Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “artisanat Galice

Música e Artesanía

Hai unhas semanas recibimos un encargo moi especial. Decorar as gaitas de Miguel e Toñito.
Dous mozos, que a pesar de non adicarse profesionalmente á música teñen moi claro a importancia da conservación do Patrimonio Cultural da súa Terra.
E ninguén mellor que Ana Miguéns, para facer realidade estas pezas artesanais.

gaita e peliqueiro2 gaita e peliqueiro gaita e peliqueiro1


Ni nintzen aizkolari

¿ Quen dixo que as ferramentas da horta non se poden converter en xoias ?
Hoxe podedes ver o traballo de Rodrigo Riveiro, o mozo que dá forma a Ferraxe de Prata. E de música de fondo ¿ Que vos parece Aizkolari, de Kortatu ?

ferraxe de prata-fouciño

ferraxe de prata-ranqueiro e sacho

Rodrigo estivo interesado dende pequeno nos productos artesanais. Os seus primeiros traballos centraronse no coiro. Tras estudar xoiería en «Mestre Mateo» o cambio nos materiais e as técnicas evolucionaron dun xeito espontáneo.

ferraxe de prata-angazo ferraxe de prata-canga

Nesta primeira colección, Rodrigo mestura prata e madeira de buxo. E consigue  pezas únicas que reflicten o xeito no que  sinte a arte e a cultura do país.

ferraxe de prata-forquitas ferraxe de prata-gadaña ferraxe de prata-machada

Unha ducia de ferramentas que poderás lucir na solapa, podendo escoller entre: machada, fouciño, forquita de 5 puntas, martelo, canga, xugo, forquita de 3 puntas, angazo, sacho, ranqueiro,serrucho ou gadaña.

ferraxe de prata-martelo ferraxe de prata-ranqueiro ferraxe de prata-sacho ferraxe de prata-serra


Unha Deco-Idea

A Artesanía Galega cada día está máis valorada dentro e fóra das nosas fronteiras.
Hoxe tentámosvos con artesanía. Con artesanía pensada para o fogar. Con cestaría de Idoia Cuesta.

idoia cuesta- ela diz

 

idoia cuesta-ela diz 1


Tarde de Estrea

Escoller a cor dos teus primeiros zocos, adoita ser o máis dificil. Cos seguintes todo é mais doado.

Para Delia este foi o momento da estrea, mentras que Vanessa xa está feita unha experta. Bicos 🙂

zocos-eferro-Vanessa-Delia

zocos-eferro-coloraos

zocos-eferro-laranxas - copia

zocos-eferro-berenxenas

zocos-eferro-marróns - copia

 

 


Desvergonzadas

Aproveitamos a mensaxe da camiseta de Marcela para dicirvos a todas que sodes unhas desvergonzadas. Desvergonzadas pero felices do mesmo xeito que Maruxa e Coralia.

collar As Marías-Marcela

broche-As Marías-Ana Miguens


Fashion slow

Traballar nun pequeno negocio como Ela Diz, permíteche ter un trato personalizado, próximo e distendido.
Sen présas e coa posibilidade de saber máis de cada un dos deseñadores que temos na tenda.
Deste xeito, Mercedes descubriu algo máis sobre a Cultura Galega grazas ao traballo de Ana Miguens.

Imagen

Na imaxe superior colar  Peliqueiros e a continuación colar San Andrés de Teixido

Imagen

 


Facendo colegas en Compostela

Na imaxe podedes ver a Zaloa e Patricia. Dúas rapazas casi veciñas. Unha de Bilbo e outra de Santander pero con moito en común. Entre elea a Artesanía Galega.

cestos-idoia cuesta-Zaloa y Patricia

Namoradas en principio dos zocos de Eferro, non dubidaron ante os cestos de lá de Idoia Cuesta. Bicos rapazas!!