Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “in Galizien gemacht

Pequeniñas pero xeitosas

As caixas ilustradas de Cavalinho do Demo son perfectas para gardar grandes tesouros.

caixa-cavalinho do demo-lou


Boh*

De novo desde Vedra, Isa Albela reflexiona e crea a través das súas serigrafías un berro de guerra no que reflicte a idiosincrasia galega.

boh- o que adiante non mira...

boh- atrás se queda

Esta primavera ademais de «Mala herba nunca morre» e «Paso a pasiño faise ou camiño» poderemos colgar do noso ombreiro «O que adiante non mira atrás se queda» e » A alegría contándoa medra»

boh

Un traballo artesanal, cun bonito packaging que reflicte un estado de ánimo. Tedes os catro modelos disponible tamén na tenda online, aquí.

boh- a alegría contándoa medra


Peza única

Aproveitando que Galicia é un dos maiores produtores de lousa, Noa unha moza de Padrón, ideou unha peza  de xoiería única.

collar pizarra-ela diz

Realizada e lousa e pedras semipreciosas. O resultado, un colar que non deixa indiferente a ninguén.

collar-pieza única-pensamentos


kokedamas, madeira e verde

Coa chegada de setembro, nova imaxe para o noso escaparate.

escaparate septiembre

escaparates-ela diz

escaparate-det 3

Natureza viva, madeira e verde para a colección de outono.
Porque nos negamos a dicir adios ao bo tempo.

escaparate-ela diz-septiembre

escaparate-detalle

escaparate-det 2

g