Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “boutiques originales Saint Jacques de Compostelle

Donostia ou Barcelona

Curto ou longo, liso ou raias,Donostia ou Barcelona … as nosas #SantasRebaixas é o que teñen.

vestido-nerea lurgain-Mabel Montes

 

vestido-ssic&paul-mabel montes


Vicio ilustrado

Vicio, coleccionismo, ou  decoración.  En calquera dos casos escolle as caixas de mistos de Ingela P. Arrheniu.

mistas-ingela p arrhenius-Diego1 mistas-ingela p arrhenius-Diego

 


Dispostas para a aventura

Deb e Barb, dúas aventureiras das de verdade, das que percorren  mundo, non o dubidaron.
Precisaban para o seu viaxe un abrigo resistente para a choiva e o vento. Un pracer coñecervos:-)

cazadoras-blaest1

cazadora-blaest2

cazadoras-blaest 3


Ourense viste de Moda

¿Tes unha voda e ainda non sabes que vestido levar?
¿Convidáronche aos Mestre Mateo e  a falta de 5 dían non tes modelito?
Aposta pola moda feita en Galiza e sorprende con este vestido vermello con pedrería de Mónica Cordera.

vestido con pedrería-mónica cordera


Coming soon

Desde Bergen, Noruega axiña en Compostela

blaest


Vidas cruzadas

Ás veces o bo tarda en chegar. Iso é o que nos pasou con Similia Similibus Costume e a súa colección Vértices.
Como curiosidade, as nosas vidas teñen varios puntos en común. Ambas nacemos en Donostia e as dúas optamos por vir estudar a Santiago de Compostela e mesmo compartimos nome.

Vestido vertice composto por pezas, que se ensamblan por vértices, articulando vestidos poliédricos como o da imaxe.

vestido-similia similibus-Rosa


Quenda de mañá no Cineuropa

Ás mañás aproveitamos que non hai ninguén na cola do Cineuropa.

CineEuropa-taquilla-zocos-eferro CineEuropa-taquilla-zocos-eferro1


Un troquelado

Os afeccionados ao craft, non podería vivir sen unha troqueladora. De esas que fan corazóns, estrelas, lazos e unha longa lista de dibuxiños.
Os Ourensáns Ladrón de Arte, cun único troquel proponnos este vestido para o outono 2014.

vestido-ladrón de arte-det

vestido-ladrón de arte-troquelado


Terra de Albariños

Milena natural de Cambados, tras esturdiar xoiaría en Mestre Mateo e realizar varios stages en distintos talleres ceramistas, presenta unha colección de pezas únicas feitas a man.

collares-Milena

pendientes-milena

broches-Milena

Unha  mestura de tres dos seus intereses actuais: xoiaría pintura e cerámica que xa podedes atopar en Compostela.

 

collares-Milena3

collares_Milena2


Paxarelas

O deseñador Galego Franco Quintáns, recentemente galardoado co Dedal de Ouro 2014, polos seus mais de 20 anos como deseñador de noiva, sorpréndenos con outra liña moito máis casual.
Mr. FQ, unha colección de paxarelas para eles e outra para nós.
Con grandes elos, poderás levar a túa paxarela axustada ao pescozo ou mais longa, como se fora un colar.

pajarita-MrFQ

pajarita-Mr FQ


Minientrada

Rodeada de bo rollo

¿ Gústache ir coas colegas de compras ? aprende destas.

Imagen

Ademais de axudar, comentar e pasar un bo intre na zona sofa-probladores, tiveron o detalle de compartir foto con Ana, a quen podedes ver con vestido asimétrico de Nerea Lurgain.
Grazas rapazas, un gustazo!

vestido-nerea lurgain-ana det


Aberturas e transparencias

Os deseños de Rita Row sempre teñen sorpresas.

Imagen

Na imaxe xersei con abertura nos cóbados e as costas, de raias semitransparente.
Moda ética realizada integramente  en Barcelona.

Imagen


Eles tamén se animan!

Eles adoitan vir sós, elas con amigas, pero coas Marías sempre ocorre o mesmo. Todo o mundo namórase ao momento

Imagen

Imagen


Un Griego feito en Galicia

Para as amantes dos vestidos longos, Mónica Cordera regálanos esta xoia esta primavera verán.
Vestido plisado, con escote grego de Edción Limitada, Numerada e o que máis nos gusta, feito en Galicia.

Imagen


Coidado ca gorxa

Empezamos a semana cunha proposta para os nosos pescozos. O meu lixeiramente danado tras os excesos da zoqueada polo noso 3º Aniversario. Celebración que grazas a visita de bos amigos poidemos prolongar durante o fin de semana.

Imagen

En tamaño XL echarpe de Nice Things desta primavera verán 2014.

Imagen


Jumpsuit

Os monos cada día teñen máis seguidras.
Na imaxe proposta de Nice Things para esta primavera verán.

Imagen


Rita Row

Temos o gusto de presentarvos a Rita Row e a súa colección «Black Beicon»
A pesar de que o nome soa a estranxeiro, é unha marca 100% mediterránea.

Imagen

Imagen

Producida integramente en talleres locais de Barcelona. Rita Row é asimetría, superposiciones,  cortes e texturas. E tras ela atopámonos a Inma Serra e Xènia Semis.

Imagen

Imagen


Mónica Lavandera spring 2014

Xa na tenda, un avance da colección de Mónica Lavandera .

Imagen

Imagen

Vestido coral e branco, con posibilidade de levalo aberto ou pechado.

Imagen

Imagen

 Edicións limitadas e numeradas cun patronaje moi estudado.

Imagen

Imagen


Inspirada na Tradición

Proposta do día: colar Os Maios de Ana Miguéns, para celebrar con flores a ausencia de choiva.

Imagen


Materiais nobles

Hoxe preséntovos a Cavalinho do Demo, tras o que atopamos a Paula Pereira. Unha moza graduada  en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra no ano 2010.

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Paula define o seu traballo como Artesanía Ilustrada, xa que plasma as súas ilustracións en en diferentes soportes. Materiais nobres como a madeira, a pel ou a  cerámica.

Imagen

cerámica-cavalinho do demo2

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

Imagen

mugs-cavalinho do demo 2

Imagen

caixina-cavalinho do demo 2


Con carapucha por favor

Xa sabedes, en Compostela non hai nada mellor que unha parka con carapucha, porque tanto no inverno como na primavera, a choiva pódenos atacar en calquera momento.

Imagen

Imagen

Un adianto da primarera 2014. Parka con contraste en puños e baixos, carapucha e petos, dispoñible tamén na tenda online aquí.

Imagen

Imagen


Cor esperanza

O verde é a cor que reflicte a esperanza non? Pois mentres esperamos que escampe e que brille o sol, nada mellor que vestir cun pouco de verde.

Imagen


Coa miña irmá

Xustamente isto é o que decidiron  Susana e Ana. Pasar unha tarde de probadores, risas, fotos e compras.

Imagen

Vestido Mónica Cordera, foulard Redeiras de Corme, abrigo AZabala

Imagen

 


Un pequeno detalle

Cando apostas por levar un único complemento, sempre é mellor que destaque pola súa originalidade.

Imagen

Detalle da pulseira de Iomiss.

Imagen