Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “visitar santiago de compostela

Imagen

Agardamos por vós.

O comercio local é a solución. #cidadesvivas


Outubro un mes 10

Coas rúas non tan cheas de turistas, o mes de outubro é un bo momento para achegarse até Compostela.

vestido-nathalie-vleeschouwer-lorna-det

Descubrir con tranquilidade, rúas, prazas e museos. Degustar un bo viño, visitar o mercado de abastos. Percorrer algún dos nosos parques, tomar unhas copas en calquera dos pubs da zona vella e por suposto facer un pouco de shopping. Para poder descubrir xoias como esta.

vestido-nathalie-vleeschouwer-lorna


Animais alados

Marta decantouse por estes dous para facer un agasallo. O reino animal e tan grande que seguro que atopas ao teu preferido. Si queres descubrir mais, visita a sección deco&agasallos da nosa  tenda online aquí.

omm design-marta pazos


Facendo colegas en Compostela

Na imaxe podedes ver a Zaloa e Patricia. Dúas rapazas casi veciñas. Unha de Bilbo e outra de Santander pero con moito en común. Entre elea a Artesanía Galega.

cestos-idoia cuesta-Zaloa y Patricia

Namoradas en principio dos zocos de Eferro, non dubidaron ante os cestos de lá de Idoia Cuesta. Bicos rapazas!!


Chocolate e raias

A priori a mestura de negro e o chocolate non é unha combinación doada para o verán, con todo o vestido de Nice Things rompe cas probabilidades. Raias oblicuas no peito,horizontais na saia abullonada e ademais 100% liño para outorgarlle un plus nos días calurorosos.

Imagen

Disponible na tenda online aquí

Imagen


Unha Picheleira con aire Nórdico

Empezamos a semana cunha Compostelá con aspecto Nórdico. Ninguén mellor para ensinarnos un dos monos de AZabala. Unha mestura entre patróns estruturados e fluidez de tecidos con aspecto Nórdico.

Imagen

Imagen

Imagen


Investindo en Galicia

Agora que estamos en plena campaña electoral eu propóñovos apostar polos produtos feitos en Galicia.
Na imaxe un colar das Redeiras de Corme.

Imagen


Minientrada

Un Batik vermello

Da colección Kafountine de Nerea Lurgain, vestido con escote nas costas.

vestido-nerea lurgain-detalle-rosa

Esta colección destaca polos seus estampados realizados coa técnica Tie-dye e Batik e tintados artesanalmente en cores da terra: marrón, verde, vermello, beige e negro.

Imagen

 


Pequenas Zoqueiras

As pequenas tamén lle dan aos Eferros. Nun número 31 e nun 34 as dúas irmás encantadas coas replicas dos orixinais no número 40.

Imagen


Photocall

O pasado sábado día 12 celebrouse en A Coruña a Gala dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego.
Na imaxe podedes ver á presentadora Irene Lourido, que acudiu á cita con Moda feita en Galicia, un vestido da deseñadora Mónica Cordera.

Imagen

Grazas Irene!


Ilustrísimas 2014

Xa recibimos as Ilustrísimas de Mi Clo.
Camisetas ilustradas a base de moita arte. A arte que ten Camino, para plasmar as súas viaxes nunha edición limitada de camisetas.

Imagen

Imagen

Imagen

Nas imaxes superiores puidestes ver o xeito de traballar de Camino. De seguido o resultado final dos seus deseños.
Este ano viaxaremos con Mi Clo a…

Las Vegas

Imagen

California

Imagen

West L A

Imagen

Yosemite

Imagen

Chicago

Imagen

 


Transparencias en branco e negro

O novo de AZabala xa está en Compostela. Hoxe pequena mostra da súa nova colección para esta primavera verán.

Imagen

Mesmo concepto de deseño plasmado en dúas propostas diferentes. A comodidade dos vestidos oversize e a elegancias dos monos slim.

Imagen


Madeira Ilustrada

Proposta para tarde de venres, unha ilustración.

Desde Pontevedra broche de madeira ilustrado por Cavalinho do Demo.

Imagen

Imagen

 


Exótico pero feito na terra!

A Asturiana Mónica Cordera preséntanos de mans da espectacular Carmen Xu, algún dos seus deseños.

Imagen

Se tes algún evento e gústache ir de longo hoxe temos dúas opcións. En ambos os casos combinados con complementos de aire moi exótico pero realizados en Galcia.

Imagen

 


Da cama á rúa

Hoxe móstrovos as fotos do blog essentialnice cunha das camisas que podedes atopar en Ela Diz.
Lembrando os pixamas de toda a vida, con un toque oriental parécenos un acerto como sobrecamisa.

Imagen

Imagen

camisa-nice things2

 


Entrelazadas

De seguido podedes ver  detalle das costas da camiseta ovesize de María Roch. Dispoñible en negro e  azul celeste para os esperados días de sol!

Imagen

Moda feita en Barcelona.

Imagen


Clásicos de sempre.

O beige e o negro son dous clásicos de sempre, que Elisa Cortés combina esta primavera verán. Engadindo ademais detalles en nacar e rafia.

Imagen

Imagen

Imagen


Todo un éxito

Empezamos o mes de abril cunha proposta de Natalie Wleeschouwer . Un vestido en crepé de seda con asimetría e cun print orixinal da casa en tons area, laranxa e negro.

Imagen

Aproveito a ocasión para agradecervos a tod@s por colaborar no noso blog. Coas vosas fotos conseguimos mostrar as nosas novidades dun xeioa máis próximo e real. Grazas 🙂

Imagen

 

 


Aberturas e transparencias

Os deseños de Rita Row sempre teñen sorpresas.

Imagen

Na imaxe xersei con abertura nos cóbados e as costas, de raias semitransparente.
Moda ética realizada integramente  en Barcelona.

Imagen


Eles tamén se animan!

Eles adoitan vir sós, elas con amigas, pero coas Marías sempre ocorre o mesmo. Todo o mundo namórase ao momento

Imagen

Imagen


Un Griego feito en Galicia

Para as amantes dos vestidos longos, Mónica Cordera regálanos esta xoia esta primavera verán.
Vestido plisado, con escote grego de Edción Limitada, Numerada e o que máis nos gusta, feito en Galicia.

Imagen


Africa non está tan lonxe

Se aínda non volo había devandito, son unha namorada de Africa. E esta tempada estamos de sorte, porque poderemos ver cantidade de pezas inspiradas neste continente.

Técnicas de tintado, cores, e estampados de clara inspiración Africana.
E para exemplo, a camiseta de Nice Things Africa Panneau.

Imagen

En negro, beige e terra con print tribal.

Imagen


Coidado ca gorxa

Empezamos a semana cunha proposta para os nosos pescozos. O meu lixeiramente danado tras os excesos da zoqueada polo noso 3º Aniversario. Celebración que grazas a visita de bos amigos poidemos prolongar durante o fin de semana.

Imagen

En tamaño XL echarpe de Nice Things desta primavera verán 2014.

Imagen


Mangas curtas

Xa nos empezamos a atrever coas mangas curtas. Polo menos se son de xersei. Ainda que teremos que pór aínda a cazadora.

Imagen

Xersei de liño de Nice Things.