Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para julio, 2012

Imelda Rapaza Ela Diz

Hai uns días pasou pola tenda Imelda, unha suíza de vacacións por Galicia e cun gran interese na Moda Galega.


Na imaxe amósovos a Imelda cun deseño de Mónica Cordera, en particular coa súa camiseta con detalle no peito e mangas abullonadas. Xa sabedes a rapaza  Asturiana afincada en Galicia, onde realiza todo o seu traballo.
A continuación podedes ver a Imelda cun deseño dos Galegos Chula.


Un divertido e animado  vestido de seda pintado a man.


Grazas Imelda, un pracer coñecervos!


O agosto do mes de xullo

Por que esperar ao mes de agosto para dar un cambio ao teu armario? Dende hoxe aproveita,  recicla e merca a prezos irresistibles!


Sandrine, Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos a Sandrine cun deseño da firma Nice Things. Un vestido de seda en tons azul e gris. Como é habitual na firma, todos os seus deseños levan detalles que o fan diferente como neste caso que  ten  detalle de táboas en diferentes  cores no escote e na parte inferior. Moitas grazas Sandrine, un pracer coñecervos e charlar convosco.Apertas !


Liis, Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior podedes ver a Liis cun blazer da firma Nice Things. De cor gris e con detalles en branco e amarelo nos puños,  petos e pescozo, ademais duns orixinais botóns en forma de flor acabados cun brillante.
Liis apertas e grazas.

 

 


Charo, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver un dos panos da firma italiana Oriol. Neste caso Charo decidiuse polo fulard de seda maxi longo e estampado étnico. Grazas Charo e apertas.


María Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos a María cun vestido da firma Aguamarina, de cor negra con topos e un drapeado transversal na parte dianteira. Grazas María e bicos guapa!


Nadia, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Nadia cun deseño do Brasileiro Hoertonn. Unha combinación moi favorecedero de chocolate e azul. Grazas Nadia pola túa simpatía, apertas.


Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver á Sra. Waldhoter cunha propuestade a firma Nice Things.

Unha chaqueta curta verde con detalles en relevo na parte superior en diferentes tons.  Grazas e apertas


Lucia, Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior  podedes ver a  Lucia cun  deseño das deseñadoras Catalás Luna Moreno. Unha camiseta negra  con táboas en cor laranxa na parte dianteira e detalle en branco no pescozo. Grazas Lucia, foi un pracer charlar convosco.


Olga, Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos un dos vestidos dos deseñadores Galegos Chula .


Podedes ver a Olga cun  vestido  negro  moi pirata, con caveira  e un bonito cinto multicolor. Grazas Olga e apertas guapa !


Parabens Madiba

Hoxe comenzo o  día cunha bonita canción, en homenaxe ao gran Nelson Mandela, que hoxe cumpre 94 anos.
Un exemplo de home e de político que dedicou a súa vida pola loita contra o apartheid e que moitos dos nosos gobernantes poderían tomar como exemplo.
Parabens Madiba!


Ela Diz de paseo pola Alameda

Móstrovos algunha das fotos do blog  yo no soy una it girl , cun dos vestidos de Ela Diz.

Nesta ocasión cun deseño das xoves Ambrosia Pitigüil, en cor rosa, con estampado de bolboretas e combinado con cinto marrón das mesmas deseñadoras. Un paseo perfecto pola Alameda Compostelá.


Teresa, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Teresa cun blazer da firma Mado. Unha combinación area e beige en viscosa e cun bonito corte. Grazas Teresa, como sempre é un pracer falar contigo, apertas.


Laura, Rapaza Ela Diz

A continuación podedes ver a Laura cun vestido das deseñadoras Catalás Luna Moreno. En cor area con detalles champagne nos ombreiros e na parte posterior, destaca o seu bonito escote drapeado. Laura, moitas grazas por todo guapa e apertas !


Rosa, Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos a Rosa cun deseño do Brasileiro Hoertonn.

Un vestido globo en cor gris con detalles de cor nos ombreiros e na cintura e pequeno bolsillo no peito. Grazas Rosa e apertas.


Antía, Rapaza Ela Diz

Na imaxe inferior podedes ver a Antía cun dos deseños exclusivos e de edición limitada da deseñadora Mónica Cordeira, onde destaca o favorecedor escote drapeado asimétrico. Grazas Antía e saúdos.

Si visitades a nosa tenda online, www.eladiz.com  poderedes atopalo a un precio irresistible con un 50 % de desconto.


Nos baixamos os prezos

Como alternativa a este mercores negro, nós dámosvos un respiro e baixamos os prezos. Todo ao  40 %, 50 %, 60 % e

70 %.


María, Rapaza Ela Diz

A pesar de que as noticias do día non foron moi alentadoras, os que somos autónomos e temos un pequeno negocio non podemos deixar de traballar e de tentar seguir adiante co noso soño.
Así que hoxe móstrovos a María, a nosa «Kutxera» preferida con pantalóns e blusa da firma danesa Whiite. Un conxunto en seda elástica, en cor gris antracita, cómodo e elegante. Maria grazas e bicos


Malicia chegou a Compostela

Ela Diz énchese de Malicia e amósavos o traballo dos seus dous deseñadores, ambos con formación e experiencia en diferentes disciplinas profesionais e oficios afíns á xoiaría.

Gargantilla colección Octubre

Gargantilla colección Octubre.

Ademais do estudo-taller, situado en madrid pero conectado co mundo, conta con colaboracións regulares de profesionais de diferentes sectores afíns á creación.

Conxunto colección Bailarinas 

Pendentes colección Bailarinas en prata e cobre.

Colgante, gargantilla, pulsera en cobre e organza.


Clara, Rapaza Ela Diz

Preséntovos a Clara, cun vestido negro de punto de seda e  pescozo de coiro en ouro vello da firma Elisa Cortés.  Sinxelo, elegante e moi cómodo, un vestido apto para poñer en diversas ocasións. Grazas Clara e apertas aos dous.


Sra. Bodil Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos á Sra. Bodil cun deseño das irmás que forman Ambrosia Pitigüil, neste caso a Sra. Bodil decidiuse polo vestido de bolboretas nun favorecedor ton amarelo.
Grazas pola simpatía e apertas!


Laura, Rapaza Ela Diz

Hoxe tócalle a quenda a Laura, que a pesar de que esquivou o das fotos anteriormente, esta vez non pudo evitalo. Laura leva zocos de inverno da artesá Eferro en rosa fucsia, pantalóns vaqueiros campá e cinto de charol rosa da firma Whiite, camiseta de seda con detalle de coiro no pescozo da deseñadora inglesa Scaline.

Para rematar o look, Laura camúflase baixo un precioso chapeu da mítica Sombrerería Igresias, xa sabedes unha das tendas con máis historia da cidade, moi preto de nos na Rua do Vilar.
Grazas Laura, apertas para ti e mais para Matilde.


Rosa, Rapaza Ela Diz

As ilustracións feitas xoias de Manitas de Plata, seguen encantando a todo o mundo.

Nesta ocasión Rosa decidiuse polo colgante de prata con ilustración mariñeira.
Rosa apertas e grazas !


O Plan Perfecto… Agolada

Esta fin de semana, existe o Plan Perfecto! Desde logo eu non mo perderei e achegareime até Agolada para visitar o 1º Encontro de Artesania Tradicional e Popular de Galicia.


Poderedes atopar o traballo de artesáns de moi diversa índole , música, catas, obradoiros, nun lugar idílico e moi próximo a Compostela.

Se queredes decatarvos das actividades e horarios, visitade a páxina da Fundación e descargarvos o programa.