Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Archivo para junio, 2014

Namorada de Pé de Chumbo

A xente que segue este blog e que tras varios anos vaime coñecendo, dime que notan cando escribo sobre algunha deseñadora ou peza que me gusta.

Pois hoxe, é un deses días.

 

Imagen

Namorada me ten este vestido de Pé de Chumbo.
Se vos gusta tanto como ao min, a partir de mañá teredes a oportunidade de mercalo a un super prezo, porque mañá por fin empezan as REBAIXAS!!!


O can máis dócil do mundo

Guardian non ladrará aos veciños, tampouco avisarache dos ladróns, pero axudarache a decorar o teu andel. Fácil de montar, realizado en cartón  e inspirado no cómic.

Imagen


Comodidade mediterránea

De terras mediterráneas con nome que soa a extranxeiro, Rita Row proponnos pezas cómodas, oversize e asimétricas como a da imaxe

vestido-rita row--


Ladrón de Arte

Foi tal o exito destas pezas que non tivemos a oportunidade de mostrarvolas.
Ladrón de Arte e as súas xoias de gran tamaño. Realizadas en Galicia de maneira artesanal.
Así que  teredes que vos conformar con ver o último en saír de Ela Diz.

collar-ladrón de arte-Patricia


Amiga de Pan

«Amiga de pan» así se chama a nova colección de Latonta y Larubia.
E é que tras os meses de chuvia que tivemos por estas terras, Nuria e Ramón o tiñan claro. A primavera necesita  frores e cores.

Un traballo artesanal pero co selo indiscutible da casa.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

 


Escotes e botóns

Se fuches nai hai pouco, e estaslle a dar o peito ao teu nen@,  a camisa de Noa Noa pode ser unha boa opción. Está chea de botóns!

Imagen


Refraneiro Galego

Desde Vedra temos a sorte de presentarvos o proxecto de Isa Albela, BOH.
Tras acabar os seus estudos de deseño e fotografía artística e probar sorte no mundo laboral Isa decidiu deixar o seu traballo e dedicarse de cheo a BOH.

Imagen

BOH é un proxecto de deseño e creación gráfica que nace coa idea de romper o estereotipo que o define. Representa , un “berro de guerra” que se reflexa mediante a creación e a valoración da nosa forma de ser e de todo o que nos rodea, coa creación de deseños divertidos e simples que se verán aplicados a diferentes formatos e materiais.

Imagen

O refraneiro popular galego en totes XL cunha tipografía única.

Imagen

Detalle do packaging

Imagen

 


Vaqueiros, tacóns e un pouco de glamour

Se o teu son os vaqueiros. ¿Que che parece se o combinas con este top de Pé de Chumbo?

Se lle engades uns tacóns podería ser unha opción perfecta para esta noite.

top mangas -pé de chumbo


Agasallos para unha voda

Decorar o piso duns recén casados xa non se leva. O sobre con cartos ou dar o número de conta resulta pouco elegante
Así que vos damos unha idea: agasalla Artesanía Galega.

Imagen

Iso é o que fixeron Elena e Budiño. Encargaron un par de Eferro para os noivos.


3 en 1

Sen dúbida este vestido de Mónica Lavandera é o máis versatil de toda a súa colección. Un vestido de dúas pezas que podes levar completamente abotoado, semi aberto como vedes a continuación ou mesmo desabrochando todos os botóns da parte central como na última imaxe.

vestido-monica lavandera-kim

vestido-monica lavandera--abiet


A familia medra

Pensamos en falar con Ingela, e engadir un novo membro á familia das Matrioskas Robots.

Mentres disponible tamén na nosa tenda online. Na sección deco & agasallo

Imagen


Minientrada

Bodegón

Outro xeito de inspiración.

ideas-espiga e verde

Imagen


Rombos

¿Lenbrades cando tiñas que ir pra cama porque a peli tiña dous rombos.?Pois o vestido de hoxe vai de rombos, rombos que deixan entrever parte da cintura.

vestido-rita row-kim

Vestido Suzy de Rita Row, dispoñible na tenda online.

vestido-rita row-kim1


Sesión Vermú

Os sábados tamén traballamos, pero as tres horas que temos ao medio día dan para a sesión vermú e para moito mais en Compostela.
Empezamos ca visita á Romaría Pop, ambientazo, música, compras…e media cidade ao sol.
Un pouco máis tarde atopamos a  Nacho Vegas antes do seu concerto na Sala Capitol. Como non, de paseo pola  Rúa de San Pedro.

Imagen

E para rematar un xardín, secreto para min até hoxe: o xardín do Pazo de Amarante .

Imagen

Imagen

 


Étnico

Este fin de semana damoslle ao coiro. Bolso de estilo étnico de Nice Things.

Imagen

100 % pel e detalle do bordado

Imagen


Xiro reversible

O traballo de Lourdes é un hibrido entre artesanía, deseño e o traballo de modista.

vestidos-lolulitas

Xiro é a súa colección para este verán. E o máis característico das súas pezas é que son todas reversibles.

camisetas-loulitas

A continuación podedes ver como una mesma peza transfórmase en distintas opcións.

monos-loulitas

vestidos-loulitas-movimiento

 


Non esquezas a túa cabeza.

En Compostela sempre  tarda en chegar o verán, pero ainda que tarde, a calor apreta de carallo. Para combater os raios de sol, chapeu de palha.

gorro-Raquel


Mulleres Ilustradas

De novo desde Pontevedra, as ilustracións de Cavalinho do Demo. Pratos e cuncas nunha serie numerada e repleta de mulleres cautivadoras.

prato-cavalinho do demo

prato-cavalinho do demo1

mugs-cavalinho do demo-mulleres

prato-cavalinho do demo2 prato-cavalinho do demo3

 


Xogando a traballar

Saír de compras co peque da casa non sempre é un problema. Só fai falta motivalo un pouco.

Deste xeito, o tres tivemos a nosa recompensa. Mamá tivo un intre para ela mesma, o peque foi o mellor dependente de Ela Diz e eu ao  mellor axudante.

vestido-nathalie vleeschouwer-Teruca

Vestido de Nathalie Wleeschouwer.


Frores de amendoeiro

Frores de amendoeiro para un todo terreo con tres opcións diferentes de poñer. Pantalón con sobre saia, pantalón e top ou cada un por separado.

pantalón-falda y top-Nina

pantalón-falda-top-aguamarina paris


A sabedoría dos anos

O bo de cumprir anos, é que tes claro o que necesitas. ¡Anne Marie seguro que hoxe non se molla!

impermeable-noa noa-Annemarie

Na imaxe impermeable de Noa Noa e para engadir un pouco de cor,  foulard de María Feijoo


María Roch x 3

De novo en Compostela vestidos con transparencia de María Roch.

Podes escoller entre a sobriedade do negro, a delicadeza do verde améndoa, ou o coral máis atrevido.

vestidos-maría roch1

De seguido acompañados por pezas de Nelumbo, Iomiss e Latonta y Larubia

vestidos-maría roch & collares


Kimono

A deseñadora Sira Ryf, versiona a peza máis famosa do Japón, o Kimono. Tinguido coa técnica Batik, escote en V dianteiro e traseiro e tachuelas e cremalleras antigas.

kimono-sira ryf-Rosa


Ideas para o mes de xuño

Camiseta abotoada nas costas

camiseta-escote espalda-nice things-tras camiseta-escote espalda-nice things camiseta-escote espalda-nice things-1