Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “diseñadores gallegos

Reciclaxe, artesanía e moda.

A disfrutar do sol e do fin de semana!


Seguros Mutuos Santiago

Hoxe présentovos as novas Xoias con Historia. Os broches Seguros Mutuos Santiago.

seguros mutuos santiago

Para empezar, faremos un pouco de historia:

A primeira organización da loita contra o lume denominada Compañía de bombeiros da cidade de Santiago foi creada no ano 1865 mediante un concerto entre o Concello e a Compañía de seguros mutuos contra incendios, que tiña rótulos identificativos gravados en azulexo que seguen conservando a maioría dos edificios do Casco histórico.

seguros mutuos santiago-ela diz

Ferraxe de Prata colleu o nome das placas para traballar en prata, latón e bronce estas preciosas réplicas dos edificios  de Compostela.

seguros mutuos santiago colección xoias

Poderedes escoller entre diferentes edificios e distintos acabados.

seguros mutuos santiago-broches-ferraxe de prata


Boh*

De novo desde Vedra, Isa Albela reflexiona e crea a través das súas serigrafías un berro de guerra no que reflicte a idiosincrasia galega.

boh- o que adiante non mira...

boh- atrás se queda

Esta primavera ademais de «Mala herba nunca morre» e «Paso a pasiño faise ou camiño» poderemos colgar do noso ombreiro «O que adiante non mira atrás se queda» e » A alegría contándoa medra»

boh

Un traballo artesanal, cun bonito packaging que reflicte un estado de ánimo. Tedes os catro modelos disponible tamén na tenda online, aquí.

boh- a alegría contándoa medra


Ladrón de Arte

De novo en Ela Diz, Ladrón de Arte.

De esta volta, por partida dobre: ca súa colección de xoias e a súa 1º colección de roupa.

Unha mistura entre a elegancia e o casual. Con prendas cheas de bordados e de apliques de cristais.

chaqueta cristales-ladrón de arte

Ainda que todo o seu traballo faise en Galiza, estes rapaces están triunfando en Portugal.  Con reportaxes en revistas como Vogue ou  Trendt.

vestido troquelado- ladrón de arte

Si queredes coñecelos , podedes achegarvos ata aquí e  descubrir moito mais.

collar-ladróndearte-ashe--a collar-ladróndearte-insect