Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “Original-Geschäfte in der historischen Viertel von Santiago de Compostela

#BBC

Propostas  para as #BBC. Vestido con lazada nas costas ou mono drapeado con detalle nos hombreiros.

vestido fiesta-elisa cortés1

vestido fiesta-elisa cortés2

Nas dúas versións  poderás escoller  entre o negro, un clásico entre os clásicos ou o vermello «Valentino«.

mono fiesta-elisa cortés mono fiesta-elisa cortés 1


Venres de topos e cores

Ás veces os días grises sopórtanse cun pouco de cor.

camiseta-nice things-topos

camiseta-nice things-topos1


Pavo Real

Empezamos a semana cunha das creacións de Pé de Chumbo. Deseño orixinal  realizado a man e chegado desde Portugal.

vestido-pé de chumbo


Boh*

De novo desde Vedra, Isa Albela reflexiona e crea a través das súas serigrafías un berro de guerra no que reflicte a idiosincrasia galega.

boh- o que adiante non mira...

boh- atrás se queda

Esta primavera ademais de «Mala herba nunca morre» e «Paso a pasiño faise ou camiño» poderemos colgar do noso ombreiro «O que adiante non mira atrás se queda» e » A alegría contándoa medra»

boh

Un traballo artesanal, cun bonito packaging que reflicte un estado de ánimo. Tedes os catro modelos disponible tamén na tenda online, aquí.

boh- a alegría contándoa medra


Raqueta ou cana de pescar

Nice Things proponnos un bolso 2×1. En vermello para as amantes do mar e azul para as afeccionadas ao tenis. En ambos os casos, con bolso interior extraible.

bolso doble-nice things1

bolso doble-nice things

bolso interior-tenis-nice things bolso troquel azul-nice things

bolso interior-pez-nice things bolso troquel rojo-nice things


Longo luns

Cunha sandalia plana podémoslle dar un dobre uso a un vestido longo.

elisa cortés-ioanna kourbela-Inma3 elisa cortés-ioanna kourbela-inma elisa cortes-ioanna kourbela-inma2

En negro, vestido con lazada nas costas de Elisa Cortés xunto con chaqueta multi posición de Ioanna Kourbela.


Bolsos con conciencia

Gústanos polo colorido e por ecolóxico. O yute é unha materia prima ecolóxica, 100 % reciclable, e completamente biodegradable.

bolso yute-nice things


Batik con opciós

A pesar de que o frío destes días non é o mellor aliado para un vestido sen mangas. Empezamos a semana con este vestido batik que poderás pór de dous xeitos. Escote drapeado nas costas ou no peito.

vestido-marea baja-B vestido-marea baja-A


Kimono versionado

Esta chaqueta tipo kimono de mangas amplas e tecido suntuoso, pode ser unha peza crave. Con esa aparencia premeditadamente despreocupada que as caracteriza, nos apostamos por esta de AZabala.

blazer-AZabala 2

blazer-AZabala


C+P+A

Unha proposta doada, cómoda e para todos os días. Camiseta+pantalón+mochila.

nice things-primavera15


Centímetros de pel

Xa están aquí, hoxe pantalóns e monos.

pantalón cropped-azabala mono blanco-azabala mono negro-azabala mono-azabala


Ni nintzen aizkolari

¿ Quen dixo que as ferramentas da horta non se poden converter en xoias ?
Hoxe podedes ver o traballo de Rodrigo Riveiro, o mozo que dá forma a Ferraxe de Prata. E de música de fondo ¿ Que vos parece Aizkolari, de Kortatu ?

ferraxe de prata-fouciño

ferraxe de prata-ranqueiro e sacho

Rodrigo estivo interesado dende pequeno nos productos artesanais. Os seus primeiros traballos centraronse no coiro. Tras estudar xoiería en «Mestre Mateo» o cambio nos materiais e as técnicas evolucionaron dun xeito espontáneo.

ferraxe de prata-angazo ferraxe de prata-canga

Nesta primeira colección, Rodrigo mestura prata e madeira de buxo. E consigue  pezas únicas que reflicten o xeito no que  sinte a arte e a cultura do país.

ferraxe de prata-forquitas ferraxe de prata-gadaña ferraxe de prata-machada

Unha ducia de ferramentas que poderás lucir na solapa, podendo escoller entre: machada, fouciño, forquita de 5 puntas, martelo, canga, xugo, forquita de 3 puntas, angazo, sacho, ranqueiro,serrucho ou gadaña.

ferraxe de prata-martelo ferraxe de prata-ranqueiro ferraxe de prata-sacho ferraxe de prata-serra


Estilo British

Oxford tricolor, con saia ou pantalón.

zapatos oxford


Burgundy ou verde

Resistentes no tempo, de tamaño medio, cómodos e en dúas cores. Na imaxe inferio o burgundy, xa esgotado. Ainda que no siguente enlace, podedes atopalo en verde.

bolso-nice things-pompón


A Moda e as súas tolemias.

Este outono é o das capas e os ponchos. Parece que toda it girl ten unha. E iso precisamente é o que menos nos gusta.
Pero como o das it girl non é o noso, podedes estar tranquilas. Porque mentres elas tolean por unha en particular ( que ademais rolda os 1000 €) nós temos varias opcións, que nada teñen que ver ca famosa capa que veredes en todas as revistas.

poncho-noa noa-Fiona

Na imaxe con cremallera, e petos de Noa Noa.


Crocodilo, caimán ou aligator

Desde Ourense, Ladrón de Arte e os seus colares importantes. Pezas que máis que un adorno convértense en pezas de coleccionista.

collar-Ladrón de Arte-Montse

Si pinchades na imaxe inferior poderedes atopalo na nosa tenda online.

collar-ladróndearte-coco-a

 


De novo o Nadal

É un tópico dicir iso de: «pero que pronto pasou este ano, fijate xa estamos  de novo en Nadal».
Pois se efectivamente, xa está de novo o Nadal, as comidas, os agasallos e ese suposto sentimento de felicidade colectiva.
Por iso repetimos ca Edición Especial das Matrioskas de Nadal.

matrioskas belén-ingela p arrhenius

Se queres darlle un toque orixinal e divertido ao belén deste ano, escolle a Ingela P. Arrhenius. Tamén na tenda online aquí.

matrioskas-navidad-ingela p arrhenius


Ensina o teu cu

De cando en vez mola deixar o abrigo na casa e cambialo por unha cazadora.

Uns vaqueiros, a cazadora e se cadra uns zocos, para este primeiro martes de decembro.

cazadora-noa noa-Blanca


Bilbo

Desde que Frank Gehry, alá polo ano 1997 dese forma ao Guggenheim de Bilbo, a cidade continuou transformandose a mellor e iso que a que escribe é unha «Giputxi».
Case 20 anos de transformación, que se aprecia en todos os sectores.
Desde o corazón do Bilbo máis vangardista, Maitane ademais da súa propia colección, alterna o seu tempo entre a confección de pezas para vestiarios escénicos e talleres de moda creativa.

vestido-cultto