Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “alternative Mode in Santiago de Compostela

Donostia ou Barcelona

Curto ou longo, liso ou raias,Donostia ou Barcelona … as nosas #SantasRebaixas é o que teñen.

vestido-nerea lurgain-Mabel Montes

 

vestido-ssic&paul-mabel montes


Sol e praias

Perfecto para disfrutar da calor e da infinidade de praias que temos en Galiza.

vestido-nice things-Isabelle


Celebramos con Cabalos e Lobos

Este 2015 celebramos As Letras Galegas doutro xeito.  Con Fran P. Lorenzo, a súa novela «Cabalos e Lobos» e a inesquecible Marilyn Monroe.

letras galegas 2015-ela diz-fran p lorenzo

Fran, gustaríame ter  nacido en Vigo e recoñecer cada recuncho xunto a familia  Beckmann do mesmo xeito que o fixen co «O Inverno en Lisboa« de Antonio Muñoz Molina.

letras galegas 2015-ela diz

letras galegas 2015-ela diz-det


Tshirts by Modesto & Lomba

O inesgotable Modesto & Lomba colabora con The Extreme Collection para deseñar cun aire máis casual do que nos ten afeitos, estas camisetas cheas de pequenos detalles.

De edición limitada con botóns nas costas, diferentes texturas ou apliques nas mangas pero todas con un nexo común: animais ilustrados.

camiseta-devota& lomba-flamingos in love

camiseta-devota& lomba-bunny girl

camiseta-devota& lomba-cat saylor

camiseta-devota& lomba-rock star

camiseta-devota& lomba-jeans cat camiseta-devota& lomba-the capitan


Pavo Real

Empezamos a semana cunha das creacións de Pé de Chumbo. Deseño orixinal  realizado a man e chegado desde Portugal.

vestido-pé de chumbo


Kimono versionado

Esta chaqueta tipo kimono de mangas amplas e tecido suntuoso, pode ser unha peza crave. Con esa aparencia premeditadamente despreocupada que as caracteriza, nos apostamos por esta de AZabala.

blazer-AZabala 2

blazer-AZabala


¿Os Eferros, pásanse á Moda ?

Se Elena e o resto da familia Ferro, adicáranse á moda, estou segura do seu éxito.
Mentres, aquí tedes a Teresa Ferro, ca parka reversible de Nice Things. Grazas Teresa ❤

parka-nice things parka-nice things 1 parka-nice things 2


Tanja

Bañada polo mar, refuxio de artístas e escritores chegados de todo o mundo, Tánger converteuse no destino máis exótico, encantador e libertino dos anos 50. Inspirado nesa cidade e nese tempo, propostas para a primavera.

inspiración


Dípteros bordados

Non hai que ir moi lonxe para descubrir a Ladrón de Arte. Desde Ourense, vestido bordado en ouro. Porque as rebaixas aínda dan para moito.

vestido-ladrón de arte


Moda Galega

Unha blusa especial para unha ocasión especial. Esta é unha das propostas de Mónica Cordera e que agora podedes atopar cun 50% de desconto.

camisa-mónica cordera-carlota

Estes días Mónica Cordera está de actualidade xa que xunto con outros deseñadores  puxeron o acento galego a pasarela Madrid Fashion Show.

camisa-mónica cordera-carlota-1


Coming soon

Desde Bergen, Noruega axiña en Compostela

blaest


Vidas cruzadas

Ás veces o bo tarda en chegar. Iso é o que nos pasou con Similia Similibus Costume e a súa colección Vértices.
Como curiosidade, as nosas vidas teñen varios puntos en común. Ambas nacemos en Donostia e as dúas optamos por vir estudar a Santiago de Compostela e mesmo compartimos nome.

Vestido vertice composto por pezas, que se ensamblan por vértices, articulando vestidos poliédricos como o da imaxe.

vestido-similia similibus-Rosa


Estilo British

Oxford tricolor, con saia ou pantalón.

zapatos oxford


Conta atrás

Quen ía dicirme, que estaría encantada co frío. Pero a verdade é que a ausencia de precipitacións durante estes días é unha bendición.

Pero non vos deixedes levar polo entusiamo e preparádevos, porque o inverno aínda non chegou. Faltan ainda 11 días.
Na imaxe, unha das afortunadas  á que seguro que non lle importan nin o frío nin a choiva

abrigo-urbahia-Silvia1 abrigo-urbahia-Silvia


Burgundy ou verde

Resistentes no tempo, de tamaño medio, cómodos e en dúas cores. Na imaxe inferio o burgundy, xa esgotado. Ainda que no siguente enlace, podedes atopalo en verde.

bolso-nice things-pompón


A Moda e as súas tolemias.

Este outono é o das capas e os ponchos. Parece que toda it girl ten unha. E iso precisamente é o que menos nos gusta.
Pero como o das it girl non é o noso, podedes estar tranquilas. Porque mentres elas tolean por unha en particular ( que ademais rolda os 1000 €) nós temos varias opcións, que nada teñen que ver ca famosa capa que veredes en todas as revistas.

poncho-noa noa-Fiona

Na imaxe con cremallera, e petos de Noa Noa.


Crocodilo, caimán ou aligator

Desde Ourense, Ladrón de Arte e os seus colares importantes. Pezas que máis que un adorno convértense en pezas de coleccionista.

collar-Ladrón de Arte-Montse

Si pinchades na imaxe inferior poderedes atopalo na nosa tenda online.

collar-ladróndearte-coco-a

 


Ensina o teu cu

De cando en vez mola deixar o abrigo na casa e cambialo por unha cazadora.

Uns vaqueiros, a cazadora e se cadra uns zocos, para este primeiro martes de decembro.

cazadora-noa noa-Blanca


Bilbo

Desde que Frank Gehry, alá polo ano 1997 dese forma ao Guggenheim de Bilbo, a cidade continuou transformandose a mellor e iso que a que escribe é unha «Giputxi».
Case 20 anos de transformación, que se aprecia en todos os sectores.
Desde o corazón do Bilbo máis vangardista, Maitane ademais da súa propia colección, alterna o seu tempo entre a confección de pezas para vestiarios escénicos e talleres de moda creativa.

vestido-cultto

 


Os dourados anos 20

Nos anos 20 a moda feminina cambiou por completo, grazas á liberalización da muller. A muller daquela época, buscaba a igualdade co home. Empezouse a levar o pelo ao garçon, vestidos soltos e os chapeus cloché.
E como na moda todo volve, aquí temos unha versión actual de la con incrustacións de pedras na parte dianteira.

goroo-mbt-María


Ollos de gata

Axustado á cadeira, con manga morcego, con cadrados en verde erosa para a moza cos ollos de gata. Bicos

vestido-nathalie vleeschouwer a

vestido-nathalie vleeschouwer det


Gris antracita

Outra que non pasará frío este inverno. E se chove, carapucha e a pasear.

abrigo-urbahia-1 abrigpo-urbahia-


Misturando co preto

Alexandra soluciona o monocromatismo tan habitual nesta estación cunha mistura de negro, gris, azul klein e laranxa eléctrico. Lembrade, pezas realizadas a man no meu querido Portugal.

top-pé de chumbo


Terra de Albariños

Milena natural de Cambados, tras esturdiar xoiaría en Mestre Mateo e realizar varios stages en distintos talleres ceramistas, presenta unha colección de pezas únicas feitas a man.

collares-Milena

pendientes-milena

broches-Milena

Unha  mestura de tres dos seus intereses actuais: xoiaría pintura e cerámica que xa podedes atopar en Compostela.

 

collares-Milena3

collares_Milena2