Mari.
Todas as súas coleccións reinterpretan as técnicas tradicionais italianas con materiais máis contemporáneos e centrandose no deseño.
Espero que vos guste tanto como a nós, quizais porque ademais de admirar o seu traballo quedamos prendados da súa forma de ser. Grazas por todo Sandra e ata pronto!
Cristina, Rapaza Ela Diz
Na foto podedes ver a Cristina coa versión máis curta do abrigo de Laga. Ideal para combinar con pantalóns. Grazas Cristina, foi un pracer falar contigo.
Visita de luxo en Ela Diz
Ela Diz está de sorte! Tivemos o pracer de recibir a visita de Elena Ferro, a deseñadora dos zocos máis cool de todos os tempos. Na imaxe podedes ver a última versión, esta vez nun verde moi tentador. Elena moitas grazas por todo e sorte na túa próxima viaxe!
Luisa, Rapaza Ela Diz
Luisa veu por primeira vez a Ela Diz na Fashion Night Compostelá e non se se polo influxo da noite ou polo cava e os bombones, o caso é que aquí a tedes de novo con abrigo da firma Laga. Grazas Luisa!
De novo cambios no escaparate
Hoxe ensínovos os cambios no escaparate de Ela Diz. Xogando co negro e o gris de fondo pero engadindo pinceladas de cor nos complementos.
Elena, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Elena cun vestido multicolor da firma vasca Laga combinado cun cinto cor ouro vello de Elisa Cortés. Elena moitas grazas por todo.
Luisa, Rapaza Ela Diz
Luisa achegouse ata Ela Diz para mostrarnos o guapa que ía cos zocos de Elena Ferro. Nesta ocasión combinados cuns quentadores negros . Moitas grazas por todo Luisa, apertas.
Grazas de novo!
Queremos agradecer aos máis de 1.000 amigos no Facebook, aos máis de 14.000 visitas no noso blog, aos que nos visitades na tenda, e a todos aqueles que nos axudaron de unha ou outra maneira, e que mellor forma que aplicando un desconto do 30 % nas compras efectuadas hoxe, tedes tempo ata as 20:30 da tarde. Bicos
Pilar, Rapaza Ela Diz
Hoxe ensínovos a Pilar cun deseño da firma danesa Style & Butler. Un vestido de la e moher con abelorios en cor gris e cun pescozo amplo. Ideal para unha ocasión especial na que seguro non pasaredes frío. Moitas grazas Pilar e saúdos.
Silvia, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Silvia cun de deseño de Amaia Zabala. Vestido-nó en cor tella moi propio pra estes días de outono. Grazas Silvia, un pracer coñecervos.
Rocio, Rapaza Ela Diz
Na imaxe Rocío con abrigo verde de Laga, con dobre botonadura e un longo idóneo para levar con pantalóns. Saúdos de novo Rocío.
Escaparate Ela Diz
Unha mañán como a de hoxe non pasará de novo ata dentro de 100 anos, e como a nosa non foi del todo boa, casi que o celebramos.
A pesar de todo, querémosvos ensinar os cambios do escaparate. Por unha banda a proposta de Luna Moreno con saia e camiseta en tons negros combinando o gris e o branco, e doutra banda Whiite cun vestido en tons verdes e abrigo de lan, sen esquecer os complementos como o bolso, o colgante, os zocos ou a boina.
Montserrat, Rapaza Ela Diz
Hoxe móstrovos a Montserrat cun vestido de Signal, cadros escoceses unidos a unhas chorreras no peito. Unha proposta axeitada para o día a día.
María, Rapaza Ela Diz
Hoxe ensínovos un deseño da firma danesa Whiite. Trátase dun vestido nun favorecedor estampado verde con petos en cor laranxa e pequenos botóns en dourado no escote. Un pracer coñecerche María!
Alba, Rapaza Ela Diz
Na imaxe Alba combina os pantalóns vaqueiros elásticos de Signal coa camiseta asimétrica en ton gris aceiro de Luna Moreno. Grazas as dúas!
Cristina, Rapaza Ela Diz
Na imaxe podedes ver a Cristina a piques de saír de Ela Diz cos zocos en cor berenxena de Elena Ferro. Apertas
Rocío, Rapaza Ela Diz
Na foto móstrovos a Rocío con deseño de Luna Moreno, en tons pedra, beige e rpespuntes en vermello. Grazas Rocío, o cava boísimo e a compañía de primeira. Un saúdo
Nerea, Rapaza Ela Diz
Na imaxe móstrovos a Nerea con xersei de Pi Wear, con cintura alta en negro, pescozo cheminea e corpo con estampado en espiga. Gustaríame mandar un abrazo a Nerea, Estibaliz e os seus acompañantes,espero que nos vexamos en Hondarribi, Zaragoza…, quen sabe! Apertas
COMENTARIOS